miércoles, 15 de febrero de 2017


         

Esquerda Unida apoia as mobilizacións pola derrogación da LOMCE e contra os recortes educativos

A área de Educación de Esquerda Unida manifesta o seu apoio ás próximas mobilizacións da comunidade educativa a prol da derrogación da LOMCE, a reversión dos recortes en educación e o desenvolvemento dunha nova lei educativa participada polo conxunto da comunidade educativa, nomeadamente ás fixadas para o xoves 16 de febreiro, así como para a folga xeral educativa de ámbito estatal do 9 de marzo.
“A LOMCE sigue vixente, as reválidas foron adiadas froito da mobilización da comunidade educativa pero non derrogadas, non existe reversión dos recortes realizados senón unha profundización nos ataques ao sistema educativo público. Consideramos necesaria a participación masiva da comunidade educativa nas mobilizacións para a defensa efectiva dun sistema público educativo de calidade”, sinala o coordinador da Área, Roi Rodríguez Cagiao.
Receo cara ao “Pacto Educativo”
A área de Educación expresa tamén a súa desconfianza cara ao tan cacarexado “Pacto Educativo”, do que a día de hoxe non se sabe ben, e que promovido por PP-PSOE-CIUDADANOS ameaza con deixar novamente fóra do debate educativo ao conxunto da comunidade escolar, limando os aspectos máis impopulares da LOMCE para conservar a súa esencia retrógrada.
Neste senso, Esquerda Unida volve recalcar a necesidade de acción da comunidade educativa galega nas mobilizacións contra a LOMCE e os recortes en educación, unidade que si se da no noso país noutras loitas sociais coma a defensa da sanidade pública.

No hay comentarios: