lunes, 2 de mayo de 2016


Esquerda Unida de Cambre  consulta as suas bases sobre un acordo electoral con Podemos e outras forzas de cara o 26-J


A consulta, que está convocada a nivel estatal, permitirá os militantes e simpatizantes de EU de Cambre,  a sua participación na votación presencial que se desenrolará este mercores, día 4 de mayo, entre as 17 e 22 horas, na sede da formación, rúa Constitución, 3 (O Graxal).









cabecera1




Arranca o proceso de consulta de Izquierda Unida aos seus militantes e simpatizantes sobre si respaldan unha coalición electoral con Podemos e outras forzas


Dende Esquerda Unida recordamos que hoxe arranca o proceso de consulta posto en marcha por Izquierda Unida Federal para que a nosa militancia e simpatizantes dean a súa opinión sobre a procura dunha confluencia con outras forzas políticas, entre elas, Podemos; un proceso participativo que estará aberto dende hoxe ata o vindeiro mércores 4 de maio.
A dirección federal de IU especifica que o obxectivo da negociación aberta é concretar unha coalición que recoñeza que somos “forzas políticas distintas”, que “garanta a visibilidade de cada forza política na campaña” e “no posterior espazo institucional e político que sexa resultado do proceso electoral e que respecte a propia identidade de cada forza política, que ten os seus propios programas e os seus propios liderados”, expoñen.
Sobre a propia consulta, IU fixo chegar ás súas bases a pregunta que deberán votar:Aprobas unha coalición electoral con Podemos e outras forzas de cara ás eleccións do 26 de xuño? Nos dous primeiros días previstos para a consulta poderase votar “Si”, “Non” ou “Abstención” vía Internet, a través da web de Izquierda Unida, mentres que o último día, o mércores 4 de maio, se reserva para o voto presencial nos lugares que habiliten para iso as distintas federacións que compoñen a organización.



Estimadas compañeiras
Estimados compañeiros

A Presidencia Federal de IU do pasado mércores 27 aprobou que para avanzar nas negociacións cara ao proceso electoral do 26 de xuño, facer unha consulta ás bases sobre o proceso. Para máis información adxuntamos carta remitida dende IU Federal.

A consulta online farase co sistema habitual a través da páxina http://www.izquierda- unida.es/Consulta_26J os días 2 e 3 de maio. Xa está en marcha e é bastante sinxelo votar por esta vía.

A votación presencial será o mércores 4 de maio nas sedes locais de Esquerda Unida en horario de 17:00 a 22:00h como máximo. Sobre este asunto dende as agrupacións locais da Coruña e de Cambre están a organizar a votación presencial, ao ser as unicas localidades da comarca donde EU ten sede.

Na votación presencial poderán votar as persoas afiliadas e simpatizantes a EU na Coruña e en Cambre (rexistradas no censo) que non poidan votar on line. Se votouse on line non poderase votar presencialmente.

Para máis información podedes dirixir as vosas consultas aos seguintes correos electrónicos:
No caso das persoas afiliadas e simpatizantes que non sexan da Coruña nin de Cambre (rexistradas no censo) que non poidan votar on line e que quieran votar presencialmente deberán desprazarse para poder facelo da seguinte maneira (non temos outra posibilidade):
  • persoas afiliadas e simpatizantes de Oleiros e Culleredo: sede de EU no Temple (Cambre), na rúa da Constitución 3, baixo.
  • persoas afiliadas e simpatizantes do resto de localidades da comarca: sede de EU na Coruña, rúa Cardenal Cisneros 60, baixo.
Contando coa vosa colaboración e implicación, recibide un cordial saúdo.
Juan Martínez 

Coordinador comarcal




No hay comentarios: