INICIATIVAS DA "ASAMBLEA CIDADÁ DE CABRE" AO PLENO DO 26 DE XUÑO.
MOCIÓNS:
MOCIÓN PARA ESTABLECER UN MODELO DE FESTAS PARTICIPATIVO E TRANSPARENTE
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
A negativa do Goberno de non organizar as festas patronais de Santa Maria en Cambre, está causando na veciñanza un certo rexeitamento e preocupación. O Grupo da “ACDC” adquiriu o compromiso de que o tema en cuestión fora tratado debatido en pleno para darlle a relevancia que merece; onde Goberno e oposición expoñan o seu criterio respecto da organización, ou non das festas e posibles alternativas.
Nos últimos tempos, as festas de Cambre determinabanse nos despachos do concello, sen participación dos que deberían ser os verdadeiros protagonistas, a propia veciñanza, o resultado viña sendo mais do mesmo, “moito orzamento, pouca participación” e menos transpariencia. Sin duda o problema merece un tratamento para reconducir a situación e na medida do posible potenciar as festas de Cambre.
Chama a atención como se pode eliminar un acontecemento que se preserbou durante moitisimos anos e que forma parte da historia do noso concello.
Entende o noso Grupo, que este evento merece como mínimo un tratamento similar ó mesmo que outros acontecementos festexos que se van a celebrar, non podemos esquencer que a festa de agosto en Cambre tamén é “unha tradición popular histórica” con arraigo cultural dende tempos atrás, que de non evitalo pode perderse.
Somos conscientes que a tarefa non é facil, pero o Goberno e o conxunto da Corporación temos a obriga de facilitar os veciñ@s de Cambre o poder intervir dun xeito mais directo, e sobre todo promover mecanismos de participación no marco do “Regulamento de Participación Cidadá”
Somos coñecedores do gran traballo que dende as distintas comisión de festas se realiza para que os veciños poidan disfrutar duns días de festa encontro e diversión, condicionado moitas veces a climatoloxía e otras variables imprevisibles. No tema que nos ocupa, baixo o noso criterio, existe unha responsabilidade por parte do Goberno que non debe eludir, e por tanto debería utilizar os recursos existentes para darlle solución a este tema, no que sen dubida pode contar coa colaboración do noso Grupo.
POR TODO O EXPOSTO O GRUPO MUNICIPAL DA “ACDC” PROPÓN AO PLENO A ADOPCIÓN DOS SEGUINTES ACORDOS:
UNECO.- Nun prazo máximo de tres meses convocarase unha xuntanza de voceiros presidida polo concelleiro de cultura, que teña como punto único a creación do Consello Sectorial de Festexos, contemplado no artigo 27 do R.P.C.
MOCIÓN POLO DIA INTERNACIONAL DO ORGULLO LGTBI
Exposición de motivos:
Nesta loita ocupan un lugar destacado as organizacións LGTBI, protagonistas nos importantes avances que se foron alcanzando ao longo dos anos, pero testemuñas tamén dos retrocesos que actualmente se están dando en materia de dereitos e liberdades da poboación LGTBI: o bullying e o mobbing LGTBIfó- bicos, a exclusión sociolaboral das persoas transexuais, a elevada prevalencia de VIH no grupo de HSH, as medidas legais que levan a algúns países a criminalizar ao colectivo L G T B I, e un longo etcétera. Fronte a estas dramáticas situacións, corresponde ao tecido asociativo LGTBI responder de forma contundente e reclamar todas aquelas medidas que deban adoptarse, en beneficio do respecto á diversidade e a igualdade e a prevención de riscos para a integridade física e moral das persoas L G T B I.
Do mesmo xeito, corresponde aos poderes públicos escoitar ás organizacións LGTBI, recoñecer o encomiable labor social que veñen desenvolvendo, e responder co firme compromiso de adoptar aquelas decisións que correspondan para garantir os dereitos fundamentais das persoas, a prestación de servizos básicos e evitar calquera forma de discriminación por motivo de orientación ou identidade sexual.
A FELGTB (Federación Estatal de Lesbianas, Gais, Transexuais e Bisexuais) dedica este ano temático ás e ós mozos LGTBI, quenes sofren acoso e ciberacoso LGTBIfóbico no ámbito educativo. Este colectivo vive aínda a día de hoxe a súa condición sexual con angustia en moitas ocasións, debido ás actitudes discriminatorias e vexatorias que constantemente se manifestan na nosa sociedade, e apenas conta con referentes positivos doutras persoas LGTBI na súa contorna, posto que son frecuentemente invisibilizadas, en especial as mulleres lesbianas, e de modo particular a poboación LGTBI do ámbito rural.
Todo iso constitúe un motivo de preocupación para o conxunto da sociedade e require dunha reacción urxente dos poderes públicos, a quen corresponde garantir o benestar das e os mozos, adoptando medidas contundentes fronte ao acoso, Moción polo dia internacional do orgullo LGTBI promovendo a diversidade como un valor social e fomentando a participación e o asociacionismo na mocidade.
Por todo iso, elévanse ao pleno os seguintes: ACORDOS
1. Instar ós gobernos central e autonómico á aprobación dunha lexislación específica contra a discriminación por orientación ou identidade sexual, á que constantemente se ven sometidas as persoas LGTBI, que se atopan desamparadas en base á lexislación vixente.
2. Reclamar ao Goberno central unha rectificación en canto á denegación de asilo a persoas que así o solicitaron, despois de acreditar que as súas vidas corrían serio perigo ao ser perseguidas por motivo de orientación ou identidade sexual. Rogar maior sensibilidade institucional fronte a situacións dramáticas que chegan a nós desde outros contextos xeopolíticos nos que, aínda a día de hoxe, queda un longo camiño por percorrer en materia de dereitos humanos.
3. Reclamar ao Goberno autonómico a implementación de plans de atención á saúde do colectivo LGTBI, que permitan ofrecer unha resposta eficaz aos problemas específicos de saúde do colectivo, en especial a prevención de ITGs (Infeccións de Transmisión Xenital) en HSH e a atención á saúde das persoas transexuais.
4. Requirir ao Goberno autonómico, en base ás súas competencias en materia de educación, a introdución da perspectiva de diversidade no currículo acadé- mico, que recolla de forma realista e proporcionada a diversidade afectivo-sexual e familiar existente na Sociedade, o cal contribuiría de forma relevante a unha vivencia máis positiva da sexualidade das e os mozos. Impulsar nos centros educativos do municipio a creación e posta en marcha de Titorías de Atención á Diversidade Afectivo-Sexual.
5. Emprazar ás autoridades educativas a apostar de forma contundente por unha educación pública, mixta, laica e de calidade, que responda as necesidades reais do alumnado, e promova valores de respecto á diversidade e favorables á convivencia. Suprimir os contidos de índole relixioso no ámbito escolar, entendéndose que existen outros espazos destinados a tal fin, respectándose o principio de liberdade de conciencia do conxunto do alumnado.
6. Simbolizar o firme compromiso deste concello coa igualdade e os dereitos do colectivo LGTBI colocando todos os 28 de xuño unha banda na balconada do Concello, asi como mandando mensaxes a traves dos letreiros luminosos de todo o Concello.
Da presente moción darase traslado:
- Ao Goberno central (Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, Ministerio de Educación, Ministerio do Interior).
- Ao Goberno autonómico (Consellerías con competencias en Educación, Sanidade, Servizos Sociais e Emprego).
- Ao movemento asociativo L G T B I da cidade e a comunidade autónoma.
ROGOS:
1.- SEGURIDADE VIAL NA ESTRADA AC.- 220 NO LUGAR DA CASILLA
O paseo fluvial representa para Cambre un eixo vertebrador do seu tempo de lecer, do contacto da xente coa natureza e ademáis dun medio de coñecer polo miudo as curiosidades e detalles das distintas parroquias polas que transcorre.
É deber do Concello, velar porque as administracións responsables cumpran coa legalidade e cos compromisos adquiridos, non só no eido do mantemento dos marxe e no coidado da vexetación, senón tamén no eido da seguridade.
A este respecto, dende o seu comezo, detectáronse varios puntos nos que ,por ter que cruzar por unha ou outra via para continuar o trazado do paseo, ponse en perigo a seguridade das usuarias e usuarios. O caso que traemos hoxe, radica en que o paso para atravesar a estrada AC.-220 no lugar da Casilla, para continuar coa senda, atopase sen visibilidade para os vehículos procedentes de Cambre cara o Mesón Vasco, sen ningún tipo de sinalización que advirta da posibilidade de persoas cruzando a estrada e únicamente coa limitación correspondente polo tipo de via que é.
-Polo exposto PREGAMOS procedan tomar as medidas preventivas necesarias para dar solución a este problema de Seguridade Vial na estrada da AC.-220, no lugar mencionado.
2.- FINCA TENREIRO E PARROQUIA DE CELA
Os veciños e veciñas de Cela, consideran que ser a cuarta parroquia menos poboada do concello non xustifica o esquecemento e abandono a que está sometida polos distintos gobernos do concello a través dos anos. A proba mais evidente e que levan 20 anos reclamando un espazo público para a instalación de infraestructuras socioculturais, para o seu desenvolvemento da vida diaria como como cidadáns en pé de igualdade, é evidente a discriminación existente respecto o resto de veciños de Cambre, por non ter, non teñen nin beirarrúas, ainda que isto último non é carencia en exclusiva de Cela.
Ante esta situación, por propia iniciativa e tendo en conta as demandas veciñais, algún Grupo político ten levado con insistencia os plenos municipais estas necesidades. O resultado foi a aprobación de distintas iniciativas, a mais importante contemplaba a adquisición dunha parcela para instalacións socioculturais e de lecer “aprobada por unanimidade”. Transcurrido mais de un ano, a realidade e ben diferenciada…os veciños e veciñas de Cela seguen sin o terreo e manifestan a súa impotencia ante un Goberno incapaz de dar unha resposta da situación real na actualidade.
O mais grave do asunto son as preguntas, as peticións que as veciñas e veciños da parroquia fan a traves de particulares ou a través da AA.VV legalmente constituida, que non teñen contestación ou inducen a confusións e ao malestar dos afectados, esquecendo “un elemental principio de equidad” que obriga as administración pú- blicas a que equilibrien mínimamente as dotacións de infraestructuras do seu territorio, para evitar as diferencias entre as distintas parroquias
-Polo tanto o noso grupo PREGA ao Goberno manteña unha xuntanza cos representantes dos veciños e veciñas de Cela, co fin de aclarar a situación de confusión respecto dos acordos plenarios adoptados sobre a adquisición da parcela en cuestión, así como das accións que está a realizar o concello sobre as demandas veciñais e garantir que esta parroquia deixe de ser un lugar esquencido e teña os mesmos servizos públicos que o resto do concello.
3.- PASEO FLUVIAL
Varios veciños manifestan ante o noso grupo, as suas queixas polo estado no que se atopa o paseo fluvial debido as ramaxes que invaden os camiños que mesmo impiden a segura práctica deportiva.
Este grupo está xa volvendose repetitivo, no que ao rio se refire, pero visto que todo sigue igual e que as veciñas e veciños do concello continuan a manifestar reiteradas queixas, vémonos na obriga de facer esta demanda.
-Por isto pregamos se proceda a esixir á entidade responsable do mantemento das beiras do rio que proceda ao desbroce e recollida de material vexetal na senda que constitue o paseo fluvial, e se comprometa a cumplir coa limpeza e mantemento de forma regular no futuro.
PREGUNTAS:
1.- Tendo transcorrido mais dun mes do prazo que o goberno concedeu á empresa redactora do PXOM para que se pronunciara con respecto á entrega da documentación do PXOM, e habendo interposto un recurso que previsiblemente sería resolto a principios deste mes, o noso grupo municipal, PREGUNTA:
- ¿Segue a ser IDOM a empresa redactora do PXOM de Cambre, unha vez transcorrido o prazo e presentado o recurso ou nos atopamos ante unha rescisión do contrato que orixine un novo proceso de contratación?
2.- De todas é coñecida a necesidade de ampliación do comedor que existe no colexio Portofaro, incluíndo o propio Conselleiro de Educación, Román Rodríguez, que foi quen de prometer hai 7 meses ós pais e nais do centro a dotación dunha partida orzamentaria para tal fin. Esta situación que os propios pais califican de insostenible leva a que o noso GM formule ó goberno a seguinte
PREGUNTA: ¿Qué xestións e seguimento se ven facendo dende o goberno con respecto a esta promesa, para poder garantir que o vindeiro curso os nenos e nenas do Portofaro poidan disfrutar dignamente do servizo de comedor?
3.- Recentemente publicábase en prensa a intención dalgúns veciños do Concello de Oleiros de "taponar a tubería de entrada ó Concello de Oleiros" para evitar desbordamentos orixinados polas aparentes deficiencias na rede de pluviais de Cambre.
-PREGUNTA: ¿ Qué xestións están realizando coa Xunta de Galicia dende o Concello de Cambre, e por extensión Oleiros, para subsanar as deficiencias de alcantarillado no Espíritu Santo?
Cambre a 23 de Xuño de 2016
Asdo: Olga Santos López Voceira do Grupo Municipal Asemblea Cidadá de Cambre- Son
No hay comentarios:
Publicar un comentario