miércoles, 8 de junio de 2016

Esquerda Unida abre nova sede en Cambre

A Agrupación Local de Esquerda Unida de Cambre inaugura nova sede no Temple.

O xoves 9 de xuño ás 20:30 horas, a Agrupación Local de Esquerda Unida de Cambre vai celebrar a inauguración da nova sede, na que vai participar Yolanda Díaz, coordinadora nacional de Esquerda Unida e candidata ao Congreso por En Marea.
A nova sede de Esquerda Unida en Cambre está situada no Temple, na céntrica rúa Constitución nº3 (baixo), e vai ser un espazo estratéxico da actividade política de Cambre, como da comarca, xa que pola proximidade con Oleiros e Culleredo, esta nova sede vai dar tamén servizo á militancia de EU nestas localidades.
A apertura desta nova sede amosa o bo momento que vive Esquerda Unida en Cambre, tanto na actividade política institucional canalizada polo grupo municipal da Asemblea Cidadá de Cambre, como no activismo social e reivindicativo, como amosouse na recente IX Festa Republicana celebrada en abril, coa presencia de máis dun centenar de persoas.
Esta nova sede en Cambre se suma á sede que Esquerda Unida xa tiña na Coruña, reforzando así a súa actividade política e a súa capacidade de interactuar coa cidadanía mobilizada.



No hay comentarios: