INICIATIVAS PRESENTADAS POLO GRUPO MUNICIPAL
DA "ACDC" O PLENO DO MES DE XULLO
ROGOS
1.- Para “ACdC” a rede de camiños públicos do concello constitúe un
elemento indispensable para a comunicación entre distintos lugares, existindo en
Cambre algúns
viales que polas súas características e falta de
atención provocan situacións, que impiden a circulación das persoas motivado
a invasión
da maleza .
O caso que nos
ocupa, é o camiño público que transcurre
dende a rúa Castellana (anteriormente Freande), ata a rúa Pumar Mendez. Este problema ben sendo recurrente nos últimos anos, e
unha vez mais PREGAMOS procedan o seu acondicionamento,
e valoren a posibilidade de dotalo de puntos de luz, por carecer deste servizo.
2.- Despois de diversas peticións feitas polo noso grupo e trasladadas, supoñemos, dilixentemente ao organismo competente, vimos con ilusión que se fixo ou está a levar a cabo a sustitución dos colectores de lixo, por uns mais modernos, ou polo menos en mellor estado con respecto ós existentes. Polo tanto e en prol de garantir un proceso limpo no que ao lixo se refire
-PREGAMOS
que se dea traslado ao organismo competente a petición de contenedores de lixo orgánico
con pedal, xa que é este o único tipo de colectores que carece de dito sistema
que garanta a limpeza no acto de
desprenderse do lixo.
3.- Recentemente veciños da Castellana en Pravio, volven a poñer de manifesto a inseguridade que teñen
no acceso e saida das suas propiedades, pola alta velocidade dos vehiculos que
circulan por dita estrada, de competencia da Xunta de Galicia asi coma pola
inexistencia de pasos de peon próximos ou beirarrúas que protexan aos camiñantes.
-PREGAMOS polo
tanto que fagan as xestións oportunas para
garantir a supresion de estos problemas de seguridade viaria.
PREGUNTAS
1.- Tendo
en conta os derradeiros titulares respecto as zonas de baño na contorna do Río Mero, ¿pode o goberno xustificar a ausencia da zona de baño na parroquia de
Cela, aínda que se aprobou unha moción para garantir este feito?
2.- Fixo o Goberno de Cambre algúnha alegación, ou presión ou petición de
informe ou reunión con responsables da Xunta de Galicia ou da Consellería de
Industria de cara á construcción e instalación dunha gasoliñeira
no polígono do Temple?
3.- Ante a polémica creada pola ameaza
do Goberno de Cambre de implantar contribucións especiais os veciños, para costear a urbanización e asfaltado de rúas frente as súas vivendas, o noso Grupo PREGUNTA:
¿A cantos veciños
que se atopan nesta mesma situación
real ou potencialmente lle pensan
aplicar dita formula, do mesmo xeito que ós veciños da R/ Sixto?
Asdo: Olga Santos López
Voceira do Grupo Municipal Asemblea Cidadá de
Cambre- Son
No hay comentarios:
Publicar un comentario