lunes, 5 de octubre de 2015






INICIATIVAS PRESENTADAS POLA "A c d C" AO PLENO E COMISIÓNS DO MES DE SETEMBRO (sesións  ordinarias)



SR. ALCALDE DO CONCELLO DE CAMBRE

Adxunto ó presente escrito, acompaño Moción, Rogos e Preguntas, que o
Grupo Municipal da Asemblea Cidadá de Cambre, desexa que sexan
incluídos para o seu debate no Pleno Municipal correspondente ó día 30
de Setembro de 2015, de conformidade co disposto no Artigo 97.2 do
Regulamento Orgánico, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades
Locais, e no propio Regulamento Organico Municipal do Concello de
Cambre.

Cambre a 25 de Setembro de 2015

Asdo: Olga Santos López Voceira do Grupo Municipal Asemblea Cidadá de Cambre- Son
Grupo Político Municipal . Praza de Europa 7
www.asembleacambre.es
Olga Santos 669 796 995 Antonio Bruquetas 620 540 061

MOCION RELATIVA Á DECLARACIÓN DE CAMBRE COMO CONCELLO CONTRARIO Á APLICACIÓN DO TRATADO TRATSANTLANTICO DE COMERCIO E INVESTIMENTO (TTIP)

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

A UE e os EEUU negocian desde xuño de 2013 un tratado de libre comercio e
investimentos, o TTIP. Anteriormente a UE finalizou as negociacións doutro tratado, o
CETA, con Canadá que está á espera da súa ratificación por parte do Parlamento
Europeo. As negociacións actuais do TTIP caracterízanse pola súa absoluta falta de
transparencia, que se reflicten na súa nula presenza como noticia nos grandes medios
de comunicación.

O obxectivo destes tratados é establecer un gran mercado trasatlántico de máis
de 800 millóns de persoas que consagraría o dominio das grandes corporacións
transnacionales europeas e norteamericanas en detrimento dos cidadáns de ambas
partes do océano. Aínda que os seus defensores argumentan que son positivos para
reactivar a economía a realidade é que estes tratados pretenden conseguir maior
competitividad exterior a costa de rebaixar ou eliminar as regulaciones laborais,
sociais, económicas, sanitarias, educativas, culturais e ambientais, xa duramente
atacadas polas sucesivas reformas habidas no noso Estado.
Non en balde, foron as multinacionais- Industria automovilista, químicas,
farmacéuticas e agroalimentarias, enerxéticas, bancos, fondos de investimentos, etc.,- a
ambos os dous lados do Atlántico as que máis presionaron para impulsar estas
negociacións.

Dado que os aranceis entre a UE e EEUU son xa moi baixos o tratado céntrase
na eliminación de leis co fin de reducir custos para as multinacionais, as chamadas
barreiras non convencionais. Así este tratado pode desembocar na supresión de
regulaciones sociais, laborais, ambientais ou de seguridade alimentaria e sanitaria,
supoñendo tamén unha merma nas liberdades digitales. Para iso xerarase o "consello
de cooperación reguladora" onde se sentarán profesionais designados polas
multinacionais e que marcarán as futuras normativas a crear polos estados.
Un dos capítulos máis polémicos, é o da protección dos investimentos, pola cal calquera
inversor privado internacional pode desafiar, ante tribunais comerciais (pouco
trasparentes e pouco democráticos) calquera lexislación (ambiental, laboral ou social)
que interfira aos seus beneficios. Por exemplo unha regulación sanitaria para prohibir o
uso de sustancias tóxicas pode ser obxecto de demanda.
Queremos denunciar, á vez das posibles consecuencias que máis abaixo se enumeran,
a opacidade e o nulo debate con que se están levando estas negociacións. Non hai
debate porque este tratado estase negociando na sombra, sen ter en conta aos
gobernos estatais nin á cidadanía. Tras varias roldas de negociacións a transparencia e
a comunicación coa sociedade civil foron nulas. Os propios Eurodiputados viron
limitado o seu acceso aos documentos derivados das negociacións, feito o cal contou
coa denuncia da propia defensora do pobo europea. En setembro de 2014, a Comisión
Europea prohibiu unha Iniciativa Legislativa Popular que invitaba a rexeitar as
negociacións.

Fronte á comunicación fluída e constante coas grandes multinacionais, toda
comunicación coa sociedade civil por parte da Comisión Europea limitouse a obviar as
críticas e repetir, sen diálogo algún, as supostas bondades do TTIP.
As consecuencias das posibles ratificaciones destes dous tratados ?e o de TISA, acordo
sobre servizos en fase de negociación entre algúns países da OCDE afectarían a
amplos sectores da poboación a ambos os dous lados do Atlántico, posibilitando
políticas que ameazarían:

1.- Os dereitos laborais como a liberdade sindical ou a negociación colectiva.
2.- A pervivencia de servizos públicos como a sanidade, a educación ou pensións.
3.- A xestión dos residuos, transporte ou saneamiento e distribución de augas que
serían privatizados.
4.- A seguridade alimentaria ao permitir os transgénicos na agricultura, o gando
vacuno hormonado, o porcino e o aviar clorados.
5.- Os recursos naturais, potenciando o fracking e importando produtos altamente
contaminantes como as areas bituminosas.
6.- A biodiversidade ao apostar pola agroindustria que implica perdas de
variedades locais e razas autóctonas e a paulatina desaparición das paisaxes rurais.
7.- O principio de precaución sobre uso de sustancias químicas ao deixar de
controlar a súa seguridade antes da obtención do permiso comercial.
8.- A privacidade persoal ao permitir un maior acceso e control sobre datos
privados por parte de empresas proveedoras de internet e outras grandes corporacións
sectoriales.
9.- O acceso aos produtos farmacéuticos ao reforzar as patentes fronte aos
xenéricos.

POLO EXPOSTO , O GRUPO MUNICIPAL DA “A c d C”, PROPÓN AO PLENO DO
CONCELLO, A ADOPCIÓN DOS SEGUINTES ACORDOS:

PRIMEIRO: Declarar a CAMBRE como municipio oposto ao TTIP, defendendo os
servizos públicos básicos para a solidariedade e redistribución social, o medioambiente
e a saúde.

SEGUNDO: Solicitar ao parlamento Español e aos Eurodiputados electos o seu
rexeitamento á aprobación do TTIP.

TERCEIRO: Solicitar do Ministerio de Economía a suspensión das negociacións do TTIP.




Resultado de imagen de no al ttip iu


ROGOS:

1.- Ante o lamentable estado dos parques infantís e zoas axardiñadas do concello,
queremos denunciar nesta ocasión o lamentable estado de diversos parques.
O primeiro deles é o situado nas inmediacións da rúa dos Muiños na Barcala. Existen
deficiencias no que se refire ó seu acceso, mobiliario e carencia dunha pantalla vexetal
no talud da autoestrada.

Outro dos parques no que detectamos áreas de actuación necesariamente inmediata é
o xa moitas veces demandado ó Goberno anterior, respecto do chan de terra nos
columpios da Casa das Palmeiras. Durante o periodo estival a situación non reviste
maior problema, pero en canto comezan as choivas, fórmase unha charca e lodazal
que impide o uso dos xogos infantís, por outra parte bastante demandados. Un
recheado ocasional, só fai que se mitigue provisionalmente a situación.
Tamén comprobamos o mal estado do parque infantil do parque Ramón Barba.
Coidamos, neste caso, que existe un espazo amplo e apropiado para a instalación
dalgún elemento mais para o disfrute dos mais pequenos, ou polo menos o mantemento
dun mínimo estado de conservación do existente. Actualmente o chan ten fisuras e os
elementos de xogo están en mal estado.

Por isto PREGAMOS que coa maior urxencia se proceda a acondicionar os
mencionados parques, xa que estamos a falar de actuacións que non requiren de
importantes investimentos e se traducirán nunha maior calidade de vida, lecer e xogo
dos nosos pequenos.




2.- En numerosas ocasións, son as propias Administracións e poderes públicos en
xeral quen provocan que determinadas situacións se produzan. No caso que
prantexamos, vimos ano tras ano, denunciando a cantidade de vertedoiros ilegais que
puntualmente van xurdindo ó longo do noso Concello, provocando situacións
indesexables de eliminación de residuos sin o tratamento axeitado, que ten como
consecuencias graves o vertido a espazos naturais, a acumulación en zoas naturais de
lixo e a existencia de montons de materiais acumulados que non fan mais que danar os
nosos espazos naturais.

Existe no Concello de Cambre, un Punto Limpo no Polígono do Espíritu Santo.
Dende a Asemblea Cidadá somos da opinión que a existencia de mais puntos limpos e
non tan distanciados, levarían a unha menor existencia de vertedoiros ilegais.
Actualmente a veciños do Temple ou da Barcala, lles resulta mais cómodo acceder ó
Punto Limpo de Culleredo, en Ledoño, que ir ó Espíritu Santo.
No Regulamento de Xestión do Consorcio das Mariñas establéceso que: " O número e
ubicación destes puntos limpos é competencia do Consorcio As Mariñas e dos seus
Concellos integrantes, que terán en conta os correspondentes estudios de viabilidade e
funcionalidade." (Art. 47.3)

En base ó anteriormente exposto, PREGAMOS:

Que en calidade de Concello integrante do Consorcio das Mariñas, Cambre
propoña a inclusión dun Punto Limpo nalgún lugar entre a Cambre, A Barcala e O
Temple, posto que estes núcleos de poboación aglutinan a case 16.000 veciños e
debido á situación xeográfica de ditos núcleos moi cercanos entre sí, a consecuencia
sería unha maior comodidade para os veciños e unha erradicación de vertedoiros
incontrolados.








3.- A igrexa de Sta. Maria de Cambre, é sin duda o monumento mais emblemático
e un dos valores patrimoniais e arquitéctónicos mais importantes do Concello, tamén
un dos mais visitados da Comarca. Co obxeto de informar, promocionar e difundir esta
obra, unha das mais importantes de Galicia no seu estilo.

O Grupo municipal de A C d C, PREGA ao Goberno, proceda a realizar un estudo
para a instalación de un panel informativo localizado nas inmediacións da igrexa, que
incluia información sobre a mesma, co fin de facilitar o coñecemento e mellorar a
atención os visitantes deste atractivo arquitectónico, e á promoción cultural de Cambre.
O estudo o que se refire a presente iniciativa, pode servir de experiencia para
trasladalo o conxunto do patrimonio arquitectónico, natural, arqueóloxico e cultural do
concello.

A devandita actuación, pode ser acometida con recursos do concello, e con axudas da
Deputación Provincial e Xunta de Galicia.







PREGUNTAS:

1.- ¿Poden informarnos da periocidade da limpeza por parte do Consorcio dos
recipientes da recollida de lixo, cuxo aspecto en algún casos é deplorable e
antihixienico?





2.- A participación cidadana é un dos pilares sobre os que se debe sustentar a
democracia local. Os Consellos municipales son, desde este punto de vista, os
mecanismos de participación directa de veciños/as e entidades relacionadas con cada
área de goberno.

Para a A C d C, é un obxectivo político o desenrolo do RPC que impulse o
asociacionismo a participación social e a profundización e fortalecimento das
estruturas democráticas, sendo a intención do noso Grupo Municipal potenciar a
creación e funcionamento dos Consellos Sectoriales, tal e como están establecidos nos
artigos 130 e 131 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico
das Entidades locais e no RPC aprobado polo pleno do concello.
En base ao anterior:

PREGUNTAMOS, ¿Ten previsto o Goberno a creación de outros Consellos municipais
de participación como o Consello de Cultura ou de Festas, para mellorar a
participación cidadán, e cal é a previsión de funcionamento dos xa existentes?





3.- Xa se ten plantexado en este salón de plenos que na zona habilitada para
aparcamento no campo da feira, existe un bordillo con pronunciado desnivel que en
ocasións provoca desperfectos os vehiculos coas conseguintes protestas dos usuarios,
motivado o escalón de aproximadamente 15 centímetros.
Ante as continuas protestas e demandas dos cidadáns e as posibles responsabilidades
subsidiarias do concello ante os desperfestos ocasionados a vehículos,

PREGUNTAMOS si teñen pensado adoptar algún tipo de medidas medidas
preventivas para correxir a situación denunciada.





COMISIÓN INFORMATIVA DE BENESTAR SOCIAL, CULTURA, DEPORTES
E XUVENTUDE

ROGOS:

1.- Con motivo do inicio do curso escolar, PREGAMOS se nos informe das xestións e
previsións de cara ó funcionamento do Consello Escolar Municipal.





2.- Rematada a valoración e baremación do proceso de matricula de alumnos nos
centros de ensino público do concello, o noso Grupo municipal PREGA se nos informe
sobre o número de prazas escolares que se ofertaron e demandaron en cada un dos
niveis educativos e en cada centro, dende o primeiro ciclo de educación infantil ata o
bacherelato.

Resultado de imagen de plazas escolares colegios publicos

COMISIÓN INFORMATIVA DE REXIME INTERIOR, SEGURIDADE CIDADÁ
E DESENVOLVEMENTO SOCIOECONÓMICO.

ROGO:

1.- Unha documentación que consideramos importante e que deberiamos ter como
Grupo da oposición, son as memorias e informes anuais da Policia Local, que teñen
como destino as respectivas concellerías ou departamentos do concello. Co fin valorar
a situación, tendo en conta que os grupos da oposición non forman parte da Xunta
Local de Seguridade e descoñecemos datos importantes que como representantes
veciñais nos corresponden.

-PREGAMOS nos faciliten a documentación relativa das ditas Memorias elaboradas
pola Policía local.






Asdo: Olga Santos López

Voceira do Grupo Municipal Asemblea Cidadá de Cambre- Son

 Grupo Municipal Asemblea Cidadá de Cambre- Son
Grupo Político Municipal . Praza de Europa 7
www.asembleacambre.es

Olga Santos 669 796 995 Antonio Bruquetas 620 540 061

No hay comentarios: