INICIATIVAS QUE PRESENTA O GRUPO MUNICIPAL DE "ACdC" O PLENO ORDINARIO DO MES DE MARZO
Asdo: Olga Santos López. Voceira do Grupo Municipal Asemblea Cidadá de
Cambre- Son
Olga Santos 669 796 995 Antonio Bruquetas 620 540 061
MOCIÓN PARA INSTAR O GOBERNO GALEGO PARA QUE IMPULSE UNHA
"MESA DE DIÁLOGO PARA O TRANSPORTE PÚBLICO"
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
Galiza necesita outra política de Transporte. Unha política
integral que teña como obxectivo prioritario a articulación territorial do
país. Articulación que debe estar
vertebrada por unha
interconexión de calidade entre áreas metropolitanas, núcleos vilegos,
zonas periurbanas e rurais, capaz de dar resposta ás demandas de mobilidade
presentes e futuras da nosa poboación.
Resulta pois, fundamental, transcender a dimensión espacial
do termo transporte (centrado no acto físico de portar mercadorías e persoas) e
introducir a dimensión social que leva consigo implícita a mobilidade, centrada
na capacidade das persoas para exercer un desprazamento. Dimensión social
transversalizada en todo momento por un elemento clave: a accesibilidade.
Atopámonos nun momento transcendental para que as galegas e
galegos poidamos contar cun Plan de Transporte Público de Galiza que dea
respostas concretas e efectivas a problemáticas históricas do noso territorio.
O límite temporal fixado pola Lei 10/2016 de Medidas Urxentes para a
Actualización do Transporte Público,
obriga á aprobación do Plan de Transporte 22 meses despois da súa
entrada en vigor, polo que se conta cun horizonte duns meses por diante para a
súa aprobación.
Temos por tanto, a oportunidade e a responsabilidade de
acometer coa máxima premura os traballos que sexan necesarios para que a
elaboración do Plan de Transporte de Galiza conte coa máxima participación e
diálogo social, garante de que se fixe como eixo fundamental a optimización do
servizo en base a criterios de rendibilidade social, sostibilidade,
transparencia e necesidade. Temos a oportunidade e a responsabilidade de que o
Plan de Transporte sexa froito dunha planificación integral da mobilidade do
país artellada baixo os principios de solvencia técnica, rigor técnico e máxima
seguridade xurídica.
A Sentenza de marzo de 2016 do Tribunal Supremo , que anulou
129 concesións de transporte público por estrada, prorrogadas pola Xunta
apelando a criterios contrarios á lei, dan boa conta do desleixo e
irresponsabilidade co que foi tratado un sector estratéxico para o noso país.
Un sector no que o Partido Popular leva décadas favorecendo a creación dun
mercado do transporte en beneficio das grandes compañías, poñendo por riba dos
dereitos das persoas, criterios mercantís e de redución de custos.
É unha obriga para o futuro do noso país mudar o rumbo.
Galiza non entrará no S.XXI ata non ter unha rede de transporte público de
calidade, cómpre poñer todos os esforzos en acadala.
Con ese obxetivo é fundamental a defensa dos seguintes
principios básicos:
1. Garantir o
dereito á mobilidade: Toda planificación da mobilidade no noso país debe estar
fundamentada no beneficio social e na búsqueda de mellora de calidade de vida
da poboación, reducindo os tempos empregados nos desprazamentos e garantindo
que se poidan exercer dentro de parámetros de equidade e xustiza social, con
independencia de renda e lugar de residencia.
2. Garantir un
transporte público de calidade, capaz de dar alternativa real ao vehículo
privado, con independencia dos factores socioeconómicos das persoas usuarias.
Un transporte público de calidade será aquel que polas súas características
sexa percibido como atractivo e útil pola poboación de forma transversal, cunha
tipoloxía de usuario que abranga todas as franxas de idade, renda ou lugar de
residencia
3. Mellorar a
calidade ambiental e impulsar a soberanía enerxética. Dispoñer dun transporte
público efectivo incidirá nun uso racional do vehículo privado, este feito leva
aparellada indubidablemente unha redución de emisións de CO2 e de gases
contaminantes, así como unha diminución do consumo enerxético global.
4. Garantir a
Accesibilidade en todo o Transporte Público
5. Apostar polo
equilibrio territorial e pola proximidade: A rede de transporte público debe
ser vector de equilibrio entre os diversos territorios, garantindo o acceso a
servizos a toda a poboación con independencia do seu lugar de residencia. Debe
requirir especial atención o fomento dun transporte de proximidade.
6. Impulsar o
dinamismo económico: A mobilidade debe permitir favorecer o atractivo das
actividades terciarias, converténdose nun instrumento para desenvolvemento
económico do país, contribuíndo en definitiva á dinamización económica do
mesmo.
7. Integrar a
todos os colectivos e administracións implicados. Deben estar integrados todos
os colectivos e axentes con implicación na materia dentro dun marco de
colaboración activa. Ao mesmo tempo que se debe contar con todas as
administracións con facultade e competencia na materia para traballar en prol
dun dereito que afecta á vida cotiá da poboación.
Dado que un novo modelo de mobilidade que vertebre un novo
modelo de país, só responderá ás necesidades reais da poboación se é froito do
diálogo social dentro dun marco de colaboración activa e só responderá a
criterios de beneficio social sobre os beneficios monetarios se é elaborado nun
marco de participación social e transparencia.
Por isto, O Grupo Municipal da ACdC considera imprescindible
constituír unha Mesa para o Diálogo do Transporte Público con representantes da
Xunta, sindicatos e empresas do sector, Concellos e Deputacións, direccións de
colexios e ANPAS, ademáis de asociacións da sociedade civil que sumen
representatividade, coñecementos e capacidade propositiva para podermos, así,
articular un espazo de información, deliberación, debate e deseño participativo
do novo Plan de Transporte Público de Galiza.
E propón o seguinte ACORDO para o seu debate e aprobación en
Pleno:
O Concello de Cambre insta ao Goberno galego a impulsar unha
Mesa para o Diálogo do Transporte Público coa fin de dotarnos dun Plan de
Transporte Público en base aos seguintes obxectivos:
-Deseñar unha rede de transporte colectivo atractivo polo
número de frecuencias e rutas, baixo as premisas de fiabilidade, puntualidade,
accesibilidade e competitividade en tempos.
-Artellar o país coa lóxica metropolitana e comarcal,
impulsando medidas como a conexión coas cabeceiras de comarca, implantación de
aparcamentos disuasorios nas contornas das áreas urbanas e introdución do
transporte urbano onde non exista.
-Impulsar a intermodalidade con outros medios de transporte
, implementando sistemas de xestión e tarifarios unificados para para incluír,
ademáis dos autobuses urbanos e metropolitanos, novas opcións coma os
ferrocarrís de proximidade, tranvías e metros lixeiros, transporte marítimo
metropolitano etc.
-Deseñar unha rede de transporte colectivo tendo en contas
as diferentes áreas funcionais, dando cobertura e conexión aos principais nodos
atractores de mobilidade como hospitais, universidades, centros comerciais,
polígonos industriais, estacións etc.
-Fomento doutras formas de mobilidade sostible, tanto
ciclista como peonil.
-Garantir a mobilidade en espazos rurais e zonas de baixa
densidade de poboación mediante a implantación progresiva de concesións zonais,
uso de vehículos de transporte colectivo de menor tamaño e outras iniciativas
como programas de transporte a demanda ou transporte escolar compartida.
-Desenvolver sistemas integrados de transporte colectivo nos
espazos de maior densidade litoral como as Rías Baixas e a Mariña de Lugo,
incluíndo o transporte marítimo metropolitano dentro da oferta do transporte
público.
-Sincronizar a oferta de transporte público cos incrementos
de demanda estacionais relacionados co turismo, garantindo a calidade do
servizo e dando resposta ás demandas específicas derivadas de dita actividade,
mediante aumento de frecuencias e rutas.
-Adaptar a oferta de transporte público aos incrementos de
demanda relacionados cos calendarios escolares e universitarios e relación
desta cos fluxos de mobilidade específicos da comunidade educativa e
universitaria. Supresión da estacionalidade relacionada cos calendarios
escolares e universitarios cando isto supoña unha redución de oferta e unha
diminución da calidade do servizo.
-Incluír a perspectiva de xénero no deseño das redes de
transporte público, horarios, rutas, paradas e equipamentos. Así como impulsar
medidas que resolvan as carencias do transporte público colectivo no referente
á percepción de seguridade.
ROGOS:
1.- En datas
recentes, o Goberno anunciaba a instalación e modificación de novos pasos de
peóns en diversos lugares do Concello. Esta necesidade foi plantexada polo noso
Grupo en distintas ocasións, considerando
necesario e urxente dita actuación.
Por outra banda, nunha zona completamente urbana con intenso
tráfico rodado e peonil, coma é a zona do Graxal, observamos o deterioro do
pintado dos pasos e incluso nalgunha rúa sen pintar ou pintados a medias. Estas
carencias, nun tema tan importante coma é a seguridade vial ben merece un
seguimento no mantemento e na súa reparación tendo en conta o perigo que xera a
situación.
-PREGAMOS se
proceda a sinalizar horizontalmente os pasos de peóns, mediante o repintado dos
mesmos.
2.- Considera o
noso Grupo municipal que a recuperación da arquitectura popular é unha cuestión
de notable importancia, sobre todo para
poder transmitirlles as futuras xeracións a herdanza dos nosos devanceiros.
Unha sinal importante das nosas tradicións, son “os muíños
de auga”, que pola súa singularidade alegraban o paisaxe
dos nosos ríos ademais de prestar o servizo desprendido da súa actividade
orixinaria. No noso concello, podemos dicir que é muy pouca ou nula a
restauración do legado dos nosos antepasados (neste caso), que se debera
conservar como símbolos e testemuñas das circunstancias que conforman a nosa
historia e a nosa cultura.
Polo tanto perténcelle as administracións públicas poñer en marcha iniciativas para rescatar
estes valores da arquitectura popular, tendo en conta que algunhas destas
construccións atópanse en un estado de especial abandono e deterioro; que, de
non remedialo con urxencia perderiámolas para sempre. Son as ribeiras dos ríos
de Cambre testemuñas de tan singulares elementos etnográficos.
A Lei 5/2006, do 30 de xuño, para a protección, conservación
e mellora dos ríos galegos, no seu artigo 1, declara prioridade de interese
xeral para a Comunidade Autónoma de Galicia a conservación do patrimonio
natural fluvial, incluíndo a biodiversidade da flora e a fauna dos ríos
galegos, así como o patrimonio etnográfico e histórico-cultural relacionado.
Declarase, así mesmo, a obriga das administracións públicas galegas para
garantir a protección, conservación e mellora do patrimonio natural fluvial.
-PREGAMOS nos
informen da situación do patrimonio etnográfico situado nas ribeiras dos rios
do noso termo municipal, e si ten previsto o Goberno algún proxecto ou
actuación para poñer en valor este patrimonio.
PREGUNTAS:
1.- Nas proximidades
da rúa Cruceiro na confluencia con “ABANCA”, instalaronse bolardos para protección das sinais verticais
fronte a praza de aparcamento, persoas con problemas de mobilidade queixabanse que o reducido espacio
entre os bolardos e vehiculo, non lles permite abrir a porta na súa totalidade.
Ante as dúbidas sobre o cumprimento das normativas respecto
as distancias, tanto os bolardos, coma do espazo libre a ambos lados da praza
de aparcamento reservada o noso Grupo PREGUNTA:
¿Qué medidas teñen pensado acometer os responsables do
goberno para solventar este problema?
2.- Problemas
derivados dos temporales de vento e
choiva acontecidos os días 23 e 24 do
pasado mes, provocaron (coma ben sendo habitual) a caida e desplazamento de contenedores de
lixo, vallas, etc; por carecer dun sistema de anclaxe ou suxección,
ocasionando problemas para o tráfico rodado e peonil co conseguinte perigro de
accidentes.
No pleno de febreiro de 2017, presentaba o noso Grupo unha
iniciativa en este mesmo sentido, contestando a concelleira responsable delegada da área de Servizos: “Que recollia
o ROGO dende a primeira a última
palabra”
-Pode informarnos a concelleira responsable das xestións
realizadas para mellorar a situación?
Cambre a
28 de Marzo de 2018
Asdo: Olga Santos López. Voceira do Grupo Municipal Asemblea Cidadá de
Cambre- Son
No hay comentarios:
Publicar un comentario