Grupo Político Municipal . Praza de
Europa, 7 www.asembleacambre.es
ACdC DESMINTE AS DIFAMACIÓNS DO ALCALDE CO DOCUMENTO QUE
ACREDITA QUE PRESENTOU ATA 28 PROPOSTAS PARA INCLUIR NOS ORZAMENTOS 2016.
UXC
MINTE ÓS VECIÑOS CANDO DI QUE NON RECIBIU
NINGUNHAAPORTACIÓN D A OPOSICIÓN
Dende o
grupo municipal da ACdC, queremos manifestar o noso malestar polas constantes
mentiras e difamacións que se transmiten non só de forma individual ás veciñas
e veciños, senón tamén de xeito público a través dos medios de comunicación por
parte do goberno municipal, coa intención de encubrir a súa incompetencia.
Onde o goberno
de UXC-PSOE declara non recibir da oposición ningún tipo de proposta respecto
aos futuros orzamentos, dende o grupo municipal da ACdC, atopámonos en
condicións de demostrar estas falsas acusacións aportando como proba o
documento sellado co cuño do rexistro de entrada de 28 propostas para ser
incluídas nos orzamentos de 2016.
Consecuentemente
cos plazos de presentación e elaboracións dos orzamentos ditas propostas as
rexistramos con data de 10 de Novembro de 2015, co ánimo de non retrasar o
calendario de aprobación dos orzamentos que finalizou o último día de decembro
de 2015.
A incompetencia
do actual Goberno de Cambre, no só leva a presentar os orzamentos con 4 meses
de retraso, senón que pretenden facer corresponsables a grupos da oposición,
cando dende a ACdC nos mostramos en todo momento colaborativos e proactivos,
presentando propostas que enriqueceran o documento final.
Por si esto
fora pouco, dende novembro ata o día de hoxe, non tivemos resposta en ningún
sentido sobre o tratamento que se fixo con estas propostas, ou si se ían a ter
ou non en conta, sendo esta unha nova mostra da falta de diálogo que ten este
goberno coa ACdC.
Adxuntamos a
esta nota de prensa o documento orixinal co selo de rexistro como xustificación
documental da nosa acusación, e requerimos ó Alcalde a que desminta as
difamacións vertidas.
Olga Santos Voceira da ACdC
No hay comentarios:
Publicar un comentario