domingo, 27 de noviembre de 2016

INICIATIVAS DO GRUPO MUNICIPAL DA "ACDC" AO PLENO ORDINARIO DO MES DE NOBEMBRO


SR. ALCALDE DO CONCELLO DE CAMBRE

Adxunto ó presente escrito, acompaño Moción, Rogos e Preguntas, que o Grupo Municipal da Asemblea Cidadá de Cambre, desexa que sexan incluídos para o seu debate no Pleno Municipal correspondente ó día 30 de Novembro de 2016, de conformidade co disposto no Artigo 97.2 do Regulamento Orgánico, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, e no propio Regulamento Organico Municipal do Concello de Cambre.

Cambre a 24 de Novembro de 2016

Asdo: Antonio Bruquetas Santos. Voceiro suplente do Grupo Municipal Asemblea Cidadá de Cambre- Son






MOCIÓN  DA “ACDC”  PARA DAR CUMPRIMENTO A ORDENANZA MUNICIPAL DE NORMALIZACIÓN LINGÜISTICA.

Exposición de motivos.

A normalización lingüística é un proceso social participativo que, ou é protagonizado pola propia sociedade que se implica nun proceso de cambio, ou non se consegue, e as administracións públicas teñen a obriga e responsabilidade de apoiar e promover ese proceso, deste xeito a Lei de Normalización Lingüística declara a nosa lingua como oficial e polo tanto as institucións públicas de Galiza son as que teñen que velar polo seu coidado, uso e protección.

Para  a ACDC  a defensa do galego, é e será sempre primordial, buscando así a súa correcta normalización.

A corporación municipal en sesión ordinaria de data 25 de novembro de
2004, aprobou, con carácter inicial, a Ordenanza de normalización lingüística do
Concello de Cambre. Logo de resolver as correspondentes alegacións e modificar varios artigos motivo dun Contencioso-Administrativo, a Ordenanza foi aprobada definitivamente o dia 30 de setembro de 2008 e publicada no BOP o dia 24 de xaneiro de 2009. Así  o
ártigo 1.1. di o seguinte O  galego, como lingua propia de Galicia, é o idioma oficial do Concello de Cambre.

Para implicar á sociedade nese proceso de cambio, as administracións deberían aplicar políticas lingüísticas activas, dinámicas e integradoras para así implicar no proceso normalizador ás distintas entidades, sectores e colectivos sociais.

Para desenvolver  as súas políticas en calquera ámbito, as administracións públicas dótanse de instrumentos técnicos, por isto  consideramos imprescindíbel a recuperación e dinamización da lingua histórica de Cambre, polo que cremos que o Goberno Municipal debería facer unha reflexión e revisión xeral das políticas lingüísticas desenvolvidas na propia institución e no conxunto do termo municipal.

POR TODO O EXPOSTO O GRUPO MUNICIPAL DA “ACDC” PROPÓN AO PLENO A ADOPCIÓN DOS SEGUINTES ACORDOS:

1.- Que se aplique o artigo  2.4 da Ordenanza aprobada polo  pleno da corporación de data de 30 de setembro de 2008, polo cal se acorda a creación dun Servizo de Normalización Lingüistica (SNL)

2.- Que asimesmo se constituia, segundo o artigo 23 da mesma ordenanza, a comisión interdepartamental de seguimento , a cal estará constituida polo alcalde, a secretaria, o xefe de persoal, persoal do propio SNL, 1 concelleiro de cada grupo e 1 representante da xunta de persoal, dita comisión reunirase como mínimo dúas veces o ano.

3.- Dar conta deste acordo á Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua así coma a todolos organos competentes.

                            En CAMBRE, a  20 de outubro de 2016

Asdo: Antonio Bruquetas Santos. Concelleiro do Grupo Municipal da “ACDC”




ROGOS:


1.-  PREGAMOS nos informen do estado do proxecto de poda da arboreda da estrada da Estación (CP.- 1702), sacado a contratación pola Deputación Provincial pola cantidade de 27.364 euros, e dos motivos que impediron levar a cabo dita actuación

2.- O camiño municipal que transcurre entre Andeiro e Anceis, leva mais de dous meses cortado no lugar de Mercurín, debido as obras de acondicionamento do mesmo. Sendo conscientes da necesidade da obra a executar, chama a atención a demora na súa finalización.

-Por isto PREGAMOS nos informen do motivo de non ter instaladas sinais apercibindo do corte do camiño, obrigando a circulación de vehículos a retroceder e e ir por camiño alternativo, e o mais grave, porque circulan autobuses de transporte escolar, sin estar rematada a obra.

3.- Tendo en conta que as derradeiras actuacións na estrada Castellana, AC-214, fixeron hábiles as beirarúas no tramo que vai dende o cruceiro ata a rotonda, e que ademais, fixeron aparcadoiros, ou apartadeiros, que fan necesario un novo plantexamento de seguridade viaria.

Polo tanto PREGAMOS ao goberno que faga as xestions necesarias coa administración competente para dispoñer neste tramo, antes citado, un novo paso de peons que permita un paso seguro aos viandantes da zona.



PREGUNTAS

1.- Fai unha semana pintaronse as lineas amarelas nas inmediacions da parada do bus na Patiña, eliminando unhas prazas de aparcamento necesarias na zona. A intención deste feito entendemos que é  para facilitar a maniobra  dun xeito mais seguro e doado. Dende a ACDC temos serias dúbidas, debido o malestar xerado entre a veciñanza  por esta medida:
Polo tanto e visto todo o anteriormente dito, PREGUNTAMOS:

-Poden informarnos polo miudo desta actuación. Ten o Goberno algunha alternativa para compensar a perda de aparcadoiros na zona?

2.- O servicio do bonotaxi, pretende ser unha axuda para aquelas persoas que non dispoñen de un vehículo propio e teñen que moverse de urxencia.

-Pode o goberno informarnos do exito e volumen de usuarios do Bonotaxi?

3.-  A ONG Mestura, leva tempo colaborando no noso concello, nos seus 13 anos de vida, e temos coñecemento de reunions mantidas entre eles e o goberno, reunions das que nos gustaria ter mais información polos asuntos nos que traballa dita ONG.

-Poden informarnos dos acordos alcanzados nestas xuntanzas?


                                             Novembro 2016

No hay comentarios: