FESTA EN CONMEMORACIÓN DO LXXXV ANIVERSARIO DA II REPUBLICA
O próximo sábado dia 16, EU de Cambre, como ven sendo habitual nos últimos anos, celebrará a “IX Festa Republicana” co obxectivo de celebrar o 85 aniversario da proclamación da II República, o acto terá lugar no local social da S.D.C.R do Sporting Cambre en Quintán (Cambre) a partir das 13:30 horas.
Será unha festa pública e aberta a toda a cidadanía, na que compartiremos todas xuntas unha comida de confraternidade. No transcurso do acto, darase lectura a un manifesto de compromiso cos valores cívicos da II República, recordando o papel das demócratas, do movemento obreiro e da esquerda na súa loita pola recuperación da memoria histórica. Ademais, contaremos coa presenza da deputada de AGE e secretaria do PCG, Eva Solla. Dende EU Cambre entendemos que a República non só é memoria do pasado si non tamén, proxecto de futuro.
Como en edicións anteriores, serán sorteados libros e bandeiras Republicanas entre os asistentes.

Asdo: Consello Político Local de EU de Cambre
No hay comentarios:
Publicar un comentario