“ACdC” FAI UNHA PROPOSTA DE ARRANXO DE CAMIÑOS MUNICIPAIS.
Mediante un escrito presentado no Rexistro do concello, o Grupo municipal da “AcdC” fai unha proposta o Goberno local para levar a cabo a pavimentación e arranxo de varios camiños. Esta proposta contempla como primeira medida nove viales en distintas parroquias do concello.
Na proposta tense en conta as achegas feitas polos propios veciñ@s para que sexan incluidos neste paquete de camiños nos “proxectos complementarios do PAS 2015 da Deputación provincial con un orzamento aproximado de uns 150.000 euros”, que atendendo o seu estado de deterioro, xustifican mais que sobradamentea a súa inclusión neste PLAN DE ACTUACIÓN
Estas actuacións consistirían en paliar, nun primiero momento, o grave deterioro dalgúns viais municipais, a espera de que se consigne unha partida presupostaria nos orzamentos de 2016 onde se contemple un Plan de choque para o conxunto das parroquias.
A rede de camiños públicos do concello, constituie un elemento indispensable para a comunicación entre veciñ@s é facilitar o paso nas mellores condicións a tod@s os usuarios. O bón estado na conservación redunda no benestar do conxunto dos ciudadan@s, debendo dar unha resposta adecuada a unha demanda social crecente, a mais de contribuír a xestión da conservación do sistema viario municipal.
A “AcdC” considera “impresentable” o estado actual de varios camiños do término municipal, que supoñen vías importantes de conexión entre núcleos de poboación, que na actualidade dificultan o tránsito rodado e peonil.
Asdo: Olga Santos López
Voceira do Grupo Municipal Asemblea Cidadá de Cambre- Son
No hay comentarios:
Publicar un comentario