jueves, 16 de noviembre de 2017

                         


Esquerda Unida lamenta que a Xunta desperdicie a oportunidade de concienciar sobre a violencia machista cun panfleto publicitario que cosifica á muller


Co motivo da celebración do 25N, Día Internacional contra a Violencia Machista, a Xunta deu a coñecer unha panfleto de sensibilización antifeminista, xa que non aborda o problema das violencias machistas coas suas posibles solucións, así como algunha medida concreta sobre o terrible problema do machismo, endémico na nosa cultura. O peor non é todo o que omite, senón o plantexamento e o punto de vista da muller como unha “cousa” máis que ten Galicia que hai que protexer, é dicir: sen entender o que é traballar para erradicar as violencias machistas.
Dende Esquerda Unida percibimos abraiadas ante este despropósito publicitario que non se pode chamar “campaña”, polo que esiximos a retirada deste material de difusión e lamentamos que nesta data non se aproveite para falar desta lacra para informar e sensibilizar á cidadanía sobre a violencia machista dende un enfoque de denuncia e prevención.
As cifras de asasinadas, de denuncias e mesmo de violacións no Estado español, que son de unha cada oito horas, mostra que non se están a tomar medidas que representen de forma definitiva a igualdade real entre mulleres e homes. E, as poucas oportunidades que se brindan de facelo, son desaproveitadas por un goberno do PP que mostra un desinterese xeral e descoñecemento sobre os temas a prol da reivindicación dos dereitos, e así o demostra en cada ocasión con campañas paternalistas e de retroceso en avances sociais como a que vimos de coñecer.

No hay comentarios: