sábado, 18 de marzo de 2017


                                       VIA ARTABRA


"A Asamblea Cidadá de Cambre", en colaboración con Esquerda Unida,  informa de que pon a disposición da veciñanza un modelo de alegacións para aquelas persoas afectadas pola Vía Ártabra, tanto no local do Grupo Municipal no Parque Europa os xoves de 19h-21h como no local de EU Cambre na Rua Constitución Nº.3 no Temple os martes e venres de 18h-20h.


Ademais, segundo xa foi comunicado, En Marea levará proximamente a Comisión do Parlamento de Galicia, a pregunta da Vía Ártabra que xa se atopa rexistrada."


                                                         A MESA DO PARLAMENTO


O Grupo Parlamentar de En Marea, por iniciativa do seu deputado Antón Sánchez García e ao abeiro do artigo 155 do Regulamento da Cámara, presenta a seguinte pregunta para a súa resposta oral en Pleno, en relación ao proxecto de construción da Vía Ártabra.

Segundo o publicado no  DOG Núm. 27 do Mércores, 8 de febreiro de 2017, en relación o ANUNCIO do 30 de xaneiro de 2017 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de construción Vía Ártabra, treito: N-VI – AP-9, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referenciado (clave AC/04/156.01.4.1).

Existen dúbidas debido as manifestacións contraditorias realizadas polo Goberno do concello de Cambre e responsables da Xunta de Galicia; respecto a  "unha área de peaxe" no lugar de A Gandara-Armental na parroquia de Pravio (Cambre), contemplado na memoria do proxecto.  Responsables da Xunta de Galicia, manifestan que  nos planos da planta de esta futura infraestrutura non figura, polo que  a Consellería de Infraestruturas insiste  en que o documento, salvo error, non contempla o dito  peaxe. Tampouco levará área de servizo nin descanso.

Por este motivo o noso Grupo Parlamentar presenta a seguinte Pregunta para a súa resposta oral en Pleno:

-Poden informarnos si na área mencionada de enlace do vial da Vía ártabra coa autoestrada AP-9, no lugar de A Gandara-Armental en Pravio, vai estar dotada de un área de peaxe, e si o servizo será gratuíto?

                                          Resultado de imagen de via artabra



No hay comentarios: