Grupo Político Municipal . Praza de Europa 7, www.asembleacambre.es
Olga Santos 669 796 995 Antonio Bruquetas 620 540 061
INICIATIVAS PRESENTADAS POLA "ACDC" PARA O PLENO ORDINARIO DO DIA 25 DE NOVEMBRO
MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DA “A c d C” RELATIVA Á INCLUSIÓN DA VACINA DA
MENINXITE B NO CALENDARIO VACINAL
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
A menixite meningocócica é causada pola bacteria do comunmente conocido como
Meningococo (Neisseria meningiditis, serogrupo tipo B).
Segundo os datos dispoñibles cada ano prodúcense 500.000 casos de enfermidade
meningocócica en todo o mundo ocasionando 50.000 mortes prematuras, sendo os bebés e os
menores de 5 anos os colectivos mais vulnerables a esta enfermidade. Os afectados que
sobreviven, según a OMS poden experimentar graves secuelas como danos cerebrais,
discapacidade de aprendizaxe, pérdida de audición e amputacións dos seus membros.
Actualmente 7 de cada 10 casos de menixite en España son polo serogrupo B,
falecendo un de cada dez afectados entre a poboación infantil, quedando con graves secuelas
neurolóxicas 3 de cada 10, sin esquencer que Galicia ocupa o terceiro lugar entre as
autonomías con mais casos.
Son os propios pediatras quenes están a reclamar a introducción da vacina que está
aprobada polo Ministerio de Sanidade dende Agosto de 2014, e que se comercializa
actualmente co nome de BEXSERO da casa NOVARTIS e que presenta unha notable eficiacia.
En España, a pesar de que a Axencia Española de Medicamentos aprobou inicialmente
a súa libre distribución por toda a Unión Europea, o Ministerio de Sanidade só autorizou a
vacina para "uso hospitalario" a aplicar a deteriminados grupos de risco.
Sendo esta a situación, durante moitos meses, fomos moitos os pais que acudimos a
mercar a vacina a Francia ou Portugal, peron foron moitos mais os pais que desgraciadamente
non se poideron permitir realizar unha viaxe longa e un desembolso económico de case 400
euros para as dúas dosis que necesita un neno de mais de dou anos e 800 para as catro que
precisa un bebé de menos de 5 meses. Cómpre non esquencerse que esta cantidade de diñeiro
hai que multiplicala polo número de fillos que teñamos.
Actualmente a situación non é moito mellor, mais ben é exactamente a mesma: Dende
hai un par de meses, non hai que facer a peregrinaxe a países veciños, porque a vacina xa
está á venda nas farmacias, aínda que a lista de agarda segue provocando que moita xente
acuda igualmente a Francia ou Portugal.
O prezo dunha dose da vacina é de 106 euros en España, 10 euros mais que en
Portugal. A conclusión, por tanto, é que os pais que afortunadamente poden asumir ese gasto,
teñen a oportunidade de vacunar ós seus fillos, pero aquelas persoas que non poden permitirse
ese desembolso teñen que resignarse a non vacinar ós seus.
Neste punto queremos recordar o artigo 43 da Constitución Española, de protección da
saúde, que no seu punto primeiro recoñécelle ós cidadáns o dereito á protección da saúde, e
no segundo, establece que compete ós poderes públicos organizar e tutelar a saúde pública a
través de medidas preventivas e das prestacións dos servizos necesarios.
Tamén se fai necesario facer mención ó Convenio sobre os Dereitos do Neno, aprobado
pola ONU, que no seu Artigo 6 establece que todos os nenos teñen dereito intrínseco á vida e
que todos os estados asinantes garantirán na máxima medida posible a supervivencia e
desenvolvemento do neno.
Existe unha clara demanda social, que cristalizou na "Plataforma de Cidadáns pola
Saúde - Vacina Xa" que constantemente se mobiliza para recordarlle ós poderes públicos os
deberes de protección que teñen coa cidadanía e para esixirlles que introduzan a vacina
contra a Menixite B de xeito universal e gratuíto para todos os cidadáns, tendo en conta que
no que vai de ano xa faleceron dúas persoas en Arteixo (un deles neno) e outro neno en
Boiro.
Aínda que os Concellos non temos competencias directas a nivel sanitario, e neste
aspecto a nosa actuación non é definitiva, sí que os que formamos parte desta Corporación
municipal somos representantes dos veciños, e somos moitos de nos, nais e pais, ou avós ou tíos
ou veciños das nenas e nenos que obligatoriamente temos que protexer e salvaguardar.
POLO EXPOSTO , O GRUPO MUNICIPAL DA “A c d C”, PROPÓN AO PLENO DO
CONCELLO, A ADOPCIÓN DOS SEGUINTES ACORDOS:
PRIMEIRO.- Instar ó Goberno de España para que curse orde ao Ministerio de
Sanidade para que a vacina da Meninxite B, sexa incluída de xeito inmediato no calendario
vacinal.
SEGUNDO.- Instar á Xunta de Galicia para que, no caso de que o Ministerio de Sanidade non
acepte a inmediata inclusión da vacina contra a Meninxite B, instaure unha nova experiencia
piloto coa implantación da vacina.
TERCEIRO.- Dar traslado dos acordos á "Plataforma de Cidadáns pola Saúde - Vacina
Xa"
ROGOS:
1.- As baixantes dos canalóns da ponte da autoestrada AP-9 na Barcala, están rotas e cae
abundante auga enriba da ponte de madeira sobre a ría (sobre todo nos días de choiva).
Sabendo que esta zona e de gran afluencia de persoas e sendo conscientes de que o problema
non é de exclusiva competencia do Concello de Cambre,
PREGAMOS o Goberno realice as xestións necesarias ante quen proceda, para solucionar o
problema plantexado.
2.- No pleno ordinario de outono de 2014, presentouse unha Moción polo Grupo
municipal de EU (aprobada pòr unanimidade) sobre O FALLO DO TRIBUNAL SUPREMO EN
CONTRA DO COBRO DO IBI URBÁN EN SOLOS QUE NON TEÑEN DESENROLO
URBANÍSTICO, sentencia nº 2159-2014 de 30 de Maio de 2014.
Dado a importancia do asunto que afecta a moitos veciños e veciñas do noso
municipio, e trancurrido mais de un ano, non se volveu a incidir neste asunto, nin volvemos a
ter novas ou información sobre os acordos adoptados na Moción presentada, a pesar que o
catastro estableceu novos criterios de clasificación do solo de natureza urbana e de valoración
de solos urbanizables que non dispoñan dun plan de desenvolvemento, acordes coa sentenza
do Tribunal Supremo.
Un Goberno transparente, non debe de permanecer impasible ante este problema e
debe de actuar, informar aos afectados e afectadas e aos membros da oposición, porque do
contrario podemos chegar a pensar que as accións desenvolvidas son máis ben escasas; a
pesar de que na pasada lexislatura, o tema do IBI estuvo moi presente, especialmente na
campaña electoral.
Para a “AcdC” O resultado final desta adaptación non e outro que permitir aplicar a
nova regulación catastral a fin de que os veciñ@s de Cambre con terreos que pasaron de
rústicos a urbanizables coa a aprobación das Normas Subsidiarias de Planeamento e non se
desenrolaron poidan beneficiarse da devolución do IBI cobrado indebidamente.
Por todo o exposto o Grupo da “AcdC”
PREGAMOS:
Que por parte do Goberno nos dea contestación e información oportuna respecto da Moción
presentada e aprobada no pleno de outono de 2014, no que se solicitaba o seguinte:
1º.- Que os servizos xurídicos do Concello de Cambre estudien y valoren a STS por si pode ser
obxecto de aplicación en Cambre. Asímesmo, que se valore, si amparándose en dita sentencia
se pode realizar de oficio a devolución dos importes cobrados indebidamente, no seu caso.
2º.- Que os servizos xurídicos municipais elaboren un estudo sobre o solo de Cambre que nas
normas subsidiarias estean calificados como urbanizables e non se teñan producido asurbanizacións. Nestes casos, o obxectivo é proceder a revisar os valores catastrais e o IBI
liquidado.
Do mesmo xeito e en consonancia co anterior, tamén PREGAMOS ó Goberno a seguinte
información:
-Saber si o concello elaborou algún tipo de padrón municipal ou relación nominal na que
apareza o número total de propietarios e propietarias afectadas por este cambio, e cantas
persoas conforman esa relación.
-Si existe algún tipo de actuación específica realizada polo concello de Cambre para informar
aos propietarios e propietarias afectadas das posibles solucións e accións desenvolvidas.
-Si por parte do Goberno municipal de Cambre existe algunha previsión de datas ou
calendario previsto para ofrecerlle unha solución aos veciñ@s afectados e que levan pagando
un IBI que non lles corresponde.
-Cantos metros cuadrados de terreos, pasaron de IBI urbano a rústico en Cambre as
posibles repercusións económicas ante o descenso previsto dos ingresos, tendo en conta que
esta medida disminuirá o valor catastral urbano.
-Información (si existe) da estimación do importe de devolucións, baseada nos informes dos
responsables, que realizaron os traballos de clasificación dos solos urbanizables do término
municipal.
3.- Cando se arranxaron as fontes públicas do concello, en algún caso eliminouse o rotulo
de advertencia sobre da necesidade de ferver a auga antes do seu consumo.
-O noso Grupo PREGA información sobre a existencia de agún informe sanitario respecto da
calidade da auga, de non ser así solicitamos se repoñan os mencionados rótulos sobre a
potabilidade da auga.
PREGUNTAS:
1.- No aparcadoiro situado ó carón do colexio de Sigrás, por ausencia de recheo de
grava, fórmanse pozas e estanse a inutilizar bastantes prazas polo mal estado no que se atopa
o lugar.
-¿Ten coñecemento o goberno desta situación que ademais provoca numerosos atascos á saída
dos nenos do colexio? ¿Ten previsto realizar algunha actuación para o recheado do
aparcadoiro?
2.- O espacio público nas inmediacións da igrexa de Cela, non ten un mantemento nin
arranxo regular por parte do concello.
¿Pode o Goberno tomar medidas para que o mantemento do citado entorno se faga con
asiduidade?
Garcés, impide parcialmente a visión despexada para poder atravesas con seguridade, esta
situación tamén influie na visibilidade para circulación rodada de vehiculos.
-PREGAMOS a quen corresponda dea as órdenes oportunas para proceder a ubicación axeitada,
Asdo: Olga Santos López. Voceira do Grupo Municipal
No hay comentarios:
Publicar un comentario