lunes, 7 de septiembre de 2015

EU e Encontro por unha Marea Galega consideran que o escenario permite a posibilidade de unha candidatura de unidade popular

Correo-eImprimirPDF


No transcurso da reunión mantida na tarde de onte entre unha delegación de Esquerda Unida e outra do Encontro por unha Marea Galega, tras analizar a necesidade de unha confluencia de todas as forzas de cambio presentes na sociedade galega que cristalice nunha soa candidatura de unidade popular no proceso das eleccións xerais, ambas partes coincidiron en que, pese ás dificultades que se poden anticipar, ese escenario é posible á luz dos datos dispoñibles neste momento.
Ambas organizacións consideran que é preciso comezar a centrar o debate entre os diferentes axentes, tanto estruturas partidarias como cidadás, en aspectos substanciais de para a definición do proceso, nomeadamente os referentes a sistemas de participación e control cidadán, así como procedementos de conformación de candidaturas en primarias e de elaboración programática.

No hay comentarios: