Apoio de Esquerda Unida ao proceso das Mareas en Común cara ás eleccións galegas
Esquerda Unida celebrou o seu Consello Político Nacional, no que se debatiu e aprobou o documento de apoio de Esquerda Unida aos procesos municipalistas que se están a artellar na nosa comunidade, coa vontade expresa de sumar e contribuir ao seu éxito, entendendo desde o primeiro momento a súa trascendencia.
Esquerda Unida considera que as mareas, e diversas candidaturas municipais que baixo outros formatos forman parte do proceso de unidade popular, constitúen a base primordial para conquistar a Xunta de Galicia nos vindeiros comicios autonómicos de outono.
A nosa organización referenciase nos Principios Básicos de Mareas en Común, que vén de celebrar a súa asemblea constituínte en Ames, un proxecto que como sinalan os seus propios obxectivos, debe medrar e ampliarse a través da participación activa e directa de “todos os axentes e actores da ruptura política, militancias, cargos e representantes institucionais dos partidos, colectivos, movementos, mareas municipais e cidadanía”.
Daquela, dende o Consello Político Comarcal de EU da Coruña-As Mariñas-Bergantiños facemos un chamamento á militancia e simpatizantes de Esquerda Unida na comarca para que participen activamente no proceso en marcha de Mareas en Común, tanto nas vindeiras xuntanzas como asinando os Principios Básicos das Mareas en Común na seguinte ligazón:
Asinar os Principios Básicos das Mareas é imprescindible para poder ter acceso directamente á todas as propostas de traballo e a toda a información do proceso, polo que é moi importante que se faga o máis cedo posible.
No hay comentarios:
Publicar un comentario