ESQUERDA UNIDA SÚMASE ÁS
CONCENTRACIÓNS EN DEFENSA DOS DDHH DAS PERSOAS REFUXIADAS E REITERA A SÚA FIRME
OPOSICIÓN AO ACORDO DA UE-TURQUÍA
Compostela, 15 de marzo de
2016. Esquerda Unida súmase, xunto a outros partidos políticos
e organizacións sociais e sindicais, ás concentracións en rexeitamento do
acordo entre a Unión Europea e Turquía sobre os refuxiados que terán lugar mañá
mércores 16 de marzo por toda Galicia.
O preacordo asinado basease en que a
Unión Europea pagará uns 6.000 millóns de euros até 2018 para que as persoas
refuxiadas sexan devoltas a Turquía e aloxadas en campamentos, no lugar de
asumir a responsabilidade de levar adiante medidas que resolvan a súa dramática
situación e que pasen por unha reubicación permanente que garanta o seu
asentamento en condicións de seguridade.
Este acto vergoñento xa foi denunciado
en diferentes ocasións dende Esquerda Unida e vulnera a Carta de Dereitos
Humanos, a Carta de Dereitos Fundamentais da UE e a Convención do Estatuto do
Refuxiado. Deste modo, dende diferentes partidos políticos e organizacións
sociais e sindicais instamos ao Goberno español a non apoiar devandito
acordo e a esixir medidas urxentes ante esta crise humanitaria.
CONCENTRACIÓNS:
— A Coruña: ás 20 h diante
do Obelisco.
— Ferrol: ás 20 h diante do
edificio da Xunta (praza de España).
— Santiago de Compostela:
20h. na praza do Toural.
— Burela: ás 20 h diante do
Concello.
— Lugo: ás 20 h diante da
Subdelegación do Goberno.
— Ourense: ás 19:30 h diante
da Subdelegación do Goberno.
— Vilagarcía de Arousa: ás
20 h na praza de Galicia.
— Vigo: ás 20 h diante do
Museo de Arte Contemporánea (MARCO).
MANIFESTACIÓN:
— Pontevedra: ás 20 h desde
a praza da Peregrina ata a Subdelegación do Goberno.
No hay comentarios:
Publicar un comentario