sábado, 8 de septiembre de 2018

EU Informa:

Este xoves preguntaremos ó Goberno do Concello de Cambre, múltiples cuestións. 
Estas preguntas as facemos en sesión de Comisións Informativas, que non son públicas pero dende a Asemblea Cidadá de Cambre darémoslle a publicidade que merece o esclarecemento destas cuestións.

*** Ante a inacción da inmensa maioría das Concellerías de titularidade de Unión X Cambre, PSOE Cambre e BNG CAMBRE, preguntaremos a todas elas cales son as propostas que emanaron de cada unha, estes tres últimos anos.
*** Respecto ós apercibimentos ós titulares de fincas sin rozar preguntaremos cantas denuncias e sancións levan impostas.
*** Tamén trasladaremos a queixa de moitas veciñas e veciños sobre a insalubridade durante as festas pola inexistencia de WC portátiles de uso público.
*** Outro dos asuntos que nos preocupa e sobre o que o Goberno de Cambre non toma medidas é a constante suciedade da nosa auga. 
*** Queremos saber qué se ten feito cara a conversión da Fraga de Cecebre nun espazo público para disfrute de todas e todos. 
*** Preocúpanos a cantidade de nenas e nenos que quedan cada ano sin praza nas nosas escolas infantís. Preguntaremos polas cifras.
*** Tamén queremos saber cales son as obras e xestións feitas durante estes tres anos de lexislatura de cara a erradicar a cantidade de barreiras arquitectónicas que existen nos locais socioculturais do noso Concello.



INICIATIVAS COMISIÓNS 
INFORMATIVAS 
CORRESPONDENTES O PLENO APLAZADO 
DO MES DE AGOSTO


COMISIÓN INFORMATIVA DE ECONOMÍA, FACENDA, SEGURIDADE
CIDADÁ E PARTICIPACIÓN.

1º.- ¿Cal é o listado coas propostas emanadas de cada unha das
concellerías que pertencen á presente C.I. dende o inicio de lexislatura ata a

actualidade?

2º.- Recentemente asistimos á polémica sobre o mantemento e
conservación dos diferentes terreos en perfectas condicións de seguridade salubridade e ornato público, que obriga ós propietarios de soares e fincas a proceder á limpeza da vexetación que poidera cubrir ou perxudicar as rúas e camiños públicos. 

¿Poden informarnos a día de hoxe, cantas denuncias, tanto de
veciños como de persoal do Concello, lévanse recibido en relación con posibles nfranccións, facendo mención da cantidade de expedientes sancionadores que
se levan incoados como consecuencia das anteriores, e sancións impostas no seu
caso?

3º.- ¿Cal é a valoración e previsión para futuras ocasións, que se fai con especto ás múltiples queixas recibidas con respecto ó tema da insalubridade e malos olores como consecuencia da ausencia de urinarios públicos durante as festas patronais de Cambre?

COMISIÓN INFORMATIVA DE URBANISMO, OBRAS, MEDIO AMBIENTE,
PATRIMONIO E DESENROLO SOCIOECONÓMICO

1º.- ¿Cal é o listado coas propostas emanadas de cada unha das concellerías que pertencen á presente C.I. dende o inicio de lexislatura ata a actualidade?



2º.- Existen múltiples queixas sobre a suciedade da auga corriente en diferentes lugares do concello, con especial incidencia na zona do Temple.

¿Poden informarnos sobre a orixe desta insalubre situación así como do relato das xestións realizadas polo persoal competente para poder subsanar esta reiterada molestia ás veciñas e veciños de Cambre?

3º.- En diferentes ocasións tense prantexado ó Goberno municipal a
cuestión de convertir un espazo público e dar utilidade xeral a un espazo tan importante para o Concello como é a Fraga de Cecebre. 

¿Existe no Concello algún tipo de proxecto iniciado que poida permitir que o Concello ou calquera outra administración pública adquira a mencionada propiedade?

COMISIÓN INFORMATIVA DE SERVIZOS, XUVENTUDE, CULTURA, DEPORTES,
RECURSOS HUMÁNS E BENESTAR SOCIAL.

1º.- ¿Cal é o listado coas propostas emanadas de cada unha das
concellerías que pertencen á presente C.I. dende o inicio de lexislatura ata a actualidade?

2º.- ¿Cantas nenas e nenos quedaron sen praza nas escolas infantís do noso Concello nos anos 2015 a 2018?

3º.- A través dunha iniciativa da ACdC trasladamos a inicio de lexislatura ó Goberno a existencia de múltiples barreiras arquitectónicas en moitos dos locais socioculturais do Concello. ¿Poden informarnos pormenorizadamente das actuacións realizadas en cada un dos locales socioculturais do Concello orientadas á eliminación de ditas barreiras arquitectónicas, ó longo da lexislatura?


Asdo: Olga Santos López
Voceira do Grupo Municipal Asemblea Cidadá de Cambre- Son

No hay comentarios: