INICIATIVA PRESENTADA NO PLENO DE DECEMBRO 2016 POLO GRUPO MUNICIPAL DA "ACdC"
2.- O graffiti é unha forma de manifestación artística de certa importancia que non debe confundirse co simple emborronamento das paredes e mobiliario urbano, e como tal debemos de procurar entendela e promovela.
A diario observamos pintadas sin ningún contido artístico, solo por facer unha sinal ou firma, sin ter en conta o daño que provocan a veciñ@s, comerciantes ou empresarios; alterando a convivencia e o respecto os demais.
Non podemos consentir que en determinados lugares do Concello e muy especialmente nas zonas mais urbanizadas como A Barcala, O Temple ou no centro da capital municipal, amparandose na oscuridade da noite, pinten superficies axenas.
Existen alternativas, existen propostas, hay que tratar de compatibilizar esa forma de expresión cultural para que non afecte e dane o patrimonio propio de cada cidadán e tamén o patrimonio público do conxunto dos vecinos de Cambre.
Polo exposto o Grupo da “ACDC” PREGA o Goberno:
-Que se proceda a tomar as medidas axeitadas co fin de evitar o uso indiscriminado que supóñen as pintadas en vivendas, comercios, mobiliario público, etc. É se estudie a posibilidade de convocar un concurso de grafittis co obxectivo de difundir e encauzar a obra dos xóvenes creadores, tendo como primeiro obxectivo, o recentemente limpiado muro da urbanización da Barcala.
Mural do artista Yoseba MP para o 1º Cromático Mural Fest.
O mural leva por título " A Cortesa de Cambre. A Muller Acróbata " e forma parte da serie de traballos do artista titulada "Fenómenos do Rural", na que Yoseba homenaxea ás mulleres do rural galego como auténticas heroínas dotadas de peculiares superpoderes.
A muller retratada e que saúda dende abaixo é Luisa, coñecida na vila como A Cortesa, fundadora da coral de Cambre e rexenta do bar O Novo ata a súa xubilación. Foron moitas as bombonas gastadas durante tantos anos... e Yoseba decidíu retratala deste xeito homenaxeando así a toda unha vida de traballo e tesón.
No hay comentarios:
Publicar un comentario