Grupo Político Municipal . Praza de Europa 7
www.asembleacambre.es
Olga Santos 669 796 995 Antonio Bruquetas 620 540 061
INICIATIVAS PRESENTADAS POLO GRUPO MUNICIPAL DA "ACDC" AO PLENO DO MES DE XANEIRO
ROGOS
1.- Usuarios
frecuentes do novo Centro de Saúde do Temple transmitíronnos a súa sensación de
que unha soa praza reservada para minusválidos faise insuficiente para o tránsito
que existe en dito centro. Tamén recibimos unha demanda de parte de algúns membros
do persoal sanitario que consiste en requerirnos un par de prazas reservadas a
dito persoal que facilite as saídas a domicilio de médicos e enfermeiras, tamén
moi frecuentes.
PREGAMOS:
Teñan en conta estas demandas para, si procede, proceder a un repintado
de prazas.
2.- Son múltiples
as queixas e denuncias realizadas por veciños da rúa Sixto en relación o seu estado de
deterioro, feito que dificulta o acceso a vivendas e o conseguinte perigo para
a circulación, sobre todo polos restos de sinais de ferro chantados no seu firme.
O noso Grupo estima
que existe unha responsabilidade que non se debe eludir, cando neste caso,
concurre a evidencia de inminente perigo, ademais de ter posto
con anterioridade en coñecemento do Goberno
estas deficiencias.
Por isto PREGAMOS unha vez mais, que na maior brevidade procedan o arranxo
das deficiencias denunciadas.
3.- Persoas e traballadores do Centro de Saúde, teñen manifestado o noso Grupo que o aparello expendedor de tickets para a revisión do SINTRÓN instalado na sala correspondente para esta consulta, non se atopa nun lugar axeitado, producindo molestias entre os usuarios.
PREGAMOS procedan a realizar as xestions oportunas para solventar este
problema.
PREGUNTAS
1.- Pódense
contar por ducias as ocasións en que dende o noso grupo municipal e en
corporacións anteriores, preguntamos e nos preocupamos pola situación do
servizo da auga en Cambre, que leva moitos anos en precario, sen contrato e con
poucos visos de que se arranxe esta situación. No pasado mes de outubro o
goberno de Cambre anunciou a contratación dunha auditoría para unha vez
analizada a situación da auga en Cambre e da ausencia de contrato, poder chegar
a decidir si se municipalizaría o servizo, licitalo ou consorcialo.
Ante esta información o GM da ACdC PREGUNTAMOS:
¿Poden informarnos do resultado (completo ou
parcial, según se atope) da auditoria contratada por mais de 20.000 euros para
coñecer o estado das infraestructuras de subministración e rede de sumidoiros e
da xestión económica do servizo de Auga en Cambre así como as previsións do
goberno a partires de ditos resultados?
2.- ¿Poden informar os concelleiros responsables sobre as denuncias que teñen feito veciños de Cela, sobre os desfeitos de plumachos que se atoparon no ultimo mes nas inmediacións do rio Mero?
3.- Tendo en conta que o noso grupo
estivo constantemente perseguindo unha maior transparencia no que das publicacións de acordos e novas do concello se trata, incluso, viu rexeitada unha
proposta de moción favorecendo a transparencia , coa publicación do estado de cumprimento dos acordos plenarios, e ademais vistas as
derradeiras novas que atañe a uns incumprimentos da lei LEY 1/2016, de 18 de enero,
de transparencia y buen gobierno. aprobada
ao respecto no ano 2016, como pode ser a carencia de información relacionada
cos Servizos Públicos: Custos, Grao de Cumprimento e Calidade.
¿Pode informar ao pleno da corporación o concelleiro
responsable de que pensan facer para a adaptación da páxina
web e do portal de transparencia, asi coma dos tempos nos que se realizará, dita actualización?
Asdo: Olga Santos López
Voceira do Grupo Municipal Asemblea Cidadá de
Cambre- Son
No hay comentarios:
Publicar un comentario