martes, 30 de octubre de 2018

 


Esquerda Unida apoia a folga dos Puntos de Atención Continuada contra a precariedade que sufre
o persoal sanitario


Compostela, 16 de outubro de 2018. Esquerda Unida apoia a folga do persoal sanitario que traballa nos Puntos de Atención Continuada (PACs) en Galicia, motivada polas as condicións de precariedade nas que os profesionais se ven obrigados a desenvolver o seu traballo. A isto súmase o falecemento dunha persoa nun PAC do SERGAS o pasado verán sen que fose atendida por mor das carencias de persoal sanitario, un suceso que nunca se debería ter producido. Foi no concello de A Estrada, pero podería ter acontecido en calquera outro punto da nosa xeografía.

Tal e como explica a coordinadora nacional de Esquerda Unida, Eva Solla, “o persoal dos PAC leva moito tempo denunciando as condicións de precariedade nas que se ven obrigadas a desenvolver o seu traballo. As carencias de persoal estruturais das urxencias de atención primaria fai que moitos centros permanezan cun só equipo de traballo (profesional medicina/profesional enfermaría) que ten que encargarse de atender consultas, domicilios e saídas nas ambulancias do 061”. É precisamente esa realidade do día a día o que fai que, en ocasións, os centros estean desprovistos de profesionais.

Doutra banda, “a Xunta debe aos traballadores e traballadoras parte do seus salarios dende 2010 e obriga ao persoal público a recuperar as horas derivadas, por exemplo, de incapacidades temporais por enfermidade ou por permisos ante o falecemento dun familiar; unha situación que viola todos os dereitos laborais”, concreta a tamén deputada de En Marea.

“A todo isto súmase a ausencia de materiais axeitados para facer o traballo e un maltrato continuo por parte da administración que finalmente só redunda en empeorar a calidade do servizo. Un servizo sumamente delicado e no que practicar recortes pode ter, como xa vimos, consecuencias fatais”, asegura Eva Solla.

Por todo isto, dende Esquerda Unida apoiamos a folga do persoal dos PACs contra a precariedade que sufre o persoal sanitario e esiximos á Xunta que se sente a negociar as melloras reclamadas dende fai meses polas profesionais.


Grazas pola vosa atención.

Gabinete de prensa de Esquerda Unida
Graciela Rojo 626 216 550

Irene Tomé 638 439 711

No hay comentarios: