miércoles, 27 de enero de 2016

INICIATIVAS DA “ACdC” AO PLENO DE XANEIRO

MOCIÓN PARA DECLARAR O CONCELLO DE CAMBRE UNHA VILA LIBRE DE CIRCOS CON ANIMAIS

A cuestión do respeto cara os animais levou á cidadanía a demandar novas
accións en diferentes eidos normativos. O uso de animais en espectáculos é, quizáis, un dos aspectos máis surrealistas que teñen lugar no noso país, nomeadamente os circos, que ofrecen unha imaxe radicalmente distorsionada do que supón a fauna silvestre.

A vida destes animais nos circos caracterízase polo illamento, o castigo, o medo e o cativerio. As exhibicións de animais nos circos ofrecen tamén unha mensaxe educativa negativa. Aínda que os espectáculos circenses non amosen conductas de violencia explícita á vista dos espectadores, os actos que os animais teñen que realizar durante toda a súa vida son antinaturais e para obligarlles a comportarse deste xeito contrario á súa natureza sométense a violentos métodos de adestramento baseados no castigo físico, a privación de alimento e ao illamento do resto dos seus conxéneres.

Os animais que viven nos circos están obrigados a permanecer o resto da súa
vida privados de liberdade, atados, engaiolados ou encadenados en camións de traslado, negando calqueira posibilidade de satisfacción das súas necesidades etolóxicas e naturais. A natureza transitoria dos circos e a vida constante de confinamentp, privación de estimulación e frustación da fauna, conduce aos animais a estados neuróticos e comportamentos repetitivos “estereotipados”, como balancear a cabeza ou corpo, movementos circulares dentro das gaiolas e ata automutilacións.
Estes trastornos psicolóxicos chegan a provocar reaccións violentas que poden causar graves riscos para as persoas en caso de accidente, extremo que sucedeu en numerosas ocasións ao longo dos últimos anos.

Un importante número de países e vilas de todo o mundo xa vetaron o uso de animais nos circos en base á súa protección e benestar, ao considerar que a súa exhibición e as condicións de vida supoñen unha crueldade, ao mesmo tempo que incrementan o tráfico ilegal de animais e a caza furtiva de especies protexidas.

Os circos usan aos animais como reclamo do público infantil. Cremos que os pequenos e pequenas deste país, a Sociedade do futuro, merecen unha educación baseada en valores que inclúan o respeto cara os seres vivos e o entorno.

E por iso que propomos:

1. Que o Concello de Cambre non autorice nen promova ou ampare a instalación de circos con animais no termo municipal.
2. Declarar o Concello de Cambre Vila libre de circos con animais.
3. Que o Concello de Cambre non permita a instalación de publicidade de
espectáculos circenses con animais no termo municipal.
4. Notificar este acordo á Xunta de Galicia, aos grupos do Parlamento de Galicia e a Asociación Animalista Libera.

ROGOS:

1º.- En anteriores Corporacións, o Grupo de EU foi o único que presentou nos distintos órganos colexiados do Concello o problema da devolución do IBI, contraída polo concello da Coruña como resultado das liquidacións do IBI da Presa de Cecebre.

Por isto PREGAMOS nos informen si tras as sentenzas e recursos a favor do pagamento, se percibiu o aboamento e neste caso cal foi a cantidade total liquidada ou pendente de liquidar polo Concello da Coruña.

2º.- Iniciado un novo periodo orzamentario, non temos coñecemento algún sobre o estado de elaboración do proxecto de orzamentos municipais para o ano 2016, tampouco sabemos do prazo en que van a ser sometidos a debate polo pleno.
Por isto PREGAMOS nos informen sobre as razóns polas que o Goberno non ten informado os Grupos da oposición da marcha e contido do proceso de elaboración do
documento e para cando ten previsto sometelos a debate en pleno.

3º.- Na páxina web do Concello, no apartado retribucións, publicaron recentemente, e ante unha iniciativa da ACdC un cuadro indicativo dos salarios que perciben os membros do goberno. Dito cuadro ademais nos aporta a información precisa sobre
cales son as adicacións ou cometidos de cada un dos Concelleiros así como do Alcalde.
Concretamente o Alcalde, ademais das funcións que viña realizando asumiu as de dúas concellerías mais, tras a ruptura do pacto de goberno.
A día de hoxe o Alcalde tamén é o concelleiro de políticas de igualdade, muller e familia, e ademais tamén é o concelleiro de políticas de terceira idade e acción voluntaria. Ten capacidade, por tanto para asumir as funcións da alcaldía e ademais de dúas concellerías e esto, ademais, adicándolle media xornada.

Os outros catro concelleiros se ocupan das áreas que viñan desenvolvendo ata que se rompera co pacto de goberno, tal e como consta no documento.
Todas as áreas que quedaron baleiras a día de hoxe non temos coñecemento de quen se está encargando delas. Sobra decir, que presupoñemos que o seu
funcionamento se pode atribuir ó traballo dos técnicos.

PREGUNTAS:

1.- Veciños do Lugar de Peiraio estan a trasladarnos as suas inquedanzas sobre o estado lamentable no que se está a deixar a pavimentación nas inmediacións do vial que están reasfaltando. Este problema comprende dende arquetas de sumidoiros rotas, ata os desperfectos ocasionados no propio asfalto.

Co fin de dar resposta as demandas dos veciñ@s PREGUNTAMOS:
¿Que medidas pensa tomar o Goberno para dar solución a estes problemas?

2.- Varias persoas, denunciaron ante o noso Grupo, o estado do paso de peóns perto da rúa Cruceiro nas inmediacións de ABANCA, que presenta irregularidades no acceso a beirarrúa provocando que se forme un charco de auga en tempos de choiva e impedindo a correcta accesibilidade.

-¿Poden informarnos sobre as medidas que se tomarán para correxir esta situación?.

3.- Veciños do lugar e usuarios teñen denunciado ante o noso Grupo a carencia de alumeado público na ponte vella da ría do Burgo, polo risco e perigo que supón para as persoas que diariamente circulan polo lugar.

Por isto o noso Grupo PREGA se proceda levar a cabo cantas xestións sexan precisas ante as administracións responsables, para dotar de alumeado o mencionado lugar.

Cambre a 22 de Outubro de 2016


Asdo: Olga Santos López. Voceira do Grupo Municipal Asemblea Cidadá de Cambre- Son

No hay comentarios: