Eva Solla e Jorge Suárez asisten á homenaxe ás vítimas da Hepatite C no monumento de Valón
A Plataforma Galega de Afectados pola Hepatite C reuniuse en Valón para conmemorar o Día Mundial contra as Hepatites Víricas, efeméride que tivo lugar o pasado venres día 28.
Nesta cita participaron representantes políticos como o alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, así como a parlamentaria de En Marea e coordinadora de Esquerda Unida, Eva Solla.
O lugar elixido para levar a cabo a celebración foi escollido precisamente por albergar o “Monumento ao Fígado”, o único emblema no mundo que homenaxea a este órgano, tal e como indicou onte o presidente da AVV de Valón, Salustiano Gómez, facendo referencia tamén a Xaime Quintanilla, un dos primeiros en insistir na importancia da investigación e o coidado desta víscera.
O presidente da Plataforma, Quique Costas, fixo referencia aos dous anos e medio que leva loitando a entidade para conseguir que todo o mundo poida ter acceso á medicación e lembrou que cada día morren 4.000 persoas no mundo por mor desta enfermidade.

Tras as intervencións, colocouse unha ofrenda floral en recordo ás vítimas da enfermidade e os asistentes depositaron os seus chalecos vermello, símbolo das súas loitas na rúa, nos arbustos que rodean o monólito.