INICIATIVAS
PRESENTADAS pola "ASEMBLEA DE CAMBRE" AO PLENO DO DIA 16 DE SETEMBRO, CORRESPONDENTE O ORDINARIO DO MES
DE AGOSTO
GRUPO POLÍTICO MUNICIPAL
Praza Europa, 7
baixo. www.asembleadecambre.es
Olga Santos:
669-796995. Antonio Bruquetras.620-540061
SR. ALCALDE DO
CONCELLO DE CAMBRE
Adxunto ó presente escrito, acompaño Moción, Rogos e
Preguntas, que o
Grupo Municipal da Asemblea Cidadá de Cambre, desexa que
sexan
incluídos para o seu debate no Pleno Municipal
correspondente ó día 16
de Setembro de 2015, de conformidade co disposto no Artigo
97.2 do
Regulamento Orgánico, Funcionamento e Réxime Xurídico das
Entidades
Locais, e no propio Regulamento Organico Municipal do
Concello de
Cambre.
Cambre a 11 de Setembro de 2015
Asdo: Olga Santos
López. Voceira do Grupo Municipal Asemblea Cidadá de Cambre- Son
MOCIÓN DO GRUPO
MUNICIPAL DA “A c d C” EN PARA A
RECUPERACIÓN DE XOGOS
ANTIGOS E TRADICIONAIS.
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:
Existe un gran problema: O vento do aburrimento levouse
todos os xogos cos
que os nen@s do mundo se divertían e cos que pasaban tan bos
intres respetando
tradicións e cultura. Cambre non é unha excepción.
Ninguén entende qué pasa pero os nenos non saben xogar. En
distintos lugares
de xogo, vemos cativos sentados e con cara de aburrimento,
os nen@s míranse uns a
outros e pregúntanse: Como se xogaba? Cal foi o último xogo
ao que xogamos?
Temos unha importante tarefa: recuperar os xogos
tradicionais ou populares
para que se poidan volver oír as risas dos nenos e nenas e
todos sexan de novo felices.
É sinxelamente de recobrar a herdanza dos nosos devanceiros.
Chama a atención que nas recentes festas patronais de
Cambre, subvencionadas
con diñeiro público, ninguén tivera a idea de ofrecer este
tipo de actividades de lecer
os nosos mozos e mozas.
Estes xogos estimulan a imaxinación, a creatividade, a
sociabilidad, facilitan a
comunicación, e recrean a linguaxe. Son xogos regulados e
que ofrecen un aspecto
moi positivo para a autorregulación, o respecto e a
convivencia. O corpo é o
instrumento para xogar: os nenos corren, bailan, saltan,
estimulando e desenvolvendo
as súas destrezas motoras e sobre todo desenvolvendo o
espírito de compañerismo de
grupo.
Os xogo violento de mesas (play, etc.) pode desembocar nun
individuo violento,
cun desprezo total á vida e o respecto aos demais.
O certo é que os xogos e xoguetes tradicionais son unha
valiosa achega cultural
para o desenvolvemento lúdico na infancia. A diferenza dos
xoguetes de hoxe en día,
están alí dispoñibles para todos, sen distinción de
categorías sociais. Son un patrimonio
universal que non debemos deixar desaparecer.
Por outra banda ao dirixirnos aos colectivos de maiores
estámoslles dando a
posibilidade para que desenvolvan toda a súa experiencia e
coñecementos,
traspasando a esta xeración as súas vivencias e xogos,
garantíndonos con iso, que non
se perdan para sempre.
Este diálogo xeneracional entendemos que é vital xa que por
unha banda
estámoslle dando aos nosos maiores un espazo que creemos
importantisimo para o seu
autoestima e doutra banda estamos potenciando nos nenos o
respecto e agarimo para
cos maiores.
POLO EXPOSTO , O
GRUPO MUNICIPAL DA “A c d C”, PROPÓN AO PLENO DO
CONCELLO, A ADOPCIÓN
DOS SEGUINTES ACORDOS:
PRIMEIRO.- Desde
o Concello se potenciará a través dos colexios e colectivos de
maiores para que estes conten e axúden a recuperar os xogos
tradicionais do noso
pobo, a comba, a piola, o pique, o salvavidas, a billarda,
as canicas, as cometas, o
trompo, etc.
SEGUNDO.- Desde o
Concello facilitarase que monitores voluntarios poidan acudir aos
centros educativos a explicar as distintas modalidades de
xogos.
TERCEIRO.- O
Concello editará en soporte conveniente as experiencias vividas con esta
actividade, para a súa difusión e reparto entre a comunidade
educativa.
CUARTO.- Desde o
Concello organizaranse unhas xornadas abertas en lugares público
(parques, prazas, etc) onde se escenifiquen todos os xogos
recuperados.
Asdo: Olga Santos López. Voceira do
Grupo.
ROGOS:
1.- De acordo co
art.no 5 do Regulamento Xeral de Circulación (BOEA-
2003-23514) consideraranse obstáculos na calzada os resaltes
nos pasos para peóns
e bandas transversais que non cumpran coa regulación básica
establecida para o
efecto polo Ministerio de Fomento (FOM/3053/2008, do 23 de
setembro). Polo tanto
os concellos tamén están afectados pola devandita normativa
que establece que o
modelo dos redutores de velocidade será "unha
plataforma trapezoidal de 10
centímetros de altura como máximo, construída en formigón ou
material asfáltico, cun
máximo de 4 metros de longo e unhas ramplas de suba e
baixada de entre 1 e 2,5
metros, dependendo do límite de velocidade existente: 1
metro para límites de 30 Km/
h.; 1,5 metros para 40 Km/h. E 2,5 metros para velocidades
de 50 Km/h".
Deste xeito, o concello de Cambre podería ser sancionado se
non adapta os
redutores de velocidade e bandas transversais de alertas,
máis coñecidos como "gardas
tombados" que ten repartidos por moitas zonas do
municipio.
Cabe recordar que o espíritu o obxecto da Orde de Fomento é
evitar o perigo
para ciclistas, motivación que compartimos absolutamente
dende a Asemblea Cidadá e
que damos por feito que tamén debe compartir o Goberno de
Cambre.
En base ó anteriormente exposto
PREGAMOS:
Se tomen as medidas necesarias para adaptar todos aqueles
resaltes e badens
que non cumplan coa devandita normativa para dar cumplimento
á legalidade e
protexer a seguridade dos ciclistas.
2.- Unha vez
iniciado o curso escolar, e segúndo ás informacións publicadas en
prensa
PREGAMOS, se nos
informe de todas as xestións realizadas polo Goberno en relación á
revisión das contías
que o Concello terá que asumir pola xestión das escolas infantís do
Temple e A Barcala,
tendo en conta que dende o propio Consorcio Galego de Benestar
se veñen reclamando
cantidades adeudadas por este último centro. No mesmo senso
pregamos se nos
informe das contías actualmente esixidas pola Consellería e os estudos
realizados pola
intervención en relación a ditas cantidades.
3.- O paseo
fluvial do rio Mero é unha das rutas de senderismo mais frecuentadas
do concello, aumentado dia a dia a práctica cicloturista e
paseos a cabalo. Podemos
observar como nun espacio de reducido ancho (a maioría do
tempo cuberto
parcialmente pola abundante maleza), onde en algúns casos
resulta perigroso
producindo mais de un accidente, como consecuencia do
derribo de cicloturistas por
parte dos equinos que ocupan boa parte do espacio do paseo.
PREGAMOS ao Goberno tomen as medidas necesarias para
dotar dunha maior
seguridade,
procedendo entre outras, á sinalización debidamente homologada da ruta
e poidan ser
compatibles as distintas modalidades de senderismo.
PREGUNTAS:
1.- Temos recibido
queixas pola eliminación de prazas de aparcamento reservadas
para minusválidos diante do Concello.
¿Poden informarnos
sobre os motivos que levaron a eliminar dúas das tres prazas de
aparcamento para
minusválidos diante do Concello co novo repintado e si existe algún
tipo de previsión
para compensar, ben dentro da praza ou nas proximidades ditas
prazas reservadas?
2.- Sendo
conscientes de que a contratación das orquestras que actuaron nas festas
de Santa María de Cambre non dependeu do actual Goberno, sí
podemos obxervar
segundo a acta da Xunta de Goberno local de 15 de Xullo que
o Concelleiro delegado
da Area de Cultura, informa que o importe para o pago de
tres orquestas ascendeu a
51.667 euros. A cantidade nos parece mais que desmesurada
tendo en conta que a
media por osquestra sobe a mais de 17.000 euros. De cara ás
festas do ano que ven,
entendemos que se deberá tomar mais dunha decisión respecto
destas cantidades
absolutamente obscenas, ó noso modo de ver, que se abonan
das arcas municipais a
espectáculos de moi dubidosa calidade e sobre todo moi
dubidosa fiscalidade, según a
información últimamente coñecida.
¿Pode informarnos o
Concelleiro responsable das súas conclusións sobre o proceso de
contratación destas
orquestras así como da xustificación que poida constar no
expediente sobre o
elevado importe das mesmas?
3.- Segundo
información que nos traslada Hebesport, a previsión da apertura da
piscina da Barcala está fixada para este mes de Setembro,
aínda que non se nos
concretou o día. Ó mesmo, tempo, e sabendo que as obras de
reforma está rematadas,
coñecemos que o goberno local non abre a piscina ó público
por unha cuestión de
responsabilidade mentres a cuberta siga filtrando auga.
Parece, ademais, inasumible a
instalación dunh nova cuberta, polo que actualmente parece
que non se pode facer uso
dunhas instalacións que levan mais de 300.000 euros
investidos en reformas.
En base a esta situación o noso Grupo Municipal PREGUNTA:
¿Cal é a situación
real e actual da piscina da Barcala e cales son as previsións de
actuación na cuberta
e, por tanto, de apertura ó público?
Asdo: Olga Santos López
Voceira do Grupo Municipal Asemblea
Cidadá de Cambre- Son
No hay comentarios:
Publicar un comentario