BORDILLO NO CAMPO DA FEIRA DE CAMBRE
Ante a resposta do goberno de Cambre á iniciativa presentada en relación ao bordillo do campo da Feira, dende a Asamblea queremos manifestar o seguinte:
O Goberno de Cambre, rechaza tomar ningúnha medida preventiva ou correctora para evitar que os vehículos tropecen no bordillo que delimita a zona de aparcamento no campo da feira de Cambre, que ten ocasionado varios incidentes.
O Grupo municipal da A Asamblea C. de Cambre, ante a demanda veciñal e protestas das persoas que aparcan no lugar, levou o pleno do pasado mércores unha iniciativa co fin de evitar desperfectos os vehículos.
O noso Grupo municipal, considera intolerable que, por parte da administración responsable non se adopten medidas eficaces para evitar este tipo de situacións, levando a cabo as obras necesarias ou instalando os medios técnicos para dar solución o problema. Tamén é especialmente criticable o escaso interés e falta de sensibilidade do Goberno ante as demandas dos veciños.
Pola contra, o concelleiro responsable de Obras, nunha actitude arrogante, manifestaba na contestación a pregunta realizada no pleno, que que si algún vehiculo causaba algún tipo de dano no bordillo, o concello podería reclamarlle danos e perxuizos, actitude que o noso Grupo político rexeita.
Asdo: "Asemblea C d C"
No hay comentarios:
Publicar un comentario