domingo, 15 de noviembre de 2015



PROPOSTAS PARA A SÚA INCLUSION ORZAMENTARIA 2016 DO GRUPO MUNICIPAL ASAMBLEA CIDADA DE CAMBRE

Cambre a 10 de Novembro de 2015



A/A Alcalde de Cambre:

Según o manifestado polo Sr. Augusto Rey, nas Comisións
Informativas celebradas o pasado 21 de outubro de 2015, ante a ausencia
do Alcalde e según orde do mesmo, se nos fixo saber ós Grupos
Municipais da Oposición, que as nosas propostas para a inclusión dos
ORZAMENTOS 2016 serían ben recibidas, e se nos solicitou na mesma
sesión que se fixeran chegar á maior brevidade posible.

En cumplimento da citada petición queremos facer chegar as
medidas e propostas orzamentarias que dende a ACdC entendemos
representativas da nosa política de cara ós orzamentos de 2016.

Agradecendo de antemán a disposición a incorporar as nosas
propostas facemos chegar a nosa aportación requerida polo Alcalde.

Olga Santos. Voceira da ACdC

olguisantos@hotmail.com

669.796.995

Este documento que presentamos, recolle determinados puntos de actuación necesarios
dende a perspectiva da ACdC, dende a nosa experiencia, e dende as demandas que nos
trasladan os veciños, así como en cumplimento de moitas iniciativas aprobadas con maiorías
cualificadas, e que a día de hoxe, seguen esperando nos caixóns a súa realización.
Somos coñecedores de que uns orzamentos dun exercicio non poden ser determinantes
de toda unha lexislatura, e tamén sabemos que determinadas actuacións non se poden esgotar
nun só exercicio, por ese motivo trasladamos ó Goberno os puntos que sí coidamos que se
teñen que comezar a dotar para que finalizada a lexislatura poidan estar suficientemente
avanzados ou no posible finalizados.

Tamén queremos deixar constancia de que por ser estes os primeiros orzamentos do
actual Goberno, quizais non están o participados socialmente que deberían, incluso pola nosa
parte, dende a ACdC, non poidemos recoller iniciativas directamente entre todas as forzas
vivas e sociais do Concello como nos tería gustado.

Si ben as propostas que se realizan son circunstanciais tendo en conta que non somos
determinantes a hora de aprobar ou non os Orzamentos Municipais, creemos que desde a
oposición tamén se deben cumprir os compromisos do programa electoral, na medida que se
poida, e os Orzamentos Participativos posibilitan a participación directa de todas as persoas,
superando así a lóxica participación representativa, que se limita a acción de votar cada catro
anos, que é unha das principais sinais de identidade da Asemblea Cidadá.
Para nós, os Orzamentos Participativos falan de diñeiro, pero tamén de novos espazos
de participación, de profundización democrática na vida local. Falan, en definitiva, de
apropiación dos asuntos públicos por parte da cidadanía, que no fondo constitúe a esencia da
democracia, algo que ten que ver coas nosas vidas e, que podemos non solo participar, sinón
tamén decidir sobre os asuntos públicos.

En definitiva, prantexamos que os cidadáns de Cambre poidan propoñer e incidir
directamente sobre o destino final de parte dos recursos municipais, comprometéndonos a
recoller as demandas recibidas, priorizando as mais importantes e defendendo a sua inclusión
no Orzamento de 2016.
_
PROPOSTAS PARA A SÚA INCLUSION ORZAMENTARIA 2016 DO GRUPO MUNICIPAL ASAMBLEA CIDADA DE CAMBRE

1.- Dotación para un PROXECTO DE SEGURIDADE VIAL E MOBILIDADE con inclusión da
ILUMINACIÓN DOS PASOS DE PEONS PERIGOSOS do concello.

2.- Partida orzamentaria para ADQUISICIÓN DE TERREOS DA FUNDACION HERMANOS
TENREIRO en Cela

3.- Dotación para a elaboración dun PROXECTO PARA A REHABILITACIÓN DA CASA DA
ARRIGADA para a creación dunha “Aula da Natureza e Centro de Interpretación do Río
Mero”

4.- Dotación para a elaboración dun proxecto para dotar o PAVILLON POLIDEPORTIVO DO
COLEXIO PORTOFARON DUN CERRAMENTO PERIMETRAL co fin de permitir o desenrolo das
actividades propias da instalación, con independencia das condicións climatoloxicas.

5.- Dotación orzamentaria para elaboración dun PLAN DE PLAN DE EMPREGO LOCAL.

6.- Partida orzamentaria para ANCLAXE DE CONTENEDORES.

7.- Plan de investimentos para REPARACIÓN E ACONDICIONAMENTO de camiños de
titularidade municipal.

8.- Dotación para a elaboración dun proxecto de ZONAS DE BAÑO E ESPALLAMENTO nas
ribeiras do Río Mero.

9.- Dotación para ACONDICIONAMENTO DOS PARQUES INFANTÍS e a súa adaptación para
NENOS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL.

10.- Partida para AXUDA Ó TRANSPORTE dirixida os alumn@s residentes no Concello, que
cursen estudios nos centros UNIVERSITARIOS da Coruña.

11.- Dotación para ARREGLO E MANTEMENTO DAS FONTES PUBLICAS do concello.

12.- Proxecto de ASENTAMENTO DE MARQUESIÑAS de transporte público

13.- Dotación orzamentaria para o ARRANXO DO CENTRO SOCIAL DE MEIXIGO.

14.- Dotación orzamentaria para o ACONDICIONAMENTO DO ESPAZO PÚBLICO DO
CENTRO SOCIAL DE SAN LOURENZO (cambio lugar parque infantil, etc…)

15.- Dotación orzamentaria para o SERVIZO DE COMEDORES ESCOLARES NO VERAN.

16.- Dotación para a elaboración dun proxecto para dotar ó Concello dun CENTRO DE DIA
PARA MAIORES.

17.- Dotación para a elaboración dun proxecto de estudo para SOTERRAR LIÑAS ELECTRICAS.

19.- Dotación orzamentaria para a dotación de ALUMEADO PÚBLICO NA ESTRADA DE FRAIZ
A ESPIRITU SANTO.

20.- Orzamento para instalación de BIONDAS DE PROTECCIÓN NA ESTRADA ENTRE CELA E
CANAL así como entre a ESTRADA CP-1706 E A IGREXA EN CELA, nas inmediacións da
Casilla

21.- Partida orzamentaria para as BEIRARÚAS CP 1706 E A CASILLA EN CELA.

22.- Dotación para a execución do proxecto de SEGURIDADE VIAL ENTRE CAMBRE E PRAVIO.

23.- Dotación dunha partida orzamentaria para a POSTA EN FUNCIONAMENTO DO
CONSELLO ESCOLAR MUNICIPAL.

24.- Dotacion para a elaboración dun proxecto para dotar á SANTA MARIA DE VIGO DE
CUBERTA DA PISTA POLIDEPORTIVA EXISTENTE, co fin de permitir o desenrolo das
actividades, con independencia das condicións climatoloxicas.

25.- Dotación para a realización do SANEAMENTO DO LUGAR O MONTE DE BRIBES.

26.- Dotación para a ELIMINACIÓN DE BARREIRAS ARQUITECTONICAS NO LOCAL SOCIAL
DE PRAVIO.

27.- Dotación orzamentaria para o inicio do PLAN DE DESAMIANTADO E RECOLLIDA DE
URALITAS no Concello.

28.- Dotación orzamentaria para a RETRANSMISIÓN DOS PLENOS do Concello.

Olga Santos. Voceira da ACdC
olguisantos@hotmail.com

669.796.995

No hay comentarios: