INICIATIVAS PLENO NOVEMBRO
SR. ALCALDE DO CONCELLO DE
CAMBRE
Adxunto
ó presente
escrito, acompaño Rogos e Preguntas que o Grupo Municipal da Asemblea
Cidadá de Cambre, desexa que sexan incluídas para o seu debate no Pleno Municipal correspondente ó
día 29 de Novembro de 2018, de
conformidade co disposto no Artigo 97.2 do Regulamento Orgánico, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, e no propio Regulamento
Organico Municipal do Concello de Cambre.
Cambre
a 26 de Novembro de 2018
MOCIÓN CON MOTIVO DO 25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA.
EXPOSICION DE MOTIVOS:
Calquera sociedade democrática debe protexer á súa cidadanía e impulsar valores de respecto, igualdade e convivencia, e vemos como as institucións do Estado Español fallamos ás nosas mulleres, que son asasinadas, violadas, explotadas sexualmente, discriminadas e invisibilizadas.
Temos a obriga de responder coa mesma dignidade e forza que as mulleres que saen á rúa cada 25 de novembro gritando ¡Nin unha Menos!
Debemos levar as súas esixencias ás políticas locais, sen fisuras, desde unha perspectiva integral e unha estratexia global, xa que as violencias atópanse en tódolos ámbitos da vida. Son necesarias medidas reais e urxentes contra a Violencia Machista, con orzamento, dotación económica, material e recursos humanos, que sexan revisables e evaluables, que incorporen todos os tipos de violencia contra as mulleres (física, psicolóxica, económica, sexual, reproductiva...) e en calquera que sexa o seu ámbito de manifestación (familiar, parella/relación, laboral, social, institucional) nas que deben traballarse e envorcarse específicamente actuacións dirixidas a situacións de especial vulnerabilidade.
O ámbito municipal, máis próximo á cidadanía, é o marco idóneo para incidir de xeito decisivo na vida as mulleres e dar unha mensaxe clara e contundente contra a violencia machista, por iso a dotación do Pacto de Estado parécenos insuficiente para levar a cabo unha verdadeira loita contra a violencia machista e hai que buscar os medios de loitar e atender con dignidade e eficiencia a violencia machista.
Por todo iso, o Pleno do Concello de Cambre comprométese a:
PRIMEIRO: Dar conta ao Pleno do Concello de Cambre da implantación, seguimiento e estatísticas das medidas acordadas o ano 2017 en relación á violencia machista e comprometidas na Moción aprobada en pleno ordinario do mes de Novembro, así como no Plan de Igualdade en vigor.
SEGUNDO: Realizar unha Declaración de Concello Libre de Violencia Machista. Dita declaración non pode quedarse nunha manifestación formal, debe ter novamente unha dimensión real e cuantificable que se concrete en propostas adecuadamente orzamentadas.
TERCEIRO: Impedir que na programación municipal de actividades sociais, culturais, lúdicas, deportivas, festivas e de toda índole haxa contidos sexistas que atenten contra a dignidade das mulleres, erradicando a hipersexualización e cosificación das mulleres nos espazos públicos.
CUARTO: Implantar un PROTOCOLO DE ACTUACIÓN CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA no seo do Concello.
QUINTO: Dotar de recursos económicos aos clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas, seccións deportivas e agrupaciones deportivas escolares que non discriminen por razón de sexo nos seus premios ou recoñecementos que se outorguen a persoas deportistas.
SEXTO: Desenrolar políticas encamiñadas á abolición da prostitución,como forma extrema de violencia machista. Executando políticas activas para erradicar todas as formas que teña relación coa explotación sexual; con especial atención ás ordenanzas de publicidade e todas aquelas que de forma directa ou indirecta permitan ou faciliten o desenvolvemento de actividades encamiñadas a devandita explotación.
SÉTIMO: Rexeitar calquera ordenanza municipal que estea inspirada en posturas prohibicionistas, e que por conseguinte penalicen ás mulleres en situación de prostitución.
OITAVO: Rexeitar calquera proposta dirixida á legalización dos ventres de alugueiro e colaborar activamente en calquera proposta dirixida á erradicación deste novo xeito de explotar os corpos de mulleres pobres así como á compraventa de crianzas.
NOVENO: A eliminar a publicidade discriminatoria ou denigrante das mulleres, ben desde os soportes, publicacións ou transportes públicos (marquesinas, autobuses taxis, guías, ou información turística) ben non contratando con medios privados que a manteñan ou potencien.
DECIMO: Que as presentes medidas e propostas sexan asumidas desde a dotación suficiente para ser levadas a cabo.
ROGOS
PRIMEIRO
Unha vez mais, veciñ@s da rúa Miguel González Garcés,
trasladaron ó noso Grupo que na beirarrúa
frente o parque infantil de O Carballo hay unhas tapas de rexistros que non están ben axustadas producindo ruidos molestos
cando se pisa enriba das mesmas.
PREGAMOS, realicen as xestións oportunas para correxir o problema e procedan a comunicar
Xa supera os dous anos que o noso Grupo
ten presentado esta mesma petición que hoxe procedemos a reiterar,
tendo en conta que durante tido este tempo o Goberno fixo oídos xordos.
Non cesaron as queixas de numerosas usuarios e veciños,
mais ben ó contrario, sendo cada vez maiores. Si á desatención do Goberno lle
engadimos as queixas dos veciños e que o tema de que se trata afecta
directamente á seguridade viria, dende o noso Grupo Municipal vémos na
responsabilidade de urxir e reiterar esta petición.
Falamos novamente do estado de perigosidade e
inseguridade que se produce no camiño que transcorre entre a
estrada CP.-1704 Brexo a Sta. Mª
de
Vigo CP.- 1704, presentando zonas que comportan perigo para a circulación rodada e
peonil (sobre todo na proximidade do río Brexa).
Polo exposto, PREGAMOS o Goberno procedan a correxir esta
situación de perigo, coa instalación de biondas de seguridade nos marxes da estrada.
TERCEIRO
Recentemente vimos de aprobar
varias iniciativas relacionadas coa vivenda social en Cambre así como relativas
á problemática na que se atopan inmersas varias familias do noso Concello
residentes no edificio sito na Patiña, como consecuencia da inexistencia de
vivenda social no noso Concello e a ausencia de políticas orientadas á súa
consecución por parte do actual goberno, a pesar de ter iniciativas aprobadas a
este respecto dende hai anos.
Unha
desas iniciativas recentemente aprobadas foi unha declaración
institucional suscrita e apoiada por todos os grupos. En dita declaración
chegouse a unha serie de acordos entre
os que se contemplaba unha reunión de urxencia coas administracións Estatal e
Autonómica, solicitar un informe legal ó gabinete xurídico da Deputación sobre
a situación da propiedade do inmoble, esixir a urxente renovación dos alugueres
na Patiña, solicitar que a Xunta poña a disposición das familias que o
necesiten alugueres sociais , o estudio de medidas legais contra calquera
empresa que leve a cabo políticas especulativas en Cambre e esixir á Xunta de
Galicia e Estado que poñan en marcha un mecanismo urxente de recolocación nos
casos necesarios.
Pasado
un mes, e tendo en conta que en varios destes puntos incluímos o
termo URXENTE, aínda non temos coñecemento do estado de tramitación destes
puntos, polo que invitamos ó Goberno que aproveite esta sesión plenaria para
informarnos a todas as presentes sobre o punto de xestión no que nos atopamos
en cada un dos acordos.
Na mesma
sesión aprobouse unha Moción presentada polo Grupo da ACdC con varios acordos ós
que se sumaron dous mais doutro grupo.
Dos
acordos adoptados queremos facer mención ós seguintes:
PRIMEIRO: realizar as xestións oportunas coa Xunta de Galicia para colaborar no programa de
Vivendas Baleiras.
TERCEIRO: por en Marcha a primeira fase dun Plan Municipal dirixido a vivendas de alugueiro social.
Estes compromisos foron adoptados coa Abstención do
equipo de Goberno.
Días despois foi celebrado un pleno extraordinario
relativo nun dos seus puntos a este mesmo tema. Naquel pleno o grupo propoñente
prantexou a seguinte medida:
Proposta de asunción polo Concello de Cambre das competencias
propias en materia de promoción e xestión de vivenda
de protección pública, recollida no artigo 25.2.a) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora
das bases do réxime
local, e en particular do compromiso de adherirse á maior brevidade posible ao Programa de vivendas baleiras da Xunta de
Galicia
O equipo de
Goberno no seu conxunto votou en contra deste
punto, tendo en conta que poucos días antes coa súa abstención permitiron que esta mesma petición
se aprobara, e eles se comprometeran con
todos os veciños e veciñas a levar
a cabo o cumplimento desa iniciativa.
As faltas de coherencia e o costume de prometer unha
cousa e facer a contraria é unha constante do actual equipo de goberno, pero
nesta situación, que entendemos debe ser de total respeto e seriedade
cara o que é un grave problema no noso Concello requerimos ó Goberno que comece a
comportarse dun xeito profesional e respetuoso. Non entendemos como se pode
votar unha cousa e a contraria sendo os máximos
representantes desta institución.
PREGAMOS
Sexan iniciadas as actuacións
precisas para dar cumplimento ós acordos adoptados polo conxunto desta Corporación, e
particularmente polos membros do equipo de goberno no relativo ós acordos
adoptados no pleno ordinario de outubro con respecto á moción de ACdC.
PREGUNTAS
PRIMEIRA
Ante a chegada
do outono e as consiguientes choivas,
O Grupo
municipal da "ACdC" PREGUNTA ó Goberno
Municipal si puxo, ou ten pensado poñer en marcha algún plan de limpeza das alcantarillas e
sumidoiros a través da activación dos medios necesarios e
suficientes para evitar inundacións.
SEGUNDA
A
protección do réxime das augas realízase básicamente mediante
a protección de dominio público
hidráulico para o que se
delimitan.
Na
zona do Temple, onde comenza o entubamento do regato de San Pedro, existe un
cercado que non respeta a zona de servidume legalmente establecida por Lei , impedindo
o seu paso e circulación de persoas por dita zona de servidume.
¿Ten o
Goberno coñecemento da situación, e ten actuado
respecto a mesma.?
TERCEIRA
Como
consecuencia das obras relativas á reordenación da Rúa O Balado,
un poste de madeira que sustenta liñas de suministro atòpase en estado de
posible derrumbe e alto grao de perigosidade.
Tal
e como se pode observar nas fotografías adxuntas, na súa base ten
cintas sinalizadoras polo que entendenmos que alguén observou a súa
perigosidade pero non existe sinalización algunha ni n tan siquera unhas vallas
de protección que eviten que un peón se poida achegar a él.
Tendo
claro que existe perigo de derrumbe e por non estar correctamente sinalizado
preguntamos á responsable do departamento de obras por
qué motivos un poste que se atopa a 100 metros do seu despacho non é inmediatamente
asegurado e sinalizado ata que a compañía responsabe proceda a retiralo ou
seguralo, según proceda?
(Entendemos que á recepción desta pregunta porán en marcha as medidas necesarias para a
protección da seguridade viaria nesta situación perigosa)
No hay comentarios:
Publicar un comentario