lunes, 27 de febrero de 2017



Resultado de imagen de a peste da pataca en comarcas de galiciaResultado de imagen de a peste da pataca en comarcas de galicia

Esquerda Unida critica a ineficacia do PP e a súa improvisación ante a crise da praga da pataca que asolaga Galicia

A crise que está a vivir o sector agrario galego coa praga da pataca provocada pola polilla guatemalteca demostra que o PP non é capaz de xestionar algún tipo de acción efectiva para intentar paliar os danos das colleitas, así como diminuír os graves problemas que están a padecer as persoas produtoras, que carecen de información ou dun plan de acción coherente, e non improvisado, ante unha praga desta características.
A executiva nacional de Esquerda Unida cualifica de nefasta a actuación do PP dende a consellería de Medio Rural, xa que simplemente leva a cabo unha resolución de urxencia totalmente improvisada e insuficiente para atallar o grave problema que abafa ao rural e que precisa de un control máis rigoroso da praga, así como tomar medidas compensatorias ante as previsibles perdas dos produtores.
Dende Esquerda Unida reiteramos a necesidade de pular por un rural vivo e con futuro a través de medidas que fomenten a sustentabilidade do noso sector primario.
Para Esquerda Unida, o PP non é capaz de darlle un futuro digno ao rural, procurando un novo modelo baseado nunha agricultura e gandaría ecolóxica e de proximidade, sustentable tanto de maneira medioambiental como económica. É por iso que, dende Esquerda Unida, reiteramos a necesidade de pular por un rural vivo e con futuro a través de medidas que fomenten a sustentabilidade do noso sector primario.

No hay comentarios: