jueves, 30 de marzo de 2017



INICIATIVAS PRESENTADAS POLA "ACDC" AO PLENO MUNICIPAL ORDINARIO DO MES DE MARZO.

MOCIÓN PARA DESIGNAR O NOME DE RAFAEL BAREZ VAZQUEZ  A UNHA PRAZA OU RUA DO CONCELLO.

XUSTIFICACIÓN:

Rafael Bárez naceu non ano 1945 en Sigrás no concello de Cambre, nunha España que acababa de saír dá guerra civil, aillada internacionalmente, que tentaba recuperarse economicamente dun réxime autárquico e cun goberno baseado no “orde, unidade e aguantar”
Antes de acabar a carreira de dereito Rafael Bárez xa formará parte do Partido Comunista, militancia política que non lle sairía gratis naqueles tempos: sancións académicas, económicas, desterros e carcere.

Detido en numerosas ocasións durante a súa vida de estudante en Santiago de Compostela e procesado polos sucesos de marzo de 1972 na cidade departamental, pasou nove meses  na cadea. A implicación de Bárez neses anos co movemento obreiro foi máxima e sería a causa dá súa detención xunto aos principais dirixentes do PC e dás CC.OO  dá provincia da Coruña.
Iniciou a sua carreira como avogado  laboralista de CC.OO en Ferrol e na Coruña. En abril de 1979 saíu elexido concelleiro do municipio coruñés, na candidatura do PCG. Ocupou unha tenencia de alcaldía, sendo responsable de Urbanísmo promovendo ou primeiro PXOM.
Os concellos da Coruña, Oleiros,  Ferrol,  Fene, Ares, Pontedeume e Narón, xunto con diversos colectivos cidadáns,  teñen feito un recoñecemento institucional a súa memoria, sirva coma exemplo mais recente, o homenaxe na Coruña o pasado  9 de marzo, na  presentación do seu libro de poemas escritos na carcere.

Este veciño que foi de Cambre, ben merece, o noso xuizo, un recoñecemento por parte do concello, que non debe ser alleo a estes feitos, que marcaron unha etapa  na recente historia do noso pobo, o ser Rafa unha persoa que ten loitado pola defensa dos traballador@s, pola liberdade e pola democracia, contribuindo de xeito exemplar e relevante ao entendemento e á convivencia en paz entre homes e mulleres; en difinitiva por unha sociedade mais xusta, pero tamén, e non menos importante, para non esquencer as ideas de solidariedade cuia defensa custoulles a vida e privación de libertade a moitas persoas.

POR ESTAS RAZÓNS O GRUPO MUNCIPAL DÁ “ACDC” PROPÓN AO PLENO CONCELLO A ADOPCIÓN DOS SEGUINTES ACORDOS.

Primeiro.- O Pleno do concello de Cambre, ACORDA dar ou nome a unha futura vía pública, rúa, praza, parque, glorieta,  etc., nun lugar destacado do noso concello, en memoria de Rafael Barez.
Segundo.- Dar traslado do presente acordo a súa familia.


ROGOS


1.-  Varias persoas puxeronse en contacto co noso Grupo, informando que por parte da policia local se estaban denunciando os vados de reserva de entrada a garaxes que carecen de licencia.
En moitos casos informaronnos que teñen solicitada a licencia dende fai anos, e os seus expedientes están sin resolver, sentindose perxudicados pola situación de irregularidade.

-PREGAMOS nos informen cantos vados están de forma irregular, e cantas solicitudes de licencia  están sin resolver.

2.- En distintos plenos do concello, teñense    presentado varias iniciativas polo grupo de EU  solicitando se promovan as medidas necesarias, co fin de que o noso concello sexa compensado polo goberno do estado, pola bonificación fiscal do 95% do IBI, que se recoñece a empresa concesionaria da autoestrada AP-9 que discurre polo noso término municipal.
A importancia deste problema e fundamentalmente de carácter económico, sirva como exemplo que no ano 2007 o noso concello debería ter ingresado polo pago do IBI de Audasa 177.662,77 euros, percibindo soamente 8.813 euros, correspondente o aboamento do 5% do imposto, deixando de ingresar as arcas municipais 168.849,63 euros.

Considera o noso Grupo que non existe xustificación  para seguir mantendo a aplicación desta bonificación, en este sentido  pronunciouse o Ministro de fomento  explicando que o  beneficio fiscal que tiñan as concesionarias que únicamente debían abonar o 5% de IBI os concellos finalizóu o 31 de agosto de 2016 e  teñen que abonar os correspondientes impostos "cuando el calendario tributario previsto por los ayuntamientos así lo indique".

-Tendo en conta o anterior, o noso Grupo PREGA o gobernó realice cantas xestións sexan precisas ante quen corresponda, co fin de cobrar o IBI correspondente o 100% a concesionaria da autoestrada AP-9, así mesmo de traslado do problema o Consorcio das Mariñas, para que sexa tratado no ente supramunicipal e se nos informe dos trámites realizados aos membros da corporación e veciñanza

3.- O pasado mes de Xaneiro o alcalde en xuntanza cos veciños de Cela, aseguraba que non parecia existir intención de venta por parte da Fundación Hermanos Tenreiro, dos terreos sitos en dita parroquia.

O noso Grupo, púxose en contacto con dita Fundación onde nos informaron que o expediente está parado, que están pendentes de dar reposta a unha comunicación feita polo concello tentando conseguir unha explicación da negativa a presentarse a concursos de venta, pero que segun todos os ultimos acordos adoptados no patronato da Fundación, a venta directa polo precio acordado de aprox 18 €m2 é o que lles vale.

-PREGAMOS: procedan a realizar os tramites necesarios para reestablecer as relacions que permitan a compra dos terreos da fundación.

PREGUNTAS:

1.- No noso Concello aprobouse unha iniciativa para dar carácter institucional ó dia da “Festa do árbore”. O pasado día 21 de marzo foi o “Día Forestal Mundial” denominado tamén “Dia internacional dos bosques”, dende o noso grupo non tivemos coñecemento de ningunha iniciativa por parte do concello encamiñado a promover valores de respecto á natureza e o indispensable papel das árbores no mantemento do ecosistema. Tampouco se levaron a cabo actos sobre a recuperación e celebración da festa tradicional do “Día do árbore”.Neste sentido o noso grupo PREGUNTA:

-Poden informarnos dos motivos para non realizar ningún acto na mencionada data, nin ter dado cumprimento o acordo plenario?

2.- Dende fai varios meses na beirarrúa da rua Estanque de Abaixo, no Temple, atópase unha plancha de metal que coma única sinalización ten unha pedra pintada de vermello.

-Poden informarnos  da obra en cuestión, e se sinalize debidamente para apercibir do problema?

No hay comentarios: