martes, 19 de enero de 2016
NOTA INFORMATIVA DA "ACdC"
O DESGOBERNO DE CAMBRE PROVOCA A PERDA DE 5 MILLONS DE EUROS DOS FONDOS "FEDER"
Actualmente, e tal e como consta publicado na propia páxina web do Concello existen moitas áreas de goberno que non teñen a ningún concelleiro responsable ó seu fronte.
As expresións que poden expresar esta situación lamentable son DESGOBERNO e IRRESPONSABILIDADE.
A demostración que o Concello e Cambre está desgobernado a temos, entre outras cousas, no feito de que pola propia incapacidade do Goberno de Cambre se perdeu a posibilidade de acceder a unha dotación que podería chegar a 5.000.000
de euros dos fondos europeos FEDER.
A situación aínda é mais grave polo feito de que os responsables do Goberno nin informaron sobre este tema, nin deron unha razón convincente que poida xustificar o non optar os mencionados fondos.
A voceira da ACDC, Olga Santos, preguntou sobre a candidatura de Cambre ós FEDER ó Concelleiro de Urbanismo Juan Leirós, que non fixo mais que contestar con evasivas, indicando que non dera tempo a elaborar o proxecto. Un proxecto que, curiosamente Concellos limítrofes si foron quen de presentar.
Tamén indicou o Sr. Leirós que se está comezando a traballar para poder presentar proxecto na segunda convocatoria. O problema é que a segunda convocatoria é dunha dotación moitísimo inferior que a primeira. Concretamente se reduce nun 70% con respecto á primeira, o que significa que como máximo Cambre podería optar a 1,5 millóns de Euros.
A realidade desta situación é que se estragou unha oportunidade para mellorar a calidade de vida no concello, en temas tan importantes como a rehabilitación do patrimonio natural e cultural, a accesibilidad e acondicionamento de espazos públicos
ou a movilidade sostenible, por nomear algún exemplos que además contribuirían á creación de postos de traballo.
Esta realidade é responsabilidade única e exclusiva do Alcalde de Cambre, que prefire sacrificar o benestar dos veciños de Cambre con tal de non renegociar a configuración do goberno co resto dos grupos.
Actualmente a situación do Goberno de Cambre é crítica. Si se consulta a páxina web do Concello pódese ver que a configuración actual do mesmo é a que sigue:
DETALLE E IMPORTE BRUTO MENSUAL DEDICACIÓNS DEDICACIÓNS EXCLUSIVAS
Juan González Leirós - Concellería da Área de Urbanismo e Medio Ambiente 2.857, 14
Ramón Boga Moscoso - Concellería da Área de Cultura e Tradicións populares 1.928,57
Elisa Pestonit Barreiros - Concellería da Área de Deportes, Xuventude e Ocupación do Tempo libre 1.714
María Dolores Blanca García Fernández - Concellería da Área de Desenvolvemento Socioeconómico 1.714,28
DEDICACIÓNS PARCIAIS Oscar Alfonso Garcia Patiño - Alcalde-presidente - Concellería con delegación especial dos servizos correspondentes ás Políticas de Igualdade, Muller e Familia, integrados na Área de Benestar e Eduación - Concellería con delegación especial dos servizos correspondentes ás Políticas de Terceira Idade e Acción Voluntaria, integrados na Área de Benestar e Educación 2.285,71
Estes importes son exactamente iguais todos os meses, excepto en xuño e decembro, que se multiplican por dous.
Concretamente as áreas que quedan sin gobernar, trala ruptura co PSOE son as seguintes:
ECONOMIA, FACENDA, OBRAS E SERVIZOS
RECURSOS HUMANOS E SANIDADE
BENESTAR SOCIAL E EDUCACIÓN
Estamos a falar de áreas tan importantes as que están desgobernadas actualmente, que son moitas das que aglutinan accións de goberno igualmente imprescindibles tales como a elaboración de orzamentos, a contratación local, as obras
e infraestructuras urbanas, a xestión dos servizos básicos municipais ( limpeza viaria, ciclo da auga, iluminación pública...), xestión do persoal do concello, benestar social, voluntariado etc.
Nesta situación temos medo de que non só sexa a perda dos 5 millóns de euros do FEDER o que teñamos que lamentar, senón que moitas mais xestións queden sin facer polo hermetismo do Alcalde, que prefire gobernar con 5 concelleiros que buscar
novos socios de goberno.
Olga Santos. Voceira da ACdC
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario