martes, 1 de marzo de 2016

INICIATIVAS PRESENTADAS POLA “ACDC” AO PLENO ORDINARIO DO MES DE FEBREIRO

MOCION DO GRUPO MUNICIPAL DA ACdC: "SEN IGUALDADE NON
HAI DEMOCRACIA"

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:
           
A desigualdade é a realidade que rodea a vida das mulleres, en todas as partes do mundo. Diferentes son os graos, ou a forma na que se mostra esa desigualdade. Pero en todas e cada unha das sociedades, culturas e relixións, as mulleres seguen estando nunha posición subordinada; as mulleres seguen sendo cidadás de segunda.
          
  É indubidable que nas últimas décadas progresouse (nuns lugares máis que noutros), pero iso non pode conformarnos como sociedade, como administracións, como responsables institucionais. Debemos traballar para conseguir que Cambre sexa un espazo exento de discriminación e desigualdades. 
           
Debemos desenvolver políticas públicas dirixidas á sensibilización cidadá, ás medidas sociais e laborais que sitúe ás mulleres en situación de igualdade, para poder facer realidade que as mulleres sexan, tamén, cidadáns con plenos dereitos. 
            
Facemos un recoñecemento expreso á loita histórica do movemento de mulleres e recoñecemos o feminismo como ferramenta irremplazable para conseguir elementos definitivos e consolidables de igualdade para todas e todos.
            
Casos concretos por desgraza sufrímolos cada día. Como exemplo sirva a denuncia que a a Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto ven de facer público. Existe un incumprimento dos mínimos esixidos na atención ás mulleres cun aborto no segundo trimestre da xestación. O colectivo denuncia que tras a indución do parto, as mulleres vense obrigadas a parir ao seu fillo ou filla morta sen a debida asistencia especializada e a miúdo no propio cuarto onde se atopan hospitalizadas. Esta situación de por si cidadás de segunda.
           
É indubidable que nas últimas décadas progresouse (nuns lugares máis que noutros), pero iso non pode conformarnos como sociedade, como administracións, como responsables institucionais. Debemos traballar para conseguir que Cambre sexa un espazo exento de discriminación e desigualdades. 
            
Debemos desenvolver políticas públicas dirixidas á sensibilización cidadá, ás medidas sociais e laborais que sitúe ás mulleres en situación de igualdade, para poder facer realidade que as mulleres sexan, tamén, cidadáns con plenos dereitos. 
           
Facemos un recoñecemento expreso á loita histórica do movemento de mulleres e recoñecemos o feminismo como ferramenta irremplazable para conseguir elementos definitivos e consolidables de igualdade para todas e todos.
           
Casos concretos por desgraza sufrímolos cada día. Como exemplo sirva a denuncia que a a Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto ven de facer público. Existe un incumprimento dos mínimos esixidos na atención ás mulleres cun aborto no segundo trimestre da xestación. O colectivo denuncia que tras a indución do parto, as mulleres vense obrigadas a parir ao seu fillo ou filla morta sen a debida asistencia especializada e a miúdo no propio cuarto onde se atopan hospitalizadas. Esta situación de por si inadmisible e moi dolorosa no psicolóxico, vese acompañada pola ausencia de anestesia que acompañe o proceso de parto. Unha situación incomprensible, canto máis se a isto lle sumamos que a denuncia feita pública traslada que en troques de prestar esta atención tense mesmo ofertado o desprazamento fora da nosa Comunidade Autónoma para poder recibila. 
             
A realidade denunciada é arrepiante: mulleres que perderon á súa filla ou fillo obrigadas a parilo morto, en soidade e soportando dores. Queda de manifesto, por tanto, unha forma mais de violencia contra as mulleres.
Por iso, desde esta Corporación Municipal,  comprometémonos coas seguintes medidas:

PRIMEIRA: Constitución da Concellería de Igualdade, Muller e Familia con competencias e orzamento adecuado, dende onde se deben coordinar as políticas transversais para a igualdade entre mulleres e homes.

SEGUNDA: Aprobar uns orzamentos específicos para programas de igualdade de xénero. Partindo do compromiso de aumento anual do orzamento para políticas de igualdade de xénero, coa obriga de alcanzar polo menos un 5% nos próximos 4 anos.

TERCEIRA: Constitución do Consello Sectorial da Muller, con incidencia real nas políticas institucionais que afecten de maneira especial ou específica á vida das mulleres.
E desde esta Corporación Municipal, elevamos ao Goberno Central e Autonómico, según corresponda, as propostas seguintes:

PRIMEIRA: Despenalización total no Código Penal da Interrupción Voluntaria do Embarazo, partindo do recoñecemento do dereito á IVE baseado na libre decisión da muller e que garanta a súa práctica nas 14 primeiras semanas na Sanidade Pública. Ademais esta cobertura, na Sanidade Pública, debe estar garantida en calquera momento da xestación se supón un perigo para a vida das mulleres. Garantir o Dereito ao aborto das mozas de 16 a 18 anos. 

SEGUNDA: Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, que debe pasar por unha modificación da Lei Orgánica de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de xénero, para dotala dun carácter verdadeiramente integral, onde se recollan todos os tipos de violencia de xénero, se desenvolvan as medidas de prevención e sensibilización social, se recollan unha rede de recursos reais e efectivos e se responsabililice e estruture as competencias e responsabilidades das diferentes administracións públicas. 
TERCEIRA: Políticas activas contra a explotación sexual das mulleres e pola abolición da prostitución. 

CUARTA: Facerlle un requerimento de información á Xunta de Galicia a través da súa Secretaria Xeral de Igualdade, sobre a vulneración de dereitos das mulleres que se están a producir naquelas que se someten a unha interrupción voluntaria do embarazo na área área sanitaria da Coruña. En relación a este punto trasladarase a información requerida e recabada, á Plataforma Galega polo Dereito ó Aborto
             
ROGOS:

1º.- Existen no concello moitos pasos de peóns que debido o desgaste da pintura, carencia de iluminación ou obstáculos nas súas proximidades,   crea confusión e risco de perigro as persoas, e decir, non existe un mantemento regular e preventivo. 
            
A rúa Constitución é un dos viais de  mais tránsito e circulación do concello. Na súa confluencia coa praza Manuel Murguia, un dos pasos de peóns atopase parcialmente fundido e os adoquins soltos.
PREGAMOS que con carácter urxente procedan á súa reparación, e  tomen as medidas preventivas para evitar accidentes. Do mesmo xeito solicitamos se proceda o repintado de todos aqueles pasos de peóns que teñan a pintura deteriorada.

2º.- En días pasados publicouse en prensa a intención do Goberno Municipal de suprimir parques infantís como aposta pola calidade destes espazos en lugar de pola cantidade. A intención, según se publica, é elaborar un informe para ver cales dos parques existentes se suprimen e ir afrontando pouco a pouco as obras en función da dispoñibilidade orzamentaria. Dende a ACdC concordamos con que ter moitos parques infantís en mal estado significa exactamente o mesmo que non telos. Ós pais e nais non se nos ocorre utilizar un parque con elementos soltos, astillados, desprendidos ou directamente inexistentes.
            
Xa hai 5 meses, dende a ACdC, prantexamos diversas anomalías e carencias nalgúns parques concretos así como necesidade de facer un estudo do conxunto de todos os parques. O entonces concelleiro delegado informou no mesmo sentido: Necesidade dun estudo e eliminación dalgún parque infantil e compromiso de solucionar de xeito inmediato ditas deficiencias puntuais por nos prantexadas.
             
Pasados cinco meses todo sigue igual, non se cumpriu o compromiso adquirido e cabe mencionar que algunha das actuacións solicitadas son de carácter menor e de escasa dotación económica, como pode ser o caso dun recheo de terra nos bambans da Casa das Palmeiras
            
A lectura que podemos sacar desta exposición é que a vontade do goberno non é mellorar a calidade de vida e xogo dos nosos nenos, senón facer unha exposición pública dun proxecto que nin existe nin se concreta para finalmente deixar os parques existentes exactamente na mesma situación que se atopan.
PREGAMOS: Nos informen mais concretamente do plan de eliminación de parques e dos motivos existentes para non ter realizado as reparacións comprometidas.
inexistentes.
            
3º.- Nunha recente visita dunha concelleira do Goberno á parroquia de Cela, ésta manifestou a varios veciñ@s presentes que os Grupos da oposición non presentabamos propostas para a mellora da parroquia, e que en ocasións poñemos impedimentos para que o propio Goberno leve a cabo iniciativas.  En relación a esta información prestada polos propios veciños ó Grupo da “ACdC” 
PREGAMOS: Que por considerar radicalmente falsas estas declaracións, se nos informe pormenorizadamente das actuacións que o actual Goberno non pudo levar a cabo na parroquia de Cela, en beneficio dos seus veciños, pola obstaculización do noso Grupo de xeito individual ou asimilado a outros

PREGUNTAS:

1.- No pleno de Xullo do 2015, ante a pregunta de qué medidas tiña pensado aplicar o goberno para subsanar as deficiencias nos accesos aos distintos centros socioculturais do Concello, o concelleiro responsable, respondeu que "non tiñan medidas propostas, pero que as medidas son claras, inspeccionar, avaliar e actuar. En canto ao tempo, en inspeccionar e avaliar, pouco, un ou dous meses. En actuar depende do orzamento, xa o verán, pero en fin, el entende que son medidas que deberían entrar dentro dun orzamento normalizado. "  Conclúe dicindo que agradece que os puxeramos sobre aviso. 
Ante a gravidade que ten esta situación, que non é outra que o feito de que os propios veciños non poidan usar as suas instalacións de forma autónoma, o noso grupo PREGUNTA
¿Ata cando van a seguir agardando os veciños para ver solucionado un problema que segun o goberno dependía dunha toma de medidas claras: inspeccionar, avaliar e actuar.?

2.- Veciños da Pena da Nosa Señora e Estorrentada, manifestaron ó noso Grupo o perigo que supón a carencia de unha sinal de “STOP” na urbanización Eira de Arriba na confluencia con Viña Grande.
PREGUNTAMOS ó Goberno si prevé tomar as medidas necesarias para para correxir a situación.

3.- Co fin de dotar dunha maior seguridade as persoas que acuden as instalación do campo de futbol “Dani Mallo”, e facilitar o seu acceso as gradas nas mellores condicións de seguridade.  
-PREGUNTAMOS ó concello sobre a posibilidade de que se leven a cabo (previo informe técnico) as accións necesarias para prever riscos de caídas e mellorar a accesibilidade, instalando barandillas ou pasamans de acordo coa normativa vixente para este tipo de instalacións.

Asdo.- Olga Santos. Voceira do Grupo

No hay comentarios: