miércoles, 28 de noviembre de 2018






INICIATIVAS PLENO NOVEMBRO 



SR. ALCALDE DO CONCELLO DE CAMBRE
Adxunto ó presente escrito, acompaño Rogos e Preguntas que o Grupo Municipal da Asemblea Cidadá de Cambre, desexa que sexan incluídas para o seu debate no Pleno Municipal correspondente ó día 29 de Novembro de 2018, de conformidade co disposto no Artigo 97.2 do Regulamento Orgánico, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, e no propio Regulamento Organico Municipal do Concello de Cambre.




 
Cambre a 26 de Novembro de 2018
 Asdo: Olga Santos López.Voceira do Grupo Municipal Asemblea Cidadá de Cambre- Son


MOCIÓN CON MOTIVO DO 25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA.

EXPOSICION DE MOTIVOS:
            Calquera sociedade democrática debe protexer á súa cidadanía e impulsar valores de respecto, igualdade e convivencia, e vemos como as institucións do Estado Español fallamos ás nosas mulleres, que son asasinadas, violadas, explotadas sexualmente, discriminadas e invisibilizadas.
            Temos a obriga de responder coa mesma dignidade e forza que as mulleres que saen á rúa cada 25 de novembro gritando ¡Nin unha Menos!
            Debemos levar as súas esixencias ás políticas locais, sen fisuras, desde unha perspectiva integral e unha estratexia global, xa que as violencias atópanse en tódolos ámbitos da vida. Son necesarias medidas reais e urxentes contra a Violencia Machista, con orzamento, dotación económica, material e recursos humanos, que sexan revisables e evaluables, que incorporen todos os tipos de violencia contra as mulleres (física, psicolóxica, económica, sexual, reproductiva...) e en calquera que sexa o seu ámbito de manifestación (familiar, parella/relación, laboral, social, institucional) nas que deben traballarse e envorcarse específicamente actuacións dirixidas a situacións de especial vulnerabilidade.
            ámbito municipal, máis próximo á cidadanía, é o marco idóneo para incidir de xeito decisivo na vida as mulleres e dar unha mensaxe clara e contundente contra a violencia machista, por iso a dotación do Pacto de Estado parécenos insuficiente para levar a cabo unha verdadeira loita contra a violencia machista e hai que buscar os medios de loitar e atender con dignidade e eficiencia a violencia machista.
Por todo iso, o Pleno do Concello de Cambre comprométese a:

PRIMEIRO: Dar conta ao Pleno do Concello de Cambre da implantación, seguimiento e estatísticas das medidas acordadas o ano 2017 en relación á violencia machista e comprometidas na Moción aprobada en pleno ordinario do mes de Novembro, así como no Plan de Igualdade en vigor.
SEGUNDO: Realizar unha Declaración de Concello Libre de Violencia Machista. Dita declaración non pode quedarse nunha manifestación formal, debe ter novamente unha dimensión real e cuantificable que se concrete en propostas adecuadamente orzamentadas.
TERCEIRO: Impedir que na programación municipal de actividades sociais, culturais, lúdicas, deportivas, festivas e de toda índole haxa contidos sexistas que atenten contra a dignidade das mulleres, erradicando a hipersexualización e cosificación das mulleres nos espazos públicos.
CUARTO: Implantar un PROTOCOLO DE ACTUACIÓN CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA no seo do Concello.
QUINTO: Dotar de recursos económicos aos clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas, seccións deportivas e agrupaciones deportivas escolares que non discriminen por razón de sexo nos seus premios ou recoñecementos que se outorguen a persoas deportistas.
SEXTO: Desenrolar políticas encamiñadas á abolición da prostitución,como forma extrema de violencia machista. Executando políticas activas para erradicar todas as formas que teña relación coa explotación sexual; con especial atención ás ordenanzas de publicidade e todas aquelas que de forma directa ou indirecta permitan ou faciliten o desenvolvemento de actividades encamiñadas a devandita explotación.
SÉTIMO: Rexeitar calquera ordenanza municipal que estea inspirada en posturas prohibicionistas, e que por conseguinte penalicen ás mulleres en situación de prostitución.
OITAVO: Rexeitar calquera proposta dirixida á legalización dos ventres de alugueiro e colaborar activamente en calquera proposta dirixida á erradicación deste novo xeito de explotar os corpos de mulleres pobres así como á compraventa de crianzas.
NOVENO: A eliminar a publicidade discriminatoria ou denigrante das mulleres, ben desde os soportes, publicacións ou transportes públicos (marquesinas, autobuses taxis, guías, ou información turística) ben non contratando con medios privados que a manteñan ou potencien.
DECIMO: Que as presentes medidas e propostas sexan asumidas desde a dotación suficiente para ser levadas a cabo.



ROGOS

      PRIMEIRO           

            Unha vez mais, veciñ@s da rúa Miguel González Garcés, trasladaron ó noso Grupo que na beirarrúa frente o parque infantil de O Carballo hay unhas tapas de rexistros que non están ben axustadas producindo ruidos molestos cando se pisa enriba das mesmas.   

            PREGAMOS, realicen as xestións oportunas para correxir o problema e procedan a comunicar 





Xa supera os dous anos que o noso Grupo ten presentado esta mesma petición que hoxe procedemos a reiterar, tendo en conta que durante tido este tempo o Goberno fixo oídos xordos.
            Non cesaron as queixas de numerosas usuarios e veciños, mais ben ó contrario, sendo cada vez maiores. Si á desatención do Goberno lle engadimos as queixas dos veciños e que o tema de que se trata afecta directamente á seguridade viria, dende o noso Grupo Municipal vémos na responsabilidade de urxir e reiterar esta petición.
            Falamos novamente do estado de perigosidade e inseguridade que se produce no camiño que transcorre entre a estrada CP.-1704 Brexo a Sta. Mª de Vigo CP.- 1704, presentando zonas que comportan perigo para a circulación rodada e peonil (sobre todo na proximidade do río Brexa).

            Polo exposto, PREGAMOS o Goberno procedan a correxir esta situación de perigo, coa instalación de biondas de seguridade nos marxes da estrada.

     TERCEIRO     
           
            Recentemente vimos de aprobar varias iniciativas relacionadas coa vivenda social en Cambre así como relativas á problemática na que se atopan inmersas varias familias do noso Concello residentes no edificio sito na Patiña, como consecuencia da inexistencia de vivenda social no noso Concello e a ausencia de políticas orientadas á súa consecución por parte do actual goberno, a pesar de ter iniciativas aprobadas a este respecto dende hai anos.
            Unha desas iniciativas recentemente aprobadas foi unha declaración institucional suscrita e apoiada por todos os grupos. En dita declaración chegouse  a unha serie de acordos entre os que se contemplaba unha reunión de urxencia coas administracións Estatal e Autonómica, solicitar un informe legal ó gabinete xurídico da Deputación sobre a situación da propiedade do inmoble, esixir a urxente renovación dos alugueres na Patiña, solicitar que a Xunta poña a disposición das familias que o necesiten alugueres sociais , o estudio de medidas legais contra calquera empresa que leve a cabo políticas especulativas en Cambre e esixir á Xunta de Galicia e Estado que poñan en marcha un mecanismo urxente de recolocación nos casos necesarios.
            Pasado un mes, e tendo en conta que en varios destes puntos incluímos o termo URXENTE, aínda non temos coñecemento do estado de tramitación destes puntos, polo que invitamos ó Goberno que aproveite esta sesión plenaria para informarnos a todas as presentes sobre o punto de xestión no que nos atopamos en cada un dos acordos.
            Na mesma sesión aprobouse unha Moción presentada polo Grupo da ACdC con varios acordos ós que se sumaron dous mais doutro grupo.
            Dos acordos adoptados queremos facer mención ós seguintes:

         PRIMEIRO: realizar as xestións oportunas coa Xunta de Galicia para colaborar no programa de Vivendas Baleiras.
         TERCEIRO: por en Marcha a primeira fase dun Plan Municipal dirixido a vivendas de alugueiro social.
            Estes compromisos foron adoptados coa Abstención do equipo de Goberno.
            Días despois foi celebrado un pleno extraordinario relativo nun dos seus puntos a este mesmo tema. Naquel pleno o grupo propoñente prantexou a seguinte medida:



                   Proposta de asunción polo Concello de Cambre das competencias propias en materia de promoción e xestión de vivenda de protección pública, recollida no artigo 25.2.a) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e en particular do compromiso de adherirse á maior brevidade posible ao Programa de vivendas baleiras da Xunta de Galicia
            O equipo de Goberno no seu conxunto votou en contra deste punto, tendo en conta que poucos días antes coa súa abstención permitiron que esta mesma petición se aprobara,  e eles se comprometeran con todos os veciños e veciñas a levar a cabo o cumplimento desa iniciativa.
            As faltas de coherencia e o costume de prometer unha cousa e facer a contraria é unha constante do actual equipo de goberno, pero nesta situación, que entendemos debe ser de total respeto e seriedade cara o que é un grave problema no noso Concello requerimos ó Goberno que comece a comportarse dun xeito profesional e respetuoso. Non entendemos como se pode votar unha cousa e a contraria sendo os máximos representantes desta institución.

PREGAMOS


            Sexan iniciadas as actuacións precisas para dar cumplimento ós acordos adoptados polo conxunto desta Corporación, e particularmente polos membros do equipo de goberno no relativo ós acordos adoptados no pleno ordinario de outubro con respecto á moción de ACdC.




PREGUNTAS

       PRIMEIRA            

Ante a chegada do outono e as consiguientes choivas,
O Grupo municipal da "ACdC" PREGUNTA ó Goberno Municipal si puxo, ou ten pensado poñer en marcha algún plan de limpeza das alcantarillas e sumidoiros a través da activación dos medios necesarios e suficientes para evitar inundacións.


      SEGUNDA     

            A protección do réxime das  augas  realízase básicamente mediante a protección de dominio público hidráulico para o que se delimitan.
            Na zona do Temple, onde comenza o entubamento do regato de San Pedro, existe un cercado que non respeta a zona de servidume legalmente establecida por Lei ,   impedindo  o seu paso e circulación de persoas por dita zona de servidume.
            ¿Ten o Goberno coñecemento da situación, e ten actuado respecto a mesma.?
      TERCEIRA     

            Como consecuencia das obras relativas á reordenación da Rúa O Balado, un poste de madeira que sustenta liñas de suministro atòpase en estado de posible derrumbe e alto grao de perigosidade.
            Tal e como se pode observar nas fotografías adxuntas, na súa base ten cintas sinalizadoras polo que entendenmos que alguén observou a súa perigosidade pero non existe sinalización algunha ni n tan siquera unhas vallas de protección que eviten que un peón se poida achegar a él.
            Tendo claro que existe perigo de derrumbe e por non estar correctamente sinalizado preguntamos á responsable do departamento de obras por qué motivos un poste que se atopa a 100 metros do seu despacho non é inmediatamente asegurado e sinalizado ata que a compañía responsabe proceda a retiralo ou seguralo, según proceda?


(Entendemos que á recepción desta pregunta porán en marcha as medidas necesarias para a

protección da seguridade viaria nesta situación perigosa)








domingo, 25 de noviembre de 2018

lunes, 19 de noviembre de 2018

La imagen puede contener: texto
CAMBRE

ACdeC exige al Gobierno local que impulse el plan municipal de vivienda social

La iniciativa se aprobó en pleno con la abstención del Ejecutivo municipal

17.11.2018 | 01:12
Asemblea Cidadá de Cambre-Son (ACdeC) exige al Gobierno local que cumpla el compromiso adquirido en pleno de impulsar un plan municipal de viviendas sociales. La agrupación recuerda que la iniciativa se aprobó en pleno, recuerda, con la abstención del Ejecutivo municipal, al que acusa de mostrar "desinterés en implementar medidas reales y efectivas para dotar a Cambre de un parque de viviendas para alquiler social".
La formación critica que el Gobierno local prometa viviendas sociales a través de planes urbanísticos que "están aún en licitación" y con "una inoperancia absoluta en la tramitación del Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), lo que considera "más propio de una estrategia electoral que de una realidad demostrable". Le reprocha no "no haber llevado a cabo ningún tipo de política orientada a la vivienda social durante los tres años y medio de mandato". Recuerda que su grupo impulsó iniciativas para su debate a nivel estatal y autonómico.
Outra vez os FEITOS nos dan a razón, a pesar de que o Goberno nola pretenda quitar unha e outra vez con falsos argumentos e mentiras.
¿Cómo se pode PROMETER vivenda social poñendo como referencia un PXOM que NON ESTÁ NIN REDACTADO?

¿Cómo se permite esta desfachatez nun Concello de Cambre que é o que ten o "maior incremento en demandantes de vivendas de protección? (de 100 a 186).
Absoluta irresponsabilidade do Goberno de Unión X CambrePSOE CambreBNG CAMBRE e Ciudadanos e absoluta falla de interés en calqueira tipo de política que teña un carácter "Social".



La imagen puede contener: texto

La imagen puede contener: texto