miércoles, 28 de febrero de 2018





INICIATIVAS PRESENTADAS POLO GRUPO MUNICIPAL DA "ACdC" AO PLENO ORDINARIO DO MES DE FEBREIRO

MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DA ACdC DE APOIO A FOLGA FEMINISTA DO 8 DE MARZO DE 2018

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

O vindeiro 8 de Marzo, día Internacional da Muller, o movemento feminista co apoio de organizacións e colectivos políticos, sociais e sindicais convoca unha folga xeral das mulleres ao longo e ancho da nosa xeografía
Unha convocatoria de denuncia fronte ás desigualdades, ás discriminacións e ás violencias estruturais que sufrimos máis da metade da poboación mundial, as mulleres, pero tamén de reivindicación dun novo modelo social, xusto, democrático e igualitario.
Unha folga feminista contra un sistema capitalista e patriarcal que permite que as desigualdades estruturais que padecemos as mulleres estean alcanzado tales niveis de gravidade e de tal dimensión, que fai ineludible tomar as rúas, as institucións e os centros de traballo para demostrar que sen nosoutras o mundo párase.
Un mundo cuxo funcionamento, datos e prácticas nos engloba e debúxanos nestes escenarios:
    En todo o mundo, as mulleres gañamos só entre o 60 e o 75 por cento do salario dos homes en traballos de igual valor.
      
    No Estado español, o traballo dedicado polas mulleres aos fogares, ao coidado e á reprodución alcanza o 53 % do PIB, o que significa que o Estado fai recaer nas mulleres gran parte do que debería estar atendido a través dos servizos públicos.
    
    En Galicia a fenda salarial entre mulleres e homes sitúase nun 22,1%, onde ademáis a maioría de mulleres con emprego sitúanse nos tramos salariais máis baixos. Os últimos datos así nolo presentan, o 36,34% das mulleres asalariadas teñen ingresos iguais ou inferiores do salario mínimo interprofesional. É a chamada pobreza salarial, mulleres pobres con emprego.
   
      A práctica da interrupción voluntaria do embarazo non está garantida para todas as mulleres. 
     
     A lexislación existente permite que a clase médica máis reaccionaria poida negarse a realizar o IVE nos centros sanitarios públicos e que o código penal siga contemplando o aborto como un delito.
       A misoxinia percorre a cultura e a ciencia en todos os seus ámbitos. Na arte, na literatura, no cine, nas matemáticas, na bioloxía, na inxeniería ou arquitectura, as mulleres apenas existen. Esta invisibilización conleva que as mulleres non aparezan na narración da Historia e que todas as súas achegas seguen a ser totalmente ignoradas.
    
      As agresións sexuais e as violacións, nalgúns casos, pasaron de ser actos criminais individuais a formas grupais cada vez máis presentes.
       Os continuos asasinatos de mulleres, que deben traducirse nun rexeitamento frontal a esta inaceptable realidade, que consolide a construción dunha cultura anti patriarcal para erradicar esta violencia sistémica da vida das mulleres.
      
      A notoria expansión que está adquirindo o debate e a demanda dos ventres/úteros de aluguer, non o esquezamos de mulleres pobres, que son quen se ven obrigadas a esta forma de explotación capitalista e patriarcal.
   
   Os milleiros de mulleres e nenas traficadas para consumo sexual dos homes e a súa irrefutable conexión coa “industria do sexo” e a prostitución.

      Por estas e moitas máis razóns  o Concello de Cambre apoia a Folga Feminista convocada para o 8 de marzo. Unha folga que irá enmarcada con grandes mobilizacións ao longo de todo o país, onde as mulleres tomarán as rúas para demostrar que non só hai que parar o mundo, senón que tamén hai que transformalo cambiando os seus modelos patriarcales por modelos de igualdade, xustiza, paridade, liberdade, diversidade e democracia.
      
       Por iso é polo que o Concello de Cambre comprométese a:
      
      -Apoiar a Folga Xeral das Mulleres, facilitando o seu desenvolvemento nesta Corporación.

    
    -Facilitar con todos os medios materiais, persoais e de difusión as manifestacións, concentracións, actividades e actos que convoquen as asociacións de mulleres no 8 de marzo.
       
     - Enarborar a bandeira feminista no Concello como símbolo de apoio á loita das mulleres.
                           


ROGOS:


1.- O problema para dotar a parroquia de Cela de terreos para infraestructuras de ocio e lecer, foi e segue sendo un tema recurrente en esta e en anteriores lexislaturas. Recentemente os medios de comunicación informaban da adquisición dos mencionados terreos.

-PREGAMOS nos informen do proceso de compra e do proxecto encargado polo concello.

2.- Nas dúas anteriores lexislaturas teñense presentado en distintos plenos iniciativas para instar a que se promovesen as medidas necesarias ó fin de que o noso concello sexa compensado polo goberno do estado pola bonificación fiscal do 95% do IBI, que se recoñece a empresa concesionaria da autoestrada AP-9 que discurre polo noso termo municipal.
Por facer un pouco de historia, queremos recordar que as arcas do concello deixaron de ingresar no ano 2007 a cantidade de 168.848 euros correspondente o Imposto de Bens Inmobles, e nos periodos de 2005 a 2008, deixouse de percibir 805.649,36 euros en concepto de IBI, como consecuencia da bonificación do 95% aplicado a prol de AUDASA; por outra banda, esta empresa  obtivo nos últimos cinco anos un beneficio neto de 186 millóns de euros.
Tendo en conta o anterior, o noso Grupo PREGA  nos informen da situación actual en relación a reclamación do IBI a AUDASA, e si ten presentado ou pensa presentar denuncia ante a Unión Europea para que  esixa o Estado español  adapte  a normativa comunitaria,  como ten feito algún concello do entorno afectado por este problema.

3.- Recentemente vimos de coñecer unha denuncia da Asociación Animalista Libera, pola que tivo que denunciar ante a Xunta de Galicia a existencia dun can encadeado no noso Concello. A propia Asociación criticou a actuación do Goberno Local de Cambre, pola súa ausencia de resposta ante esta situación actualmente penada pola nova Lei de Benestar Animal.
PREGAMOS se informe polo Goberno Municipal sobre o relato dos feitos, as actuacións levadas a cabo e o protocolo de actuación previsto para detectar e erradicar este tipo de casos e situacións.



PREGUNTAS:

1.- Ante a continua lacra dos desafiuzamentos, dos que veciños do noso Concello non están exentos,
¿Pensa o Goberno  estudar medidas a nivel municipal, creando unha comisión especial mixta na que participen representantes do pleno municipal e das asociación de afectados, veciños e outras organización sociais coñecedoras da problemática?
2.- Un dos pasos de peóns  que supón un elevado perigo de accidentes, é o ubicado preto a entrada da urbanización da Barcala.
Xa temos manifestado noutras ocasións este problema que a día de hoxe segue sen ter unha solución axeitada. Entende o noso grupo que unha das  características básicas que deben ter tódolos pasos de peóns, é unha correcta visibilidade na súa ubicación, podendo dotalo de luminarias verticais ou outros elementos accesorios como balizas de sinalización, etc; tamén cabe a posibilidade de facer un estudo para plantexarse cambiar o seu emplazamento para aumentar e garantir unha maior seguridade .
Por este motivo PREGUNTAMOS si teñen pensado actuar neste punto problemático.

3.- No camiño que transcorre dende  Armental a Fabas,  a  maleza e árbores descasan enriba dos cables do tendido  de  telefonía  con risco de roturas e os conseguintes  problemas derivados da situación. Este problema existe en varios puntos do concello, un deles e o denunciado ante  noso grupo no lugar de Cepal en Anceis.
¿Poden informarnos si realizaron algunha xestión o respecto sobre o problema en xeral, e sobre os  problemas sinalados  na PREGUNTA?

                      Cambre a   19  de  febreiro de 2018


Asdo: Olga Santos López
Voceira do Grupo Municipal Asemblea Cidadá de Cambre- Son 



No hay comentarios: