lunes, 5 de marzo de 2018

NOTA DA COORDINADORA COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA DA CORUÑA 

Dende o pasado 23 de febreiro, Esquerda Unida ten novas caras na sua Coordinadora Comarcal. Un equipo plural e paritario que traslada á sociedade a viva imaxe do que Esquerda Unida é: socialismo, feminismo, ecoloxismo e republicanismo. Elixida por unanimidade, ás e aos compañeiros Berta Vigil, Juan Martínez, Carmen Armada, Omar Ceveira, Loreto Taibo e Juan Fco Soler para conducir a organización na comarca.

A nosa idea de proxecto será crear ilusión. A militancia de Esquerda Unida somos xente comprometida, loitadora e parte da locomotora das forzas da esquerda, pero e que ademais somos unha militancia con ilusión, con ganas e con forza.

Estamos a vivir momentos difíciles, estamos a ver como rompe a democracia, como rompe o modelo de Estado, e sobre todo, como colapsa o Réxime do 78. E a nosa comarca non escapa a esta realidade. E por isto que é o momento de Esquerda Unida, o momento de tensionar e actuar de forma organizada e coordinada para defender os valores de respeto, paz e convivencia.

Actualizaremos ademais algunhas das dinámicas interiorizadas na organización para adaptalas as necesidades actuais da comarca. As nosas sedes serán un lugar de encontro onde cada quen, dende dentro ou fora da organización, poida expresar, preguntar, respostar ou informar de todo o que precise. Será un espazo de confluencias, un espazo de formación; un lugar onde se poida tecer rede con outras agrupacións, asociacións ou xentes comprometidas.

En definitiva, o traballo que queda por diante é moito, pero as compañeiras deixaron o camiño xa asentado para a Esquerda Unida que debera ser. Unha agrupación de base asemblearia, das traballadoras e traballadores, de aquelas que día a día sufrimos a voracidade dun capitalismo que esmaga as nosas vidas. Unha agrupación que xunto a loita de clases sitúa a liberación da muller como motor político, queremos unha Esquerda Unida en forma e praxe feminista.

Afrontamos este tempo coa ilusión dunha Esquerda Unida forte e organizada capaz de da resposta ós conflictos da comarca. Continuaremos a estar masivamente nas rúas, nas loitas da clase traballadora. Queremos empoderar á militancia e a todas as persoas comprometidas que están a loitar pola mellora das condicións de vida da sociedade.

Convidámosvos a participar desta nova etapa, na que a ilusión, o compromiso e a loita serán as sinais da nosa identidade, tendo no horizonte a esperanza nun futuro para o 99%, un futuro das maiorías, un futuro dos pobos, un futuro socialista.



La imagen puede contener: 3 personas, personas sonriendo, personas de pie y rayas

No hay comentarios: