martes, 24 de abril de 2018




INICIATIVAS QUE PRESENTA O GRUPO MUNICIPAL DA "ACdC" AO PLENO ORDINARIO DO MES DE ABRIL


La imagen puede contener: texto




La imagen puede contener: texto






La imagen puede contener: texto
                                                                        ROGOS:
PRIMEIRO ROGO  

            Son moitas as críticas que se están a producir pola cidadanía en relación á "Campaña" iniciada polo Goberno Cambrés para identificar ós donos das fincas privadas cos que non existe posibilidade de contactar ou que lle son descoñecidos, co obxecto de poder localizalos para que procedan á limpeza das súas propiedades antes de que chegue o verán.
            Entendendo que o espíritu da iniciativa é evitar incendios como os xa acontecidos, vemos nesta iniciativa graves erros:

            -           CAMPAÑA:   
Unha Campaña realizada por un Concello debería contar alomenos con varias características, das que esta, adolece.
Debería ser pública, e non o é debido a que só tiveron acceso a ela as AAVV.
Debería conter información veraz, e non a ten. Dende que publicaron a noticia na web e na prensa, moitos veciños contactaron co concello para preguntar pola ubicación do listado así como a data de publicación no BOP e ningunha das dúas informacións estaban dispoñibles.

            -           BANDO:         Ausencia de acceso ó Bando na Web do Concello.

            -           TRATAMENTO DE DATOS:
Non existe información nin garantías de cara ó cidadán con respecto ó tratamento e custodia dos datos que aporten as AAVV. Descoñecemos si os datos se recollen de palabra, se anotan nunha libreta, se rexistran nunha grabadora, se envían por un audio de whatssap ou se da fe ante notario.
           
            PREGAMOS se actúe por parte do Goberno nos seguintes términos:

A.-       Sexa feito público o listado de parcelas con falta de identificación e localización de propietario ou propietarios, se poña a disposición o enlace de publicación no BOP así como a publicación do Bando.

B.-       Sexamos informados neste pleno do número de titulares localizados e informados de xeito satisfactorio dende a iniciativa desta "Campaña" ata o día de hoxe dos 99 ilocalizables.

C.-       Sexa publicado e informado este pleno do protocolo de actuación con respecto ó tratamento de datos persoais obtidos polo Concello.



SEGUNDO ROGO  


            Ante a municipalización do servizo de desbroces debido ó "incumplimento das empresas contratadas con anterioridade", foi declarado hai xa un ano pola Concelleira responsable que coa realización dos desbroces con medios propios "pretendemos un maior control e seguimento sobre os traballos co fin de mellorar o servizo".

            O do 2017 foi un ano dunha pésima xestión municipal no relativo á limpeza dos camiños, producíndose gravísimos retrasos, moitas queixas veciñais e situacións indesexables producto da ausencia de limpeza nos camiños durante os meses de mais calor e profusión de maleza.

            A competencia municipal en materia de vías públicas chega tanto ás urbans como as rurais sendo obriga do Concello mantelas en bo estado de conservación.
            A día de hoxe o estado dos camiños é preocupante, canto menos. Tendo en conta que este ano os desbroces teñen que estar listos o 31 de maio,

            PREGAMOS: Que o goberno municipal de Cambre actúe coa celeridade suficiente como  para ter rematados os desbroces e limpeza de camiños municipais antes do 31 de maio e que nos faga relato neste salón de plenos do cronograma que, entendemos, xa terá elaborado para que sexa extensivo ós veciños e saibamos o percorrido a seguir coas datas previstas para cada unha das parroquias do noso Concello. Dito cronograma debería de estar accesible na páxina web do Concello para a súa consulta e difusión.




TERCEIRO ROGO  

            O paso de peóns situado nas inmediacións da rotonda da Rúa Paseo Marítimo e o denominado Pinar da Reina, perto do límite co Concello de Oleiros, carece das beirarrúas nunha das súas beiras e prácticamente invadido pola maleza da propia rotonda.

            PREGAMOS: o seu acondicionamento e adaptación as medidas de seguridade vixentes contempladas para estas infraestructuras, como pode ser o seu repintado horizontal.






PREGUNTAS


PRIMEIRA PREGUNTA    


PRIMEIRA-     Ante a demanda veciñal, confirma o noso Grupo Municipal a peligrosidade na incorporación á N-550 en Altamira de Arriba fronte A Fonte, lugar no que, como consecuencia da inexistencia de carril de incorporación e os vehiculos aparcados na marxe dereita, faise moi difícil a saída á Nacional, sendo necesario achegar o vehículo ó carril para poder ter visibilidade suficiente.
            Coidamos que esta situación podería verse sustancialmente mellorada coa colocación dun espello que facilite a visibilidade dos vehículos que proceden dirección Carral.

            En base ó anteriormente exposto o GM da ACDC  PREGUNTAMOS pola posibilidade de analizar a nosa petición e procurar ofrecer maior seguridade nesta incorporación coa colocación dun espello convexo.

           

SEGUNDA PREGUNTA


            ¿Qué actividades ten desenrolado o concello con motivo da celebración do día da Festa da Arbore? En caso de resposta afirmativa, en qué lugares e con qué promoción?




TERCEIRA PREGUNTA



            ¿Poden informarnos do cronograma de contactos que este Goberno leva tido, dende o inicio da presente lexislatura ata o día de hoxe co Ministerio de Fomento en relación ás continuas averías dos semáforos no cruce da Rocha así como para reclamar a construcción da orzamentada rotonda? (Calquera contacto co Ministerio de Fomento que inclúan na información que lle solicitamos deberá ter sustento documental)




                              Vista del cruce de A Rocha donde se construirá una rotonda.


Cambre a   23  de  abril de 2018
Asdo: Olga Santos López
Voceira do Grupo Municipal Asemblea Cidadá de Cambre- Son























                   

No hay comentarios: