INICIATIVAS
PRESENTADAS POLA “ACDC” AO PLENO ORDINARIO DO MES DE FEBREIRO
MOCION DO GRUPO MUNICIPAL DA ACdC:
"SEN IGUALDADE NON
HAI DEMOCRACIA"
EXPOSICIÓN
DE MOTIVOS:
A
desigualdade é a realidade que rodea a vida das mulleres, en todas as partes do
mundo. Diferentes son os graos, ou a forma na que se mostra esa desigualdade.
Pero en todas e cada unha das sociedades, culturas e relixións, as mulleres
seguen estando nunha posición subordinada; as mulleres seguen sendo cidadás de
segunda.
É
indubidable que nas últimas décadas progresouse (nuns lugares máis que
noutros), pero iso non pode conformarnos como sociedade, como administracións,
como responsables institucionais. Debemos traballar para conseguir que Cambre
sexa un espazo exento de discriminación e desigualdades.
Debemos
desenvolver políticas públicas dirixidas á sensibilización cidadá, ás medidas
sociais e laborais que sitúe ás mulleres en situación de igualdade, para poder
facer realidade que as mulleres sexan, tamén, cidadáns con plenos
dereitos.
Facemos un
recoñecemento expreso á loita histórica do movemento de mulleres e recoñecemos
o feminismo como ferramenta irremplazable para conseguir elementos definitivos
e consolidables de igualdade para todas e todos.
Casos
concretos por desgraza sufrímolos cada día. Como exemplo sirva a denuncia que a
a Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto ven de facer público. Existe un
incumprimento dos mínimos esixidos na atención ás mulleres cun aborto no
segundo trimestre da xestación. O colectivo denuncia que tras a indución do
parto, as mulleres vense obrigadas a parir ao seu fillo ou filla morta sen a
debida asistencia especializada e a miúdo no propio cuarto onde se atopan
hospitalizadas. Esta situación de por si cidadás de segunda.
É indubidable
que nas últimas décadas progresouse (nuns lugares máis que noutros), pero iso
non pode conformarnos como sociedade, como administracións, como responsables
institucionais. Debemos traballar para conseguir que Cambre sexa un espazo
exento de discriminación e desigualdades.
Debemos
desenvolver políticas públicas dirixidas á sensibilización cidadá, ás medidas
sociais e laborais que sitúe ás mulleres en situación de igualdade, para poder
facer realidade que as mulleres sexan, tamén, cidadáns con plenos
dereitos.
Facemos un
recoñecemento expreso á loita histórica do movemento de mulleres e recoñecemos
o feminismo como ferramenta irremplazable para conseguir elementos definitivos
e consolidables de igualdade para todas e todos.
Casos
concretos por desgraza sufrímolos cada día. Como exemplo sirva a denuncia que a
a Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto ven de facer público. Existe un
incumprimento dos mínimos esixidos na atención ás mulleres cun aborto no
segundo trimestre da xestación. O colectivo denuncia que tras a indución do
parto, as mulleres vense obrigadas a parir ao seu fillo ou filla morta sen a
debida asistencia especializada e a miúdo no propio cuarto onde se atopan
hospitalizadas. Esta situación de por si inadmisible e moi dolorosa no
psicolóxico, vese acompañada pola ausencia de anestesia que acompañe o proceso
de parto. Unha situación incomprensible, canto máis se a isto lle sumamos que a
denuncia feita pública traslada que en troques de prestar esta atención tense
mesmo ofertado o desprazamento fora da nosa Comunidade Autónoma para poder
recibila.
A realidade
denunciada é arrepiante: mulleres que perderon á súa filla ou fillo obrigadas a
parilo morto, en soidade e soportando dores. Queda de manifesto, por tanto,
unha forma mais de violencia contra as mulleres.
Por iso,
desde esta Corporación Municipal,
comprometémonos coas seguintes medidas:
PRIMEIRA: Constitución da Concellería de
Igualdade, Muller e Familia con competencias e orzamento adecuado, dende onde
se deben coordinar as políticas transversais para a igualdade entre mulleres e
homes.
SEGUNDA: Aprobar uns orzamentos específicos
para programas de igualdade de xénero. Partindo do compromiso de aumento anual
do orzamento para políticas de igualdade de xénero, coa obriga de alcanzar polo
menos un 5% nos próximos 4 anos.
TERCEIRA: Constitución do Consello Sectorial
da Muller, con incidencia real nas políticas institucionais que afecten de
maneira especial ou específica á vida das mulleres.
E desde esta
Corporación Municipal, elevamos ao Goberno Central e Autonómico, según corresponda, as propostas seguintes:
PRIMEIRA: Despenalización total no Código
Penal da Interrupción Voluntaria do Embarazo, partindo do recoñecemento do
dereito á IVE baseado na libre decisión da muller e que garanta a súa práctica
nas 14 primeiras semanas na Sanidade Pública. Ademais esta cobertura, na
Sanidade Pública, debe estar garantida en calquera momento da xestación se
supón un perigo para a vida das mulleres. Garantir o Dereito ao aborto das mozas
de 16 a 18 anos.
SEGUNDA: Pacto de Estado contra a Violencia
de Xénero, que debe pasar por unha modificación da Lei Orgánica de Medidas de
Protección Integral contra a Violencia de xénero, para dotala dun carácter
verdadeiramente integral, onde se recollan todos os tipos de violencia de
xénero, se desenvolvan as medidas de prevención e sensibilización social, se
recollan unha rede de recursos reais e efectivos e se responsabililice e
estruture as competencias e responsabilidades das diferentes administracións
públicas.
TERCEIRA: Políticas activas contra a
explotación sexual das mulleres e pola abolición da prostitución.
CUARTA: Facerlle un requerimento de
información á Xunta de Galicia a través da súa Secretaria Xeral de Igualdade,
sobre a vulneración de dereitos das mulleres que se están a producir naquelas
que se someten a unha interrupción voluntaria do embarazo na área área
sanitaria da Coruña. En relación a este punto trasladarase a información
requerida e recabada, á Plataforma Galega polo Dereito ó Aborto
ROGOS:
1º.- Existen no concello moitos pasos de
peóns que debido o desgaste da pintura, carencia de iluminación ou obstáculos
nas súas proximidades, crea confusión e
risco de perigro as persoas, e decir, non existe un mantemento regular e
preventivo.
A rúa
Constitución é un dos viais de mais
tránsito e circulación do concello. Na súa confluencia coa praza Manuel
Murguia, un dos pasos de peóns atopase parcialmente fundido e os adoquins
soltos.
PREGAMOS que
con carácter urxente procedan á súa reparación, e tomen as medidas preventivas para evitar
accidentes. Do mesmo xeito solicitamos se proceda o repintado de todos aqueles
pasos de peóns que teñan a pintura deteriorada.
2º.- En días pasados publicouse en prensa a intención do Goberno
Municipal de suprimir parques infantís como aposta pola calidade destes espazos
en lugar de pola cantidade. A intención, según se publica, é elaborar un
informe para ver cales dos parques existentes se suprimen e ir afrontando pouco
a pouco as obras en función da dispoñibilidade orzamentaria. Dende a ACdC
concordamos con que ter moitos parques infantís en mal estado significa
exactamente o mesmo que non telos. Ós pais e nais non se nos ocorre utilizar un
parque con elementos soltos, astillados, desprendidos ou directamente
inexistentes.
Xa hai 5
meses, dende a ACdC, prantexamos diversas anomalías e carencias nalgúns parques
concretos así como necesidade de facer un estudo do conxunto de todos os
parques. O entonces concelleiro delegado informou no mesmo sentido: Necesidade
dun estudo e eliminación dalgún parque infantil e compromiso de solucionar de
xeito inmediato ditas deficiencias puntuais por nos prantexadas.
Pasados
cinco meses todo sigue igual, non se cumpriu o compromiso adquirido e cabe
mencionar que algunha das actuacións solicitadas son de carácter menor e de
escasa dotación económica, como pode ser o caso dun recheo de terra nos bambans
da Casa das Palmeiras
A lectura
que podemos sacar desta exposición é que a vontade do goberno non é mellorar a
calidade de vida e xogo dos nosos nenos, senón facer unha exposición pública
dun proxecto que nin existe nin se concreta para finalmente deixar os parques
existentes exactamente na mesma situación que se atopan.
PREGAMOS: Nos informen mais concretamente do
plan de eliminación de parques e dos motivos existentes para non ter realizado
as reparacións comprometidas.
3º.- Nunha recente visita dunha
concelleira do Goberno á parroquia de Cela, ésta manifestou a varios veciñ@s
presentes que os Grupos da oposición non presentabamos propostas para a mellora
da parroquia, e que en ocasións poñemos impedimentos para que o propio Goberno
leve a cabo iniciativas. En relación a
esta información prestada polos propios veciños ó Grupo da “ACdC”
PREGAMOS: Que por considerar radicalmente
falsas estas declaracións, se nos informe pormenorizadamente das actuacións que
o actual Goberno non pudo levar a cabo na parroquia de Cela, en beneficio dos
seus veciños, pola obstaculización do noso Grupo de xeito individual ou
asimilado a outros
PREGUNTAS:
1.- No pleno de Xullo do 2015, ante a pregunta de qué
medidas tiña pensado aplicar o goberno para subsanar as deficiencias nos
accesos aos distintos centros socioculturais do Concello, o concelleiro
responsable, respondeu que "non tiñan medidas propostas, pero que as
medidas son claras, inspeccionar, avaliar e actuar. En canto ao tempo, en
inspeccionar e avaliar, pouco, un ou dous meses. En actuar depende do
orzamento, xa o verán, pero en fin, el entende que son medidas que deberían
entrar dentro dun orzamento normalizado. "
Conclúe dicindo que agradece que os puxeramos sobre aviso.
Ante a
gravidade que ten esta situación, que non é outra que o feito de que os propios
veciños non poidan usar as suas instalacións de forma autónoma, o noso grupo
PREGUNTA
¿Ata cando van a seguir agardando os
veciños para ver solucionado un problema que segun o goberno dependía dunha
toma de medidas claras: inspeccionar, avaliar e actuar.?
2.- Veciños da Pena da Nosa Señora e Estorrentada,
manifestaron ó noso Grupo o perigo que supón a carencia de unha sinal de “STOP”
na urbanización Eira de Arriba na confluencia con Viña Grande.
PREGUNTAMOS ó Goberno si prevé tomar as medidas
necesarias para para correxir a situación.
3.- Co fin de dotar dunha maior seguridade as persoas que
acuden as instalación do campo de futbol “Dani Mallo”, e facilitar o seu acceso
as gradas nas mellores condicións de seguridade.
-PREGUNTAMOS ó concello sobre a
posibilidade de que se leven a cabo (previo informe técnico) as accións
necesarias para prever riscos de caídas e mellorar a accesibilidade, instalando
barandillas ou pasamans de acordo coa normativa vixente para este tipo de
instalacións.
Asdo.- Olga Santos. Voceira do Grupo
No hay comentarios:
Publicar un comentario