O mércores descubrirase unha foto-escultura na praia de Santa Cristina para apoiar ás persoas refuxiadas
Oleiros, 26 de marzo de 2016-. O vindeiro mércores día 30, ás 19:30 horas, celebrarase un acto público na praia de Santa Cristina –á altura do local social do Club de Regatas Perillo- para descubrir unha foto-escultura coa que o Concello de Oleiros amosará o seu apoio ás persoas refuxiadas e denunciará as políticas europeas de non asilo. “Á deriva”, que é o nome da obra, ilustrará as penurias ás que se enfrontan as persoas refuxiadas na fuxida dos seus países.
Ademais de Gabriel Tizón, fotógrafo creador da foto-escultura “Á deriva”, e do alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, tamén intervirá o refuxiado sirio Kamal Aldalati. Este home narrará en primeira persoa as extremas dificultades e as calamidades polas que teñen que pasar todos aqueles que se ven obrigados a abandonar os seus países debido aos conflitos armados existentes.
O Goberno municipal pretende concienciar á sociedade e apoiar, unha vez máis, a todas as persoas que como Kamal Aldalati teñen que escapar da súa casa debido ás guerras que existen nos seus territorios. Os gobernos occidentais crearon todos eses conflitos para obter materias primas a baixo custe e reflotar as súas economías en crise e provocaron miles de mortes e situacións indignas polas que non merece pasar ningún ser humano, como as que vemos estes días en lugares como Idomeni.

No hay comentarios:
Publicar un comentario