INICIATIVAS DO GRUPO MUNICIPAL DA "ACdC" AO PLENO ORDINARIO DE XULLO
Queda
menos
de un ano para as próximas eleccións municipais e esta Corporación atópase preto de rematar o
seu mandato. As tarefas dos órganos representativos
da vontade dos vecinos e veciñas deben prantexarse de xeito continuado e o certo é que antes da
convocatoria das eleccións parecería lóxica a celebración
dun debate público que
significara unha rendición de contas do
traballo realizado durante a presente lexislatura, tanto polos grupos políticos que asumiron a responsabilidade
de gobernar como polos restantes grupos integrantes da Corporación no seu papel
de control e fiscalización.
Este podería ser
un xeito de contribuir a fomentar a participación dxs
veciñxs na vida do concello e dar dignidade e credibilidade á actuación dxs
representantes públicos.
O mesmo tempo, un
debate deste tipo podería
permitir que quedaran prantexados os problemas mais importantes ós
que debe enfrontarse a nova Corporación que vai xurdir das próximas
eleccións e os distintos problemas existentes para a súa solución.
Por isto, o
noso Grupo PREGA a Alcaldía que, antes da convocatoria das próximas eleccións municipais, e nunca despois do comenzó da campaña electoral, se celebre un pleno municipal
extraordinario adicado única e específicamente a realizar un debate en torno do traballo desenrolado polo
Goberno municipal e os restantes grupos políticos ó longo dos últimos catro anos.
Asimesmo (e sempre no caso que sexa aceptado Rogo formulado) o noso Grupo
interesa que se difunda de xeito amplo entre os veciños e os medios de comunicación a información sobre
da celebración e finalidade do pleno extraordinario.
Para “ACdC” a rede de camiños públicos do concello constitúe
un elemento indispensable para a comunicación entre distintos lugares, existindo en Cambre algúns
viales que polas súas
características e falta de atención provocan
situacións, que impiden a circulación das persoas motivado a invasión da maleza .
O caso que nos ocupa, é o camiño público que
transcurre dende a rúa
Castellana (anteriormente Freande), ata a rúa Pumar Mendez.
Hai
exactamente un ano prantexamos esta situación na que pregábamos
que dende o equipo de goberno procederan ó acondicionamento do camiño así como
que tiveran en consideración a posibilidade de dotalo de puntos de luz, por
carecer deste servizo.
No
pleno de xullo de 2017, a ausencia da Concelleira responsable, motivou que esta
nos contestara por escrito no seguinte literal:
"Recollemos o rogo. Dito camiño a día de hoxe xa foi desbrozado, e en canto a dotalo de
puntos de luz os técnicos do Concello están a facer unha valoración. De todos os xeitos, en caso de ser favorable, se tería en conta para futuros proxectos."
Actualmente,
o camiño atópase exactamente na mesma situación de
hai un ano a pesar de ter aceptado o rogo e comprometido o seu
acondicionamento. Con respecto ós puntos de luz, e pasado un ano, entendemos
que a valoración estará xa feita.
Non
temos ningún tipo de información
sobre a limpeza do camiño, nin do resultado da valoración, nin de si está incorporada
a dotación de puntos de luz, tal e como se comprometeron hai un ano, aceptando
o rogo.
PREGAMOS
por tanto, que leven a cabo as actuacións necesarias
para proceder a cumplir co seu compromiso derivado da aceptación do rogo. Ditas
actuacións serán as encamiñadas á limpeza do camiño e a dotación dos puntos de
luz si é favorable a valoración así como a incorporación a "futuros
proxectos".
O
pasado mes de abril saiu publicado o segundo número do boletín de
información municipal de Cambre .
Con independencia do
que este Grupo municipal considera como excesivo tono propagandístico da laboura do Goberno e da
meramente testimonial referencia á
que
desempeñan os restantes Grupos coidamos interesante ós efectos informativos e de
transparencia o esclarecemento de determinadas cuestións.
Ditas cuestións non serían de tanta importancia
si o contido do xornal recollera a
pluralidade das iniciativas do conxunto da corporación. O feito de que
sexa utilizado para resaltar as bonanzas na xestión dos partidos que forman o
equipo de goberno convirte a este medio de información nun medio de propaganda.
Neste caso o emprego de diñeiro público non ten como obxecto o beneficio da
veciñanza senón a publicidade e a
promoción de UXC, PSOE e BNG. Entendemos, asímesmo, que neste caso, deberían
ser estes tres partidos os que financiaran a súa propaganda.
O feito de que sexa o diñeiro de todas as
veciñas e veciños o que se utiliza para promocionar a determinados partidos políticos,
e non a outros require de cuestións a responder.
Acostumados estamos a que nos textos dos rogos non se nos
responda ás preguntas que facemos, motivo polo que as
exporemos sin esperar a que as respondan pero confiando en que o fagan:
¿Cal foi a
tirada deste segundo exemplar?
¿A canto
ascendeu o custo total, incluido edición, distribución e outros
posibles gastos?
¿Existe algunha
colaboración para a súa
confección de persoas non vencelladas o concello?. No caso afirmativo, ¿quen
son esas persoas?
¿Que
criterios se siguen para seleccionar as informacións?
En
base ó anteriormente exposto o GM da ACdC
PREGAMOS:
Que o equipo de goberno proceda a financiar con medios
propios calquera publicación que non recolla a todos os grupos políticos con
representación no Concello, ou, no caso de querer utilizar diñeiro de todas e
todos os cambreses, procedan a repartir, con criterios de proporcionalidade o
espazo do xornal entre todos os grupos con representación nesta Corporación
Municipal.
¿Poden
informarnos sobre a tramitación
da Moción presentada polo noso Grupo, en relación a aplicación dun
gravame ás empresas eléctricas e de gas pola utilización do dominio público?
A
competencia municipal en materia de vías públicas alcanza
tanto as urbanas como as rurais, o concello ten a obriga de mantelas en bo estado de conservación.
¿Pode informarnos
a responsable da área, si o camiño que discorre entre
o lugar de Gal-gan e a fonte de Amil, figura no inventario de bens elaborado
para tal fin?
Diversas identidades públicas e privadas de Galicia, entre elas
diversos concellos, teñen amosado a súa solidariedade
cos problemas que sofren as persoas que viven nas zonas de guerra en Siria, ben
dando acollida temporal a grupos de
familias ou ben remitindo axuda material para a poboación civil das áreas
do conflicto.
¿Realizou ou ten
previsto realizar o concello de Cambre algunha actuación en relación con este problema?
Cambre
a 20
de xullo de 2018
Asdo:
Olga Santos López
Voceira do Grupo Municipal
Asemblea Cidadá de Cambre- Son