sábado, 23 de enero de 2016


Resultado de imagen de esquerda unida

EU insta a Alberto Garzón a colaborar con Pablo Iglesias para posibilitar un Goberno de cambio real en España similar ao modelo portugués

A Executiva nacional ratifica os acordos de En Marea da participación nun Grupo confederal que, ante o bloqueo da Mesa e estafa democrática ao lexítimo dereito de ter un grupo propio, permitirá a En Marea ter voz e autonomía nesta lexislatura.
Compostela, 22 de xaneiro de 2015. Tras analizar o escenario político actual, a executiva nacional de Esquerda Unida, que mantivo unha reunión esta tarde en Compostela, coincidiu en animar a Alberto Garzón a traballar nun proceso emocionante a prol das forzas do cambio que cristalice nun Goberno no que participe Podemos, Izquierda Unida e PSOE, unha coalición de forzas da esquerda similar ao modelo portugués.
Dende Esquerda Unida consideramos que as necesidades das persoas deben ser o centro do debate político, un plantexamento no que coincidimos plenamente con Podemos e, polo tanto, o compartimos como folla de ruta. Concretamente, dende Esquerda Unida temos claro que esta situación é unha oportunidade histórica para poñer en marcha un proxecto que poña a economía ao servizo da maioría, que blinde o Estado do Benestar, que loite contra a corrupción e que poña medidas encamiñadas a dar solución a problemas específicos do noso País.
Dende EU levamos moitos anos traballando por este cambio real para o que é necesario ter unha altura de miras similar ao que tivo o Goberno portugués e que mediante esa folla de ruta se puidera derrogar leis daniñas para a maioría social, tales como a reforma laboral, a Lei Mordaza ou a Lomce.

No hay comentarios: