En Marea suspende a xornada de campaña de hoxe
Os nosos pensamentos están coas vítimas do accidente do Porriño e as súas familias. Máximo apoio para todas elas e para os servizos de emerxencia que traballan na zona.Comunicado de En Marea tras o accidente de tren de Porriño
En Marea traslada a súa solidariedade e apoio as vítimas do
accidente de tren de Porriño, ás súas familias, aos servizos de
emerxencia e médicos.
En Marea tomou a decisión, coordinada co resto dos grupos políticos, de suspender para hoxe todos os actos públicos de campaña en solidariedade coas víctimas do accidente de Porriño. Queremos trasladar a nosa solidariedade e apoio ás vítimas e, ademáis, toda a nosa solidariedade e apoio aos servizos de emerxencia e médicos que están traballando para intentar paliar as consecuencias do accidente. Tamén queremos darlle acougo ás familias que, neste momento, están sufrindo as consecuencias deste fatal accidente.
O candidato á presidencia da Xunta de Galicia, Luís Villares, chamou a alcaldesa de Porriño, Eva García de la Torre, para poñerse a súa disposición no que se precise e trasladouse ao lugar para preocuparse pola evolución das tarefas de emerxencia.

No hay comentarios:
Publicar un comentario