jueves, 24 de agosto de 2017




RECURSO DE REPOSICIÓN DA  "ACDC"  POLAS CONTRIBUCIÓNS ESPECIAIS
Vimos de rexistrar un Recurso de Reposición contra as Contribucións Especiais do Concello de Cambre. A figura das Contribucións Especiais (CE) é absolutamente válida en dereito, pero no caso da recente aprovación provisional por parte do Goberno de Cambre, entendemos que se está a aplicar como medida coercitiva e de castigo a un veciño concreto ó que o propio alcalde non dubidou en acusar de "pillo" en redes socais, demostrando a súa personal animadversión cara este veciño en concreto e facendo dubidar da obxectividade da figura impositiva creada ó efecto.
Por si esto fora pouco, existen varios defectos, ó noso entender, que fan NULA ou ANULABLE a aprobación da CE na rúa Sixto.
1.- Non se está a xustificar debidamente (tal e como recolle a LHL e a STS 4384/2002 de data 15/06/2002 ) que únicamente coas obras a acometer se beneficien tres propietarios.
2.- Tampouco se xustifican os motivos polos que se aplicará o 90% de cuota da Base Impoñible, en atención ó beneficio obtido polas obras (Recordemos que a porcentaxe pode abarcar entre o 10% e o 90%)
3.- Existen defectos de forma que facemos constar no recurso de reposición que fan inapropiada a aprobación da CE.
Dende a Asemblea Cidadá de Cambre, e xa fora do ámbito estrictamente legal, ó que nos acollemos mediante o recurso de reposición, entendemos que coa aprobación inxustificada desta figura potestativa e indebidamente baseada, o Goberno de Cambre está utilizando unha medida á súa disposición, de xeito arbitrario para gravar unha obra que, aínda que se lle poidera repercutir a determinados potenciales beneficiarios, non se tería por qué restrinxir únicamente a tres propietarios, cando desa obra tamén se van beneficiar suministros contiguos ós que non se lles esixe o pago de ningunha cantidade, aínda que fora en menor porcentaxe.
Entendemos que as medidas que se adopten dende unha administración pública teñen que estar debidamente xustificadas e fundamentadas.
Calquera outro tipo de actuación pode obedecer a cuestións personalistas e arbitrarias e dende a Asemblea Cidadá de Cambre non nos imos a opoñer a que se establezan as taxas, tributos ou contribucións especiais que sexan necesarias, pero sempre que correspondan cunha necesidade obxectiva, acorde a lei e xustificada de grabar aquelo que supoña o obxeto do tributo. Co que non podemos calar é coa carga de entre 3000 e 4000 euros que terán que asumir os tres propietarios afectados, sin tan siquera preguntar, por parte dos nosos gobernantes a ditos afectados si tiñan capacidade económica suficiente para afrontar tan elevada suma de diñeiro.
Cómpre recordar que no pleno do mes de xuño, dende a ACdC, pedimos que se deixara a aprobación das CE enriba da mesa para poder falar cos afectados e debatir a conveniencia de utilizar esta ou outra fórmula, antes de impor unha carga de 4000 euros sin tan siquera reunirse cos afectados.
Nun alarde de autoritarismo, e facendo uso da maioría absoluta que coa connivencia do Bng Cambre se adquiriu en Cambre, a ausencia de diálogo quedou de manifesto, cando non se deu a opción a pospoñer a aprobación desta nova figura.
Entendemos que estas non son as formas dialogantes, democráticas e transparentes coas que se comprometeu nin Unión X Cambre nin o noso Alcalde cando recolleu o bastón de mando.
Ante esta situación, e como o diálogo nos foi negado, non nos queda mais remedio que presentar o citado recurso de reposición.

No hay comentarios: