INICIATIVAS PRESENTADAS POLO GRUPO MUNICIPAL DA "ACdC" AO PLENO ORDINARIO DO MES DE FEBREIRO
MOCIÓN
DO GRUPO MUNICIPAL DA “ACdC” DE APOIO A
FOLGA FEMINISTA DO 8 DE MARZO DE 2018
EXPOSICIÓN
DE MOTIVOS:
O vindeiro 8 de Marzo, día Internacional
da Muller, o movemento feminista co apoio de organizacións e colectivos políticos, sociais e
sindicais convoca unha folga xeral das mulleres ao longo e ancho da nosa
xeografía
Unha convocatoria
de denuncia fronte ás desigualdades, ás discriminacións e ás violencias
estruturais que sufrimos máis da metade da poboación mundial, as mulleres, pero
tamén de reivindicación dun novo modelo social, xusto, democrático e
igualitario.
Unha folga
feminista contra un sistema capitalista e patriarcal que permite que as
desigualdades estruturais que padecemos as mulleres estean alcanzado tales
niveis de gravidade e de tal dimensión, que fai ineludible tomar as rúas, as
institucións e os centros de traballo para demostrar que sen nosoutras o mundo
párase.
Un mundo cuxo
funcionamento, datos e prácticas nos engloba e debúxanos nestes escenarios:
• En todo o mundo, as mulleres gañamos
só entre o 60 e o 75 por cento do salario dos homes en traballos de igual
valor.
•
No Estado español, o traballo
dedicado polas mulleres aos fogares, ao coidado e á reprodución alcanza o 53 %
do PIB, o que significa que o Estado fai recaer nas mulleres gran parte do que
debería estar atendido a través dos servizos públicos.
•
En Galicia a fenda salarial entre
mulleres e homes sitúase nun 22,1%, onde ademáis a maioría de mulleres con
emprego sitúanse nos tramos salariais máis baixos. Os últimos datos así nolo
presentan, o 36,34% das mulleres asalariadas teñen ingresos iguais ou
inferiores do salario mínimo interprofesional. É a chamada pobreza salarial,
mulleres pobres con emprego.
•
A práctica da interrupción
voluntaria do embarazo non está garantida para todas as mulleres.
A lexislación
existente permite que a clase médica máis reaccionaria poida negarse a realizar
o IVE nos centros sanitarios públicos e que o código penal siga contemplando o
aborto como un delito.
•
A misoxinia percorre a cultura e a
ciencia en todos os seus ámbitos. Na arte, na literatura, no cine, nas matemáticas,
na bioloxía, na inxeniería ou arquitectura, as mulleres apenas existen. Esta
invisibilización conleva que as mulleres non aparezan na narración da Historia
e que todas as súas achegas seguen a ser totalmente ignoradas.
•
As agresións sexuais e as violacións,
nalgúns casos, pasaron de ser actos criminais individuais a formas grupais cada
vez máis presentes.
•
Os continuos asasinatos de
mulleres, que deben traducirse nun rexeitamento frontal a esta inaceptable
realidade, que consolide a construción dunha cultura anti patriarcal para erradicar
esta violencia sistémica da vida das mulleres.
•
A notoria expansión que está adquirindo
o debate e a demanda dos ventres/úteros de aluguer, non o esquezamos de
mulleres pobres, que son quen se ven obrigadas a esta forma de explotación
capitalista e patriarcal.
•
Os milleiros de mulleres e nenas
traficadas para consumo sexual dos homes e a súa irrefutable conexión coa “industria
do sexo” e a prostitución.
Por estas e
moitas máis razóns o Concello de Cambre
apoia a Folga Feminista convocada para o 8 de marzo. Unha folga que irá enmarcada
con grandes mobilizacións ao longo de todo o país, onde as mulleres tomarán as
rúas para demostrar que non só hai que parar o mundo, senón que tamén hai que
transformalo cambiando os seus modelos patriarcales por modelos de igualdade,
xustiza, paridade, liberdade, diversidade e democracia.
Por iso é polo
que o Concello de Cambre comprométese a:
•
-Apoiar a Folga Xeral das Mulleres,
facilitando o seu desenvolvemento nesta Corporación.
•
-Facilitar con todos os medios
materiais, persoais e de difusión as manifestacións, concentracións,
actividades e actos que convoquen as asociacións de mulleres no 8 de marzo.
•
- Enarborar a bandeira feminista no
Concello como símbolo de apoio á loita das mulleres.
ROGOS:
1.- O problema para dotar a parroquia
de Cela de terreos para infraestructuras de ocio e lecer, foi e segue sendo un
tema recurrente en esta e en anteriores lexislaturas. Recentemente os medios de
comunicación informaban da adquisición dos mencionados terreos.
-PREGAMOS nos informen do proceso de compra e do proxecto encargado polo concello.
2.- Nas dúas anteriores lexislaturas teñense
presentado en distintos plenos iniciativas para instar a que se promovesen as medidas necesarias ó fin
de que o noso concello sexa compensado polo goberno do estado pola bonificación
fiscal do 95% do IBI, que se recoñece a
empresa concesionaria da autoestrada AP-9 que discurre polo noso termo municipal.
Por facer un pouco de historia,
queremos recordar que as arcas do concello deixaron de ingresar no ano 2007 a
cantidade de 168.848 euros correspondente o Imposto de Bens Inmobles, e nos
periodos de 2005 a 2008, deixouse de percibir 805.649,36 euros en concepto de
IBI, como consecuencia da bonificación do 95% aplicado a prol de AUDASA; por
outra banda, esta empresa obtivo nos últimos cinco anos un beneficio neto
de 186 millóns
de euros.
Tendo en
conta o anterior, o noso Grupo PREGA nos
informen da situación actual en relación a reclamación do IBI a AUDASA, e si
ten presentado ou pensa presentar denuncia ante a Unión Europea para que esixa o Estado español adapte
a normativa comunitaria, como ten
feito algún concello do entorno afectado por este problema.
3.- Recentemente
vimos de coñecer unha denuncia da Asociación Animalista Libera, pola que tivo
que denunciar ante a Xunta de Galicia a existencia dun can encadeado no noso
Concello. A propia Asociación criticou a actuación do Goberno Local de Cambre,
pola súa ausencia de resposta ante esta situación actualmente penada pola nova
Lei de Benestar Animal.
PREGAMOS se
informe polo Goberno Municipal sobre o relato dos feitos, as actuacións levadas
a cabo e o protocolo de actuación previsto para detectar e erradicar este tipo
de casos e situacións.
PREGUNTAS:
1.- Ante a continua lacra dos
desafiuzamentos, dos que veciños do noso Concello non están exentos,
¿Pensa o Goberno estudar
medidas a nivel municipal, creando unha comisión especial mixta na que
participen representantes do pleno municipal e das asociación de afectados,
veciños e outras organización sociais coñecedoras da problemática?
2.- Un
dos pasos de peóns
que supón un elevado perigo de accidentes, é
o ubicado preto a entrada da urbanización da Barcala.
Xa temos manifestado noutras ocasións este problema que a día de hoxe segue sen ter unha solución axeitada. Entende o noso grupo que unha
das características básicas
que deben ter tódolos pasos de peóns, é unha correcta visibilidade na súa
ubicación, podendo dotalo de luminarias verticais ou outros elementos
accesorios como balizas de sinalización, etc; tamén cabe a posibilidade de facer un
estudo para plantexarse cambiar o seu emplazamento para aumentar e garantir
unha maior seguridade .
Por este
motivo PREGUNTAMOS si teñen pensado actuar neste punto problemático.
3.- No camiño que transcorre
dende Armental a Fabas, a
maleza e árbores descasan enriba dos cables do
tendido de telefonía con
risco de roturas e os conseguintes
problemas derivados da situación. Este problema existe en varios puntos do
concello, un deles e o denunciado ante
noso grupo no lugar de Cepal en Anceis.
¿Poden informarnos si realizaron algunha xestión o respecto sobre
o problema en xeral, e sobre os
problemas sinalados na PREGUNTA?
Cambre a 19
de febreiro de 2018
Asdo:
Olga Santos López
Voceira do Grupo Municipal Asemblea Cidadá de Cambre- Son
Voceira do Grupo Municipal Asemblea Cidadá de Cambre- Son