INICIATIVAS PRESENTADAS AO PLENO ORDINARIO DO MES DE OUTONO POLA "ACdC"
Grupo Político Municipal. Pza de
Europa 7. www.asembleacambre.es Olga Santos 669 796 995 Antonio Bruquetas 620
540 061
MOCIÓN
PARA IMPULSAR UNHA ORDENANZA MUNICIPAL DE
PROTECCIÓN
ANIMAL E CONVIVENCIA
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:
A recente aprobación da Lei
de Benestar Animal polo Parlamento de Galicia e a falta dunha consignación
orzamentaria mínima por parte do executivo autonómico evidencia unha vez máis a
necesidade de establecer normas locais adaptadas aos tempos, ás demandas
veciñais e ao interese da protección dos animais xunto cunha convivencia
responsable.
A nova Lei autonómica
avanza nalgúns aspectos fundamentais, reclamacións que viñan sendo continuadas
por parte das entidades protectoras e dos colectivos que, como LIBERA! advirten
sobre un abandono animal que non deixa de medrar e que non recibe resposta
precisa dende o conxunto dos poderes públicos.
Tamén, non é menos certo,
que a derivación de competencias nesta materia dende a Xunta aos Concellos,
coloca aos gobernos locais nunha situación complexa, xa que teñen que aplicar
as disposicións, algunhas moi novidosas, como o "sacrificio cero" ou
a prohibición de encadeamento continuado, sen dispoñer dun investimento por
parte da administración galega.
Só cunha remuda profunda
da conciencia cidadá se poderá chegar a un Concello máis amigable e responsable
cos animais, con taxas prácticamente nulas de abandono e con casos moi puntuais
de crueldade, pero aplicar a Lei de Benestar Animal nos vindeiros meses esixirá
unha resposta económica
da Xunta, que dote ao noso Concello de medios mínimos para afrontar o seu
articulado con garantías.
A Xunta ten a obriga de
apoiar ás administracións que están a asumir a práctica totalidade dunha
batalla, o abandono e o maltrato, para a cal non se consignan suficientes
recursos.
POLO
EXPOSTO, O GRUPO MUNICIPAL DA “ACDC” PROPÓN AO PLENO A ADOPCIÓN DOS SEGUINTES
ACORDOS:
1.
Instar á Xunta de Galicia a consignar os recursos orzamentarios necesarios para
garantir a
aplicación correcta da
Lei de Benestar Animal de Galicia, así como o apoio técnico preciso para
implementar as súas disposicións.
2.
Instar ao Concello de Cambre a elaborar unha Ordenanza de Protección Animal e
Convivencia no prazo de seis meses, contando cos grupos políticos, entes
veciñais e asociación animalistas.
3.
Instar ao Concello de Cambre a valorar, xunto coa veciñanza e colectivos
específicos, un programa de xestión de colonias felinas baixo criterios de
alimentación controlada, esterilización e convivencia responsable.
Cambre a 20 de Outubro de 2017
Asdo:
Olga Santos López
Voceira do Grupo Municipal Asemblea Cidadá de
Cambre- Son
ROGOS:
1.- Unha vez mais traemos
a pleno o problema do aparcadoiro do campo da feira, motivado o desnivel do
bordillo frente a zona delimitada para aparcar, que provoca en moitos casos
desperfectos os vehículos na súa parte dianteira.
Dende o noso Grupo
pensamos que e cuestión de vontade política remediar a situación existente
mediante algún dispositivo que impida que o vehiculo tropece no bordillo; un
sistema preventivo que podería remediar a situación, son as bandas protectoras instaladas na rúa párroco Manuel Cobas.
-Polo exposto, unha vez mais PREGAMOS o
goberno, tome as medidas para correxir a
situación denunciada.
2.-
Na rúa Eduardo Pondal, existen un conxunto de escalóns nas beirarrúas dos
sopostais, sen ningunha rampa o que fai
difícil a accesibilidade, sobre todo para persoas con problemas de mobilidade.
-PREGAMOS
se proceda a tomar as medidas técnicamente necesarias para correxir a situación
e garantir a accesibilidade das persoas.
3.-
Nas inmediacións do Poligono do Espiritu Santo, no camiño que transcurre entre
Muiño vello e Lendoiro, existe un verquido de augas oscuras e olor nauseabundo
a un regato que verte o río Gandara. Esta zona está totalmente abandonada por haber nas proximidades o que podemos
chamar un vertedoiro incontrolado, a pesares do apercibimento dun cartel do
concello.
-PREGAMOS
que se tomen as medidas pertinentes para
erradicar a situación, e nos informen do verquido das augas e da sua
procedencia.
PREGUNTAS:
1.- O noso Grupo xa ten
denunciado a perigrosidade que supón para a circulación un poste de formigón do
tendido eléctrico no vial que transcurre dende A Cruz a Amil, instalado na súa marxe. A pesar de preguntar
sobre as accións para a sua retirada ou
retranqueo, entendemos que a súa sinalización e de urxencia e mesmamente necesaria.
-Poden
informarnos das xestións realizadas e do motivo de nor ter o poste sinalizado
para a seguridade da circulación?
2.-
Recentemente
un grupo de voluntarios de Alcoa
plantaron nas inmediacións do colexio do Graxal, 200 especies arbóreas,
dende o noso Grupo compartimos este tipo
de iniciativas, mais en este caso, dado a necesidade de proxectar unha pantalla
vexetal entre o colexio e a estrada.
Tendo en conta o
anterior, e na preocupación do respecto e cuidado da vexetación plantada, o
noso Grupo PREGUNTA:
-Quenes
van a ser os encargados do mantemento dos árbores?
3.-
Veciños
de Andeiro, fixeron chegar o aviso de que na pista situada ao caron do local
social, o tendido eléctrico está descolgado e entorpece claramente o xogo, por
quedar a altura dunha canasta, co risco manifestó do que esta situación xenera.
-¿Qué
xestións levou o gobernó para solucionar este problema, que leva xa dende
agosto sin ter unha resposta, incluidas aquelas que se fixeron co responsable
do tendido Unión Fenosa distribución?
Cambre a 20 de
Outubro de 2017
Asdo: Olga Santos López. Voceira do Grupo
No hay comentarios:
Publicar un comentario