AGE asegura que “a lei de acuicultura do PP é unha bomba
atómica para Galicia”
·
O
deputado Juan Manuel Fajardo denunciou as gravísimas consecuencias que tería
para o noso país aprobar o texto lexislativo presentado pola Xunta de Galicia e
que busca acabar co modelo tradicional de explotación para entregar todos os
nosos recursos a multinacionais en moitos casos estranxeiras
·
O
grupo parlamentar asegura que non chega coa paralización como anunciou o
presidente do Goberno galego e esixe a retirada inmediata do anteproxecto como
reclama o sector
O deputado de AGE desmentiu un por un os
supostos beneficios da norma repetidos polo goberno galego destacando as graves
consecuencias que tería en Galicia entre elas a desaparición da explotación
tradicional xa que da entrada as grandes multinacionais que competirían coas
confrarías e mariscadoras pola explotación dos nosos recursos, estas últimas en
clara desvantaxe tanto en recursos económicos como técnicos. O modelo de
concesión administrativa elixido que pode chegar a ser por poxa suporía
desprazar as nosas mariscadoras ao non poder competir coas grandes empresas,
moitas delas estranxeiras.
Hai que engadir o forte impacto que tería no
ecosistema galego ao permitir a entrada de especies esóxenas e carnívoras,
especies que de se aprobar o Tratado de Libre Comercio que se está a tramitar
en Europa, poderían ser transxénicas. Este tipo de instalacións, como explicou
Fajardo, produce un importante volume de residuos procedentes non so dos
insumos senón tamén dos antibióticos que se lle teñen que subministrar aos
peixes criados nestas condicións. Deste xeito non só se desprazaría as especies
autóctonas senón que se impediría que crecese nada nas nosas rías acabando co
modelo de explotación actual.
O deputado do PP por outra banda afirmou ata en catro ocasións que “o
Goberno galego non aprobará unha lei de acuicultura sen ter o respaldo do
sector” acusando á oposición dunha “hipocrisía política sen precedentes”. O
deputado de AGE recomendou ao PP que “non tomen por parvo ao sector” e animou
ao PP a votar a favor da iniciativa de AGE na que se pedía a retirada do
anteproxecto se como en realidade din consideran o mesmo paralización que
retirada como defendeu José Manuel Balseiro na comisión. “En realidade a súa
estratexia pasa por facer tempo para gañar, todos sabemos cómo, a unha parte do
sector do mar e poder dicir que contan co consenso necesario para sacar adiante
esta norma” denunciou Fajardo. Así mesmo, salientou a publicación o pasado
venres no Diario Oficial de Galicia dunha partida económica de 900.000 euros para
publicidade e propaganda do sector do mar galego, algo que semella cando menos
sorprendente tras o anuncio de paralización da norma o mércores de Núñez Feijóo
na sesión de control e a repentina intención da Xunta de convencer ao sector de
que o que se lles propón é polo seu ben.
O voceiro de pesca do PP insistiu en que “o
anuncio de paralización do presidente supón que se puxo fin a este proceso
administrativo” e asegurou que “é un feito obxectivo que isto non sigue
adiante”. Pese a isto, o grupo parlamentar votou en contra da iniciativa de AGE
na que se pedía a retirada de forma inmediata deste anteproxecto e elaborar un
proceso de diálogo con todos os sectores do mar de Galicia para establecer as
bases nas que se debe fundamentar un novo anteproxecto de lei de acuicultura
para o noso país. Ante a actitude dos populares, o deputado de AGE reiterou a
súa acusación ao PP por “dicir unha cousa e votar outra” coa única intención de
gañar tempo.
ALTERNATIVA GALEGA DE ESQUERDA
Gabinete
de comunicación do grupo parlamentario
Tania
Porta e Daniel Salgado
606 675 524 / 619007734
tania.porta@parlamentodegalicia.es
daniel.salgado.garcia@parlamentodegalicia.es
twitter.com/alternativagz
http://www.youtube.com/user/HaiAlternativa?feature=mhee
No hay comentarios:
Publicar un comentario