viernes, 21 de octubre de 2016






INICIATIVAS PRESENTADAS POLO GRUPO MUNIOCIPAL DA "ACDC" PARA O PLENO ORDINARIO DO DIA 26 DE OUTUBRO




MOCIÓN  DA “ACDC”  PARA DAR CUMPRIMENTO A ORDENANZA MUNICIPAL DE NORMALIZACIÓN LINGÜISTICA.

Exposición de motivos.

A normalización lingüística é un proceso social participativo que, ou é protagonizado pola propia sociedade que se implica nun proceso de cambio, ou non se consegue, e as administracións públicas teñen a obriga e responsabilidade de apoiar e promover ese proceso, deste xeito a Lei de Normalización Lingüística declara a nosa lingua como oficial e polo tanto as institucións públicas de Galiza son as que teñen que velar polo seu coidado, uso e protección.
Para  a ACDC  a defensa do galego, é e será sempre primordial, buscando así a súa correcta normalización.

A corporación municipal en sesión ordinaria de data 25 de novembro de 2004, aprobou, con carácter inicial, a Ordenanza de normalización lingüística do Concello de Cambre. Logo de resolver as correspondentes alegacións e modificar varios artigos motivo dun Contencioso-Administrativo, a Ordenanza foi aprobada definitivamente o dia 30 de setembro de 2008 e publicada no BOP o dia 24 de xaneiro de 2009. Así  o ártigo 1.1. di o seguinte O  galego, como lingua propia de Galicia, é o idioma oficial do Concello de Cambre.

Para implicar á sociedade nese proceso de cambio, as administracións deberían aplicar políticas lingüísticas activas, dinámicas e integradoras para así implicar no proceso normalizador ás distintas entidades, sectores e colectivos sociais.

Para desenvolver  as súas políticas en calquera ámbito, as administracións públicas dótanse de instrumentos técnicos, por isto  consideramos imprescindíbel a recuperación e dinamización da lingua histórica de Cambre, polo que cremos que o Goberno Municipal debería facer unha reflexión e revisión xeral das políticas lingüísticas desenvolvidas na propia institución e no conxunto do termo municipal.

POR TODO O EXPOSTO O GRUPO MUNICIPAL DA “ACDC” PROPÓN AO PLENO A ADOPCIÓN DOS SEGUINTES ACORDOS:

1.- Que se aplique o artigo  2.4 da Ordenanza aprobada polo  pleno da corporación de data de 30 de setembro de 2008, polo cal se acorda a creación dun Servizo de Normalización Lingüistica (SNL)

2.- Que asimesmo se constituia, segundo o artigo 23 da mesma ordenanza, a comisión interdepartamental de seguimento , a cal estará constituida polo alcalde, a secretaria, o xefe de persoal, persoal do propio SNL, 1 concelleiro de cada grupo e 1 representante da xunta de persoal, dita comisión reunirase como mínimo dúas veces o ano.

3.- Dar conta deste acordo á Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua así coma a todolos organos competentes.



ROGOS:


1º.- Podemos falar de anos, si queremos referirnos ó deterioro progresivo da conocida como Pista de Tenis do Temple. A localización deste lugar é privilexiado na Parroquia, e ademais de ofrecer unha imaxe lamentable do Temple, actualmente ten desconchóns, roturas, losas levantadas, rampa de acceso destrozada, e incluso, situación perigosa para os usuarios da pista.

-PREGAMOS: A inmediata reparación destas deficiencias e o mantemento da Pista.

2º.- Detectamos en diversos lugares do noso Concello ramaxes de árbores que están en contacto ou próximas ós tendidos eléctricos.

-PREGAMOS: Sexan adoptadas as medidas necesarias para evitar o perigo existente naqueles casos que a proximidade das ramas ou a altura do tendido poden provocar problemas de seguridade ou de mala calidade de servizo eléctrico.

3º.- Na beirarúa de acceso ó IES David Buján observamos que existen varios colectores de lixo que ocupan unha grande parte da mesma, obrigando ós viandantes a sufrir a incomodidade da súa ubicación, entre eles os propios usuarios do IES.
O tránsito vese complicado cando chegados a altura de ditos colectores o paso entre unha cadeira de rodas ou un carro de bebé e unha persoa faise imposible de salvar, poñendo en perigo ós transeúntes e especialmente ós rapaces e rapazas que cando se cruzan vense obrigados a botarse fora da beirarúa co conseguinte perigo polo exceso de velocidade dos vehículos en dito punto

-PREGAMOS Que o Goberno tome en conta este rogo e proceda ó estudo da ubicación dos citados colectores por si fose susceptible de ser cambiada para a mellora do uso dos peóns e da súa seguridade.




PREGUNTAS:


1º.- A formación cara a búsqueda de emprego é un dos necesarios obxectivos aperseguir actualmente, tendo en conta os índices de desemprego e a precariedade laboral. Neste sentido a ACdC PREGUNTA:

¿Cal é a porcentaxe de persoas que, despois de realizar algún dos cursos de formación que se imparten no concello , atoparon emprego na mesma especialidade dentro dos seis meses seguintes ó remate dos mesmos?


2º.- Temos coñecemento do mal estado no que se atopa unha marquesiña, da que adxuntamos varias fotografías que se atopa na estrada de saída de Cambre cara a Barcala. Os laterais da mesma están rotos e mesmo debaixo do banco hai cristais que son perigosos para os usuarios. Esta situación na que se atopa a marquesiña non é recente, senón que xa leva tempo deteriorada.


¿Poden informarnos das accións realizadas ou previstas para a substitución da citada marquesiña?


3º.- Moitos dos veciños e veciñas de Cambre teñen a ilusión de contraer matrimonio nun edificio do Concello, que por motivos persoais teñen un significado especial para eles, ainda que os custes sexan, as veces, superiores a outros metodos.

Polo tanto e vendo esta demanda como xusta preguntamos:


¿Poden estudar a reducción das taxas por matrimonio e sopesar a posibilidade de habilitar Villa Concepción para estes eventos?

No hay comentarios: