miércoles, 26 de abril de 2017



INICIATIVAS DO GRUPO MUNICIPAL DA "ACDC" AO PLENO ORDINARIO DO DIA 27 DE XANEIRO

ROGOS                                                                                                                     

1.- Recentemente soubemos que a Xunta rexeitou no Parlamento a proposta do Concello de realizar o enlace da Vía Ártabra en Cuatro Camiños e defenden a alternativa de A Gándara. O director da Axencia Galega de Infraestructuras Francisco Meléndez en resposta a unha pregunta de En Marea negou asímesmo que o proxecto inclúa unha área de peaxe.

As informacións vertidas entre a Xunta de Galicia e o Concello de Cambre seguen a ser confusas para a maioría dos veciños.

En relación ó anteriormente exposto o GM da ACdC

PREGAMOS: Se nos informe das xestións realizadas ou previstas polo Concello de Cambre unha vez coñecida esta noticia.


2.- Unha vez sacado a concurso o contrato de retirada de vehículos da vía pública e depósito o mes de xaneiro pasado e vista a ausencia de ofertas temos coñecemento de que o interés do goberno é contratalo de xeito conxunto con outros concellos. Tamén sabemos que se levan a cabo conversas con outros concellos para consorciar o servizo de emerxencias.

PREGAMOS: Se nos informe do estado das conversas e xestións en ambos servizos cos diferentes Concellos así como as respostas recibidas destes entes.

3.- Dentro do evento denominado "Noutrora" que entendemos que nace co ánimo de rememorar os anos de finais do século XIX e principios dos XX en Cambre, e tendo en conta que temos unha moción aprobada co obxecto de rememorar os xogos antigos e tradicionais da nosa vila, observamos que dentro do espazo adicado a este evento poidéramos atopar atraccions infantís, dende o noso punto de vista, pouco respetuosas co entorno no que se ubicaba o Noutrora.

PREGAMOS: Que si na intención da concellería responsable deste evento está perpetualo en vindeiros anos, teñan a ben ter en conta a posibilidade de coordinar a súa celebración coa evocación tanto das vestimentas, como xa se fixo, como das tradicións, entre as que se atopaban os xogos populares para nenos e adultos, e evitar, na medida do posible, o impacto de atraccións actuais mecánicas, que, ó noso parecer, rouban moito espazo para as persoas que queren disfrutar da entorna e pouco disfrute para os nenos.



 PREGUNTAS                                                                                                                  
1.- Unha vez coñecido o resultado da auditoría encargada polo goberno municipal para a medición das emisións radioeléctricas das antenas de telefonía movil do noso Concello, obtemos dúas conclusións básicamente: Por unha banda, sabemos que a metade aproximadamente das antenas non contan coa debida licencia municipal e por outra banda, que as medicións dan como resultado que ningunha das antenas do Concello supera os niveles de emisión permitidos pola lei.
            
Entendemos que en relación ás licenzas o concello deberá poñerse en contacto coas compañías para que presenten a documentación necesaria e poder otorgar dita licencia, algo que si teñen a ben agradeceríamos informaran ós presentes.
            
En relación ás medicións, o noso grupo se prantexa a seguinte pregunta:

-¿A auditoría realizada foi feita de xeito que as compañías non sabían que se facían as medicións ou pola contra hai que avisar ás compañías do momento e día no que se fan as medicións ás antenas?


2.- Tendo en conta as queixas e defectos que se detectaron na tempada pasada de desbroces, e tendo en conta que a empresa adxudicataria foi expedientada no seu momento 

¿Poden explicar como van a mellorar o método de poda e desbroce para esta tempada 2017?


3.- A falta de seguridade viaria na estrada AC-214 á altura de Pravio segue a ser un problema no noso Concello pola cantidade de tráfico pesado que soporta como consecuencia dos intentos de evitar os atascos na N-VI e as retencións na entrada da Coruña. Debemos ter en conta que a titularidade de esta estrada é autonómica e que coa dotación do PAI 2015 fixéronse melloras na zona materializadas en sendas peatonais, aparcamentos e beirarrúas. Aínda así esta estrada segue a ser perigosa e debería seguir sendo unha prioridade para o Goberno a garantía da seguridade viaria nesta zona.

¿Poden informarnos das conversas e xestións que o Goberno de Cambre leva a cabo coa Xunta de Galicia e si é o caso, o resultado e estado das mesmas?


Cambre a 24 de Abril de 2017

Asdo: Olga Santos López
Voceira do Grupo Municipal Asemblea Cidadá de Cambre- Son 

No hay comentarios: