miércoles, 27 de abril de 2016




INICIATIVAS PRESENTADAS POLA "ACDC" AO PLENO ORDINARIO DE ABRIL
MOCIÓN PARA A LAICIDADE DO CONCELLO DE CAMBRE
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
Aténdonos ó que establece a actual Constitución española, "ningunha confesión terá carácter estatal", o Concello de Cambre ten como obxectivo democrático fomentar a liberdade de conciencia e a independencia desta institución do Estado de calquera confesión relixiosa ou ideoloxía particular, por respecto á pluralidade ideolóxica, de conviccións e crenzas do conxunto da cidadanía deste municipio.
Para dar cumplimento ó establecido na Constitución Española o Grupo Municipal a ACdC presenta ó pleno da corporación a adopción dos seguintes:
ACORDOS
1.-        Os regulamentos municipais de honores e protocolos e dos seus entes públicos adecuaranse á "non confesionalidade do Estado", principio que ampara o artigo 16.3 da actual Constitución. 
2.-        Nos espazos de titularidade pública que dependan deste Concello non existirá simboloxía relixiosa, salvo aquela que signifique un ben patrimonial e histórico especialmente contrastado.  
3.-        Igualmente non se promoverán, por parte deste concello, ritos nin celebracións relixiosas de ningún tipo, sendo todos os actos organizados polo Concello exclusivamente de carácter civil. 
4.-        Os membros da corporación local e o persoal a servizo da administración municipal non mostrarán, no exercizo do seu cargo ou das súas funcións, ningún xesto de sumisión ou veneración de persoas ou imaxes relixiosas, nin participarán en función do seu cargo en ditas manifestacións relixiosas.
5.-        Este Concello e a súa corporación, non se encomendarán a santoral, imaxes ou rituais relixiosos.
6.-        Non se donará, nin se facilitará solo público, nin locales, nin se concederá financiación pública ou exencions fiscais municipais para a instalación de infraestructuras ou realización de actividades a ningunha confesión o institución relixiosa. 
7.-        Elaborarase un censo, que se fará público, dos locais, vivendas ou espazos rústicos que estean exentos do pago do IBI neste termo municipal.  
Ó mesmo tempo o Concello de Cambre pronunciase a favor de que sexan modificadas as Leis e Acordos estatais pertinentes, para que todas as entidades relixiosas ou de otra natureza ideolóxica non teñan exencións de impostos municipais, incluído o IBI, que se deriven da súa actividade, sexa de carácter relixioso ou mercantil.
8.-        O Concello de Cambre adhírese ó proceso de constición dunha REDE DE CONCELLOS POR UN ESTADO LAICO que en vindeiras datas celebrará a súa primeira asamblea constituinte, para o que enviarase o presente acordo ó mail: info@redmunicipioslaicos.org  onde estase a coordinar, inicialmente a dita REDE ata a súa constitución definitiva.

 9.-        Do presente acordo darase traslado á PRESIDENCIA DO CONGRESO DOS DEPUTADOS, para o seu coñecemento e para que o faga seguir ós diferentes grupos parlamentarios da Cámara, que xa se ven de pronunciar a favor de que sexan modificadas as Leis e Acordos de carácter estatal pertinentes, para que todas as entidades relixiosas ou de outra natureza ideolóxica non disfrute de exencións de impostos municipais, incluído o de Bens Inmobles (IBI).
                                                     
ROGOS: 
1º.- Veciños da zona do Temple denunciaron ante o noso Grupo Municipal, as deficiencias no  sistema de protección mediante barandillas na rúa Constitución, que fan que queden ó descuberto espazos que supoñen perigro de caídas polo desnivel existente. As mencionadas barandas de protección non cumpren, ó noso xuizo, as funcións de seguridade pertinentes, poñendo en risco a integridade física das persoas que diariamente circulan polo lugar, sendo esta unha rúa das mais transitadas do Concello que, ademais se atopa nas proximidades dunha Gardería infantil.
PREGAMOS que con urxencia se proceda a tomar as medidas técnicamente necesarias para correxir a situación e garantir a seguridade das personas.

2º.- A pesar das múltiples iniciativas presentadas pola existencia de vertedoiros de lixo, unha vez mais temos que denunciar que, nas inmediacións da zona de Socampo, próximo  o paso a nivel, estanse a detectar lugares nos que se acumulan refugallos e lixo que xa comezan a conformarse coma vertedoiros ilegais.

Este é un problema extendido, tamén, a outros lugares do noso concello onde é mais fácil burlar o control e vixilancia. Estes feitos, non só supoñen un problema de salubridade senón tamén ecolóxico, que repercute negativamente no medioambiente, na saúde das persoas e no propio deterioro do contorno natural.
Por estes motivos PREGAMOS  se realicen as actuacións  necesarias e procedan á eliminación dos materiais depositados en espazos públicos e aplicando tamén a Ordenanza vixente para este fin, nos lugares privados. 
3º.- Nas inmediacións da "Curva da Casilla" en Cela, un poste de suxección de liñas telefónicas está cuberto de abundante vexetación, algo que supón un evidente risco e que fai necesario se extremen as medidas de seguridade e prevención ante a posible caída, que chegado o caso, podería ocasionar  danos de consideración tanto para as persoas como a bens materiais. 
En base ó anteriormente exposto PREGAMOS se realicen as xestións oportunas ante quen proceda co fin de correxir  a actual situación.
PREGUNTAS:

1.- Xa non é aprimeira vez que se eleva ó Pleno o problema existente  no camiño público que transcorre dende a estrada DP-1704, denominado na ficha do inventario de bens do Concello como "Graduil-Graduil" co número 182, onde existe  un muro de mampostería na súa marxe dereita que presenta deficiencias no seu estado de conservación, provocando en moitos caso o desprendemento de pedras que invaden o viario  co conseguinte perigo para a circulación.
Polo exposto, PREGUNTAMOS ó Goberno si existe algún proxecto  para resolver o problema que dende hai anos ven sendo unha  demanda veciñal.
2.- En anos anteriores, ó comezo  do verán  os camiños do concello presentaban un estado lamentable de cuidado,  resultando perigoso para a circulación rodada e peonil, motivado a abundante maleza que os invade, influindo na visibilidade, incrementando o perigro de accidentes, e tamén o risco de incendios.  ¿Qué actuacións ten previstas o Goberno Local respecto a contratación para o  acondicionamento destas infraestructuras de titularidade municipal?
3.- Dando por feito que os traballadores municipais xa teñen pasado o curso de PRL que ten que facilitar o Concello, como ente contratante segundo os artigos 18 e 19 da ley de PRL de 8 de Novembro, dende o noso Grupo,
PREGUNTAMOS:
¿Que outros cursos formativos específicos de posto ou de reciclaxe se estan a ofertar aos traballadores tal e como di o artigo 4, apartado 2 epigrafe b) do Estatuto dos traballadores e queda reflectido na ley 7/2007 de 12 de Abril no Estatuto Basico do Empregado Publico, artigo 14, epigrafe g)?  

Asdo: Olga Santos López. Voceira do Grupo

No hay comentarios: