“O Goberno non ten ideas novas para Galicia”, Yolanda Díaz #PGE2016
“O Goberno non ten ideas novas para Galicia”, expón Yolanda Díaz. Para a coordinadora nacional de Esquerda Unida, os orzamentos do Estado para 2016 propostos dende o executivo popular, liderado por Mariano Rajoy, “deixan entrever os mesmos proxectos nacidos do goberno anterior de Rodríguez Zapatero, sen presentar novidades algunhas e que nunca se executan”, insiste.
“Estes orzamentos non distan da estratexia política da Xunta de Galicia e, polo tanto, seguen a debuxar un escenario de escravitude laboral nos que só se enriquece a minoría”, puntualiza Díaz.
Polo tanto, segundo explica Yolanda Díaz, “estes orzamentos son claramente conservadores e antisociais. E como afecta isto a Galicia? Pois moi sinxelo. As reducións nas partidas de desemprego azoutarán especialmente aos galegos e galegas, condenando as nosas familias a non chegar a fin de mes e dificultando que as persoas consiganempregos que, por outra banda, son cada vez máis precarios”, sinala.
Neste contexto, para Díaz “os orzamentos son un programa electoral en si, amais, un programa onde priman as obras faraónicas; un verdadeiro insulto á unha cidadanía galega que está a vivir problemas sociais e económicos serios, xa que cada vez hai menos persoas que poden cobrar o desemprego, cada vez hai máis fogares sen ingresos de ningún tipo e son menos as persoas desempregadas que están a cobrar prestacións”.
En definitiva, tal e como vimos recalcando dende Esquerda Unida, “estes orzamentos non distan da estratexia política da Xunta de Galicia e, polo tanto, seguen a debuxar un escenario de escravitude laboral nos que só se enriquece a minoría”, puntualiza Díaz.
No hay comentarios:
Publicar un comentario