_
NOTA INFORMATIVA DO GRUPO MUNICIPAL ASAMBLEA CIDADA DE CAMBRE
ACLARACIÓNS RESPECTO DO CASO BAO RELATIVO Á PRESUNTA FALSEDAD DOCUMENTAL
Dende o Grupo Municipal de ACdC, formado polo concelleiro
Antonio Bruquetas e a
Voceira do Grupo, Olga Santos, que asina esta comunicación,
queremos aclarar a postura que
estamos a adoptar en relación ó asunto das nóminas
presuntamente falsificadas polo actual
concelleiro do Goberno Jesus Bao, e no momento da presunta
comisión dos feitos, concelleiro
da oposición.
Esta nota xurde das manifestacións que estes últimos días se
veñen facendo de xeito
solapado e que recolleron algúns medios suxerindo que o
asunto se fixo público pola postura
dos grupos da oposición do Goberno de Cambre.
Como grupo da oposición que somos dende a ACdC queremos
manifestar os seguintes
puntos:
1. Partimos, como non podería ser doutro xeito, da
presunción de inocencia.
2. Tamén defendemos a transparencia nas xestións, do tipo
que sexan, que leve a cabo o
goberno.
3. Ante uns indicios que resultan denunciables, e ante unha
denuncia na fiscalía, a ACdC,
no pleno, e ante a votación da moción de urxencia prantexada
polo ex-alcalde de
Cambre, Manuel Rivas, decidimos apoiala en aras da citada
transparencia.
4. Manifestamos en dito pleno, e así consta en acta, que nos
gustaría que o Sr. Bao,
aproveitando o escenario no que se informou da presunta
falsedad documental, se
pronunciara ou expresara o seu testimonio. O Concelleiro, en
todo momento, calou e nin
sequera se prestou a contestar ás nosas preguntas.
5. Como cargos públicos que somos, entendemos que a labor da
xustiza que é
independente da nosa, xa se iniciara dende o momento en que
se presentou a denuncia
ante a Fiscalía, pero a labor de calquera representante dos
veciños, estea no goberno
ou estea na oposición é actuar coa maior limpeza e
transparencia posible, ante quen
temos que dar respostas e explicacións, que son os veciños.
6. Esta postura, non foi a que adoptou o Alcalde accidental,
Sr. Rey, que á volta do receso,
solicitou que se votara a posibilidade de debatir o tema en
privado. A ACdC afirmamos
que si o tema se prantexara en público coa moción de
urxencia a súa votación e debate
se debería facer no mesmo foro e públicamente, de ahí o noso
voto contrario ó debate
secreto.
7. Na Xunta de Voceiros do día seguinte ó pleno o Sr. Bao
tamén presentou a súa negativa
a falar con nos nin tan sequera quixo quedarse a escoitar o
que tiñamos que decir.
Entendemos que se nos require demasiada confianza en alguén
que nin sequera da
explicacións nin en público o día do pleno, nin en privado,
na xunta de voceiros do día
seguinte. Entenderíamos que non quixera facer declaracións
nin contestar a preguntas, o
que non podemos entender é que nin sequera quixera escoitar
o que tiñamos que
decirlle respecto á postura que adoptaríamos sobre a súa
situación.
8. A día de hoxe, aínda non temos a documentación completa
co sello da fiscalía e coa
carta anónima que o Sr. Rivas se comprometeu a que nos ía
facer chegar en varias
ocasions, todas elas gravadas. A única documentación que
temos é un texto escrito en
word e unha fotocopia dunha nómina presuntamente
falsificada, pero ningún documento
que xustifique que a denuncia foi cursada.
9. Este último punto é o que xustifica a nosa postura. Na
Xunta de Voceiros extraordinaria
celebrada ó dia seguinte do Pleno, apoiamos a petición do
Alcalde Oscar García de dar
unha semana de prazo para recabar información, que o
concello acudira á fiscalía, que
se fixeran as averiguacións oportunas, para chegada a
vindeira Xunta de Voceiros,
tomar unha decisión en firme.
CONCLUSIÓN:
O Grupo Municipal da ACdC non buscamos de ningún xeito a
condena mediática de ningún
concelleiro nin a acusación pública, únicamente o
esclarecemento dos feitos e a máxima
transparencia en todo o proceso para que os veciños estean
informados de principio a fin sobre
o asunto.Ó mesmo tempo, agardamos que o Sr. Bao acuda á
vindeira Xunta de Voceiros e
faga comparecencia na que permita que lle informemos
persoalmente da nosa postura con
respecto ó tema en cuestión. Tamén agradeceríamos ó Sr.
Rivas que nos entregue a
documentación comprometida.
Olga Santos.Voceira da ACdC
olguisantos@hotmail.com
669.796.995
No hay comentarios:
Publicar un comentario