viernes, 16 de marzo de 2018





Prezadas compañeiras,
Prezados compañeiros,

Co n motivo das mobilizacións convocadas por todo o país para este sábado 17 de marzo en defensa dun sistema público de pensións e dunhas pensións dignas, dende Esquerda Unida facemos un chamamento a toda a militancia e simpatizantes á participación activa.

Os últimos acontecementos deste días por parte dun goberno aniquilador, colócannos nunha situación de obrigada reivindicación. O goberno do Partido Popular vén de vetar no Congreso a nosa Proposición de Lei que propuña revalorización das pensións como un dereito básico para equilibrar a contía das pensións co aumento do coste de vida, un veto que contou co beneplácito de Ciudadanos, que co seu voto permitiu que a Mesa do Congreso o aceptara.

Alén disto, o debate desta semana nas Cortes deixa patente que a estratexia do PP afonda e se instala no exterminio dos dereitos básicos da cidadanía manifestando o seu rexeitamento á mellora da calidade de vida das persoas, e o que é máis grave, o incumprimento do mandato constitucional do 78 (art. 50). Hoxe mesmo soubemos do rescate dunha nova autoestrada por parte do Goberno corrupto do PP, que segue insistindo en que non hai cartos para pagar as pensións, pero si dispoñen deles para cubrir as malas xestións dos seus amigos.

Por iso agora máis que nunca se fai necesario sair ás rúas e esixir que nos devolvan os nosos dereitos, na defensa dunhas pensións dignas para hoxe e para mañá!!
Compostela 15 de marzo de 2018

Rubén Pérez Correa

Secretaría de organización e finanzas de EU

No hay comentarios: